Grande Enciclopedia Rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grande Enciclopedia Rusa en Vilnius.

A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en ruso: Большая российская энциклопедия, Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002.[1] Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.[2]

O editor xefe da enciclopedia é Yury Osipov, o presidente da Academia. O equipo de traballo conta con outros 80 membros da Academia, incluíndo os Premios Nobel Zhores Alferov e Vitali Ginzburg.[1]

O primeiro volume introdutorio, estreado no 2004, estivo dedicado a Rusia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 GRE official website, ed. (2006). "GRE in 30 volumes" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2014. 
  2. Evening Moscow, ed. (2014). "ru:Сергей Кравец: Российская энциклопедия — это и есть мы" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 2 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]