1801

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

1800 < 1801 < 1802

1801
Calendario gregoriano 1801
MDCCCI
Ab urbe condita 2554
Calendario armenio 1250
Calendario chinés 4497 – 4498
Calendario hebreo 5561 – 5562
Calendario hindú
- Vikram Samvat
- Shaka Samvat
- Kali Yuga

1856 – 1857
1723 – 1724
4902 – 4903
Calendario persa 1179 – 1180
Calendario musulmán 1216 – 1217
Calendario rúnico 2051
< Século XVIII Século XIX Século XX >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00


Acontecementos[editar | editar a fonte]

Gran Bretaña[editar | editar a fonte]

  • Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de 7 pisos, cuxo conxunto de paredes mestras, de cachotería, acompañase dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño converterase no patrón dos edificios industriais.
  • Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Xoven), aboga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destos no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición súa, o tory Henry Addington reemprazao e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá wn maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.
  • O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e a experimenta con pasaxeiros.

Exipto[editar | editar a fonte]

Alemaña[editar | editar a fonte]

  • O 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt un 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Himnos a la noche", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.

España[editar | editar a fonte]

  • O 13 de febreiro firmase na localidade española de Aranjuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da flota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse os británicos.
  • O 20 de maio case despois de que España declarase a guerra a Portugal, como represalia por negarse a cerra-los seus portos ó comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmados o tratados de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranjuez (o 13 de febreiro de 1801), España, presionada por Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caida de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60.000 homes (10.000 en Andalucía; 20.000 en Galicia e 30.000 en Extremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte un exército de 40.000 portugueses, comandado por Lafoens. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alentexo e os asedio de Elvas, onde a contienda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das polas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte a raíña María Luisa), chegase de seguido o armisticio.
  • O 6 de xuño España e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas o comercio británico. O tratado pon fin a guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo iso, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con volver de novo as relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxeto de destronar os Borbones, induce a Luciano Bonaparte e Nicolás de Azara a mediar na desputa.
  • O 29 de setembro ratifícase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con iso, España perderá a súa flota. Aínda que o tratado ratificado se asinase en Madrid, coa finalidade de ratifica-la fin da guerra das Laranxas entre España e Portugal. O acordo conlevaba, ademais, o acceso as antigas esixencias francesas, Portugal cede a Francia a Güiana Francesa , dalle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.

Vaticano[editar | editar a fonte]

  • Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios, namentras o clero francés queda sometido o estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aunque o concordato formase da noite do 15 a o 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.

Dinamarca[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • O 9 de febreiro firmase o Tratado de Lunéville entre Francia e Austria. Esta última renuncia a Bélxica, recoñece como francesa a ribeira esquerda o Rhin e, en Italia do Norte, a formación da República Cisalpina. Por outra parte, o duque de Parma reina en Florencia sobre o reino de Etruria; namentres que España restitue Luisiana a Francia.

Rusia[editar | editar a fonte]

  • Na noite do 23 o 24 de marzo o tsar Paulo I (que nacera en San Petersburgo un 1 de outubro de 1754), aparece estragulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da súa garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quen contaban co visto bo do futuro tsar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opóñense á política de hostilidade do tsar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a tsarina Catarina II, Paulo accede ao poder no 1796, pero revélase cunha ausencia total de sensatez na política. O temor que alberga o posible contaxio das ideas revolucionarias lévao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I, ten 23 anos, cando o sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolás; segundo algúns historiadores, Alexandre terminou a súa vida retirado como eremita.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Breves[editar | editar a fonte]

  • - A fragata de Estados Unidos, Chesapeake captura o navio pirata francés, La Jeune Creole.
  • - O astrónomo italiano Giuseppe Piazzi efectúa o descubrimento do primeiro asteroide: Ceres.
  • - Un forte tremor sacude a rexión chilena de La Serena.
  • - Jean Antoine Chaptal, asume o poder do ministerio francés do interior.

Historia ano a ano

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1801