Alhambra
|
||
|
|
||
O Patio dos Arrayanes |
||
| Inscrición: | 1984 | |
| País: | ||
| Localización: | 37°10′37″N 3°35′24″W / 37.17694°N 3.59°W | |
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | i, iii, iv | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
A Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciego e fortaleza (alcazar ou al-Ksar) que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, no só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente. No ano 2006 recibiu uns 2.153.491 visitantes. [1] Ademais é desde o ano 2007 un dos 12 Tesouros de España.[2]
Índice |
Etimoloxía [editar]
Etimolóxicamente, Alhambra en árabe é "Al Ħamrā'" (a Vermella, اَلْحَمْرَاء, procedente do nome completo "al Qal'at al-hamra" (Fortaleza vermella).
Historia [editar]
A Alhambra é unha cidade amurallada que ocupa a maior parte do monte de La Sabika. O Granada musulmá tiña o seu propio sistema amurallado, polo tanto a Alhambra podía funcionar con autonomía respecto da cidade. Na Alhambra atopábanse todos os servizos propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mesquitas, escolas, talleres, etc.
No 1238 entra en Granada pola Puerta de Elvira, e para ocupar o Palacio del Gallo del Viento, Mohammed-Ben-Nazar (ou Nasr), chamado Al-Hamar o Roxo. Cando Ben-Al-Hamar (Mohamed-Ben-Nazar) entrou triunfador en Granada nese año de 1238, a poboación recibiuno co grito de Benvido o vencedor pola graza de Alá, el respondeu: Só Alá vence. Este é o lema do escudo do Reino de Granada e tamén aparece escrito por toda a Alhambra. Ben-Al-Hamar construíu o primeiro núcleo do palacio. O seu fillo Mohammed II, que foi amigo de Afonso X o Sabio fortificouno.
O estilo granadino na Alhambra é a culminación da arte andalusí, o que aconteceu a mediados do século XIV con Iusuf I, quen construíu a Torre de Comares e con Mohammed V quen edificou o Patio dos Leóns.
No 1492, coa conquista de Granada polos Reis Católicos, a Alhambra pasou a ser o palacio real. O conde de Tendilla. da familia de Mendoza, foi o primeiro alcaide cristián da Alhambra.
O Comité da UNESCO declarou á Alhambra e o Xeneralife de Granada como Patrimonio Cultural da Humanidade en 1984.
Inscricións [editar]
Existen unhas dez mil inscricións na Alhambra, a maioría delas poemas, sentencias, textos do Corán e xaculatorias. Todas están escritas en árabe clásico e moitas corresponden ó poetas da Corte de Iusuf I no século XIV. Os apousentos do rei nazarí no palacio de Comares, son os que teñen o maior número de textos cun total de 3.116, o que supón o 35% do total [3]. Estes textos puideron ser escritos para a ocasión ou con anterioridade. Ibn al-Zayab, Ibn al-Jatib e Ibn Zamrak son os autores da maior parte deles. Os tres escritores formaban o groso dos poetas da corte de Iusuf I.
Notas [editar]
- ↑ 20minutos.es
- ↑ 12 Tesoros de España
- ↑ Recollido no Corpus Epigráfico de la Alhambra impreso polo CSIC.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- La Alhambra.info
- Alhambra. Historia, comprar entradas e visitas guiadas.
- Patronato de la Alhambra y Generalife, páxina oficial do patronato.
- Visitas guiadas, visitar a Alhambra de Granada.
- La Alhambra y el Generalife
- Guías oficiales de la Alhambra
- Guía de Granada y de la Alhambra
- Palacio de la Alhambra. El jardín andalusí. Granada nazarí en Cervantes Virtual.
- Alhambra en Andalucía
- El arte nazarí. La Alhambra de Granada (completo artigo en castelán).
- La Alhambra de Granada en revista Alif Nûn nº 50, xuño de 2007.