Batalla de Guadalete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The battle of Guadelete.jpg

A batalla de Guadalete foi un conflito bélico que tivo lugar no ano 711 preto do río Guadalete, na provincia de Cádiz. Supuxo a fin do reino visigodo e deu comezo á invasión musulmá da península Ibérica.

Nela enfrontouse o exército visigodo, comandado polo derradeiro rei, Don Rodrigo, a un exército musulmán procedente do norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Witiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila.

O rei Don Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, e comezou a invasión árabe da Península Ibérica. Anos despois, no 722, a Batalla de Covadonga daría comezo á Reconquista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]