Touro de lida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Touro de lida.

O touro de lida, tamén denominado touro bravo, designa os animais macho dunha heteroxénea poboación bovina desenvolvida, seleccionada e criada para o seu emprego en diferentes espectáculos taurinos, como as corridas ou os encerros.

Proceden das razas autóctonas da península Ibérica, coñecidas como «tronco ibérico», que desde tempo inmemorial propiciaron as formas máis primitivas de tauromaquia.

Caracterízase por uns instintos atávicos de defensa e temperamentais, que se sintetizan na chamada "bravura", así como atributos físicos tales como uns cornos grandes cara adiante e un potente aparello locomotor.