Peseta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peseta †
Peseta en castelán
500pelas.JPG
Código: ESP
Ámbito: España España
Flag of Andorra.svg Andorra
Símbolo: Ptas, ₧
Fracción: 100 céntimos
Moedas: 1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 ₧
Billetes: 1000, 2000, 5000 e 10000 ₧
Emisor: Banco de España
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 166,386 ESP
Oficial até o 28-02-2002
Billete de peseta (1951)
Billete de peseta (1953)
Moeda de peseta (1993)

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro.

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de bellón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que a termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça, nome co que se coñecían dende o século XV a algunhas moedas de prata.

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869.

A peseta abréviase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta. O 1 de marzo de 2002 a peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co redondeo correspondente ó terceiro decimal.

Moedas[editar | editar a fonte]

Billetes[editar | editar a fonte]

Penúltima serie (1982-1987)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
200pelas.JPG 200 pesetas Laranxa 120 × 65 mm Leopoldo Alas
500pelas.JPG 500 pesetas Azul 129 × 70 mm Rosalía de Castro
1000pelas.JPG 1.000 pesetas Verde 138 × 75 mm Benito Pérez Galdós
2000pelas.JPG 2.000 pesetas Vermello 147 × 80 mm Juan Ramón Jiménez
5000pelas.JPG 5.000 pesetas Marrón 156 × 85 mm Xoán Carlos I de España
10000pelas.JPG 10.000 pesetas Gris 165 × 85 mm Xoán Carlos I de España e Filipe, príncipe de Asturias



Última serie (1992)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
1000 pesetas, 12 de octubre de 1992, Hernán Cortés.jpg 1000 pesetas, 12 de octubre de 1992, Francisco Pizarro.jpg 1000 pesetas Verde 130 × 65 mm Hernán Cortés Francisco Pizarro
2000pesetas.JPG 2.000 pesetas Vermello 138 × 68 mm José Celestino Mutis
5000pesetas.JPG 5.000 pesetas Marrón 146 × 71 mm Cristovo Colón
10000pesetas.JPG 10.000 pesetas Gris 154 × 74 mm Xoán Carlos I de España Jorge Juan y Santacilia


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peseta