Lingua portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Portugués
Português
Falado en: Oficialmente en
Angola Angola
Flag of Brazil.svg Brasil
Cabo Verde Cabo Verde
Flag of East Timor.svg Timor Leste
Guinea Ecuatorial
Guinea-Bissau
Flag of Macau.svg Macau (Flag of the People's Republic of China.svg República Popular da China)
Mozambique Mozambique
Portugal Portugal
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe
Países e territorios cunha porcentaxe significativa de falantes:
Andalucía Andalucía, España España
Flag of Argentina.svg Arxentina
Australia Australia
Flag of Bermuda.svg Bermuda
Flag of Canada.svg Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of France.svg Francia
Flag of Japan.svg Xapón
Jersey
Luxemburgo Luxemburgo
Flag of Paraguay.svg Paraguai
Suráfrica Suráfrica
Suíza Suíza
Flag of Uruguay.svg Uruguai
Véneto Véneto
Rexións: Europa Occidental, América, África, Asia, Oceanía
Total de falantes: 250 millóns (primeira lingua) aproximadamente 300 millóns (primeira e segunda lingua)
Posición: 5a
Familia: Indoeuropea
 Románica
  Románica occidental
   Galo-ibérica
    Ibero-románica
     Ibero-occidental
      Galaíco-portuguesa
       Portugués
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste
Regulado por: CPLP
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: pt
ISO 639-3: por
SIL: POR
Map-Lusophone World-en.png

O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Sudamérica, Goa na India e Macao na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo mais faladas, na sexta posición[1] en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número [Cómpre referencia] de falantes en Sudamérica (más de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macao, e co tetún en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se establecer por tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente[2] como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da lingua portuguesa.

O portugués desenvolveuse na parte occidental da Península Ibérica do latín falado, que levaron ata alí os soldados e colonos romanos desde o século III a.C.. A lingua iniciou a diferenciarse do latín despois da caída do Imperio Romano e das invasións bárbaras no século V. Comezou a ser usada en documentos escritos polo século XII, e no século XV comezou a diferenciarse claramente das falas do norte.

Chegando á Península Ibérica en 218 a.C., os romanos trouxeron con eles a lingua latina popular, o latín vulgar, da que todas as linguas románicas (tamén coñecidas como "linguas neolatinas") descenden. Xa no século II a.C. o sur da Lusitania estaba romanizado. Estrabón, xeógrafo da Grecia antiga, comenta nun dos libros da súa obra Geographia: "Eles adoptaran os costumes romanos, e xa non se lembran da propia lingua." A lingua tornouse popular coa chegada dos soldados, colonos e mercadores romanos, que construíron cidades romanas normalmente perto de antigos poboados doutras civilizacións.

Entre o 409 d.C. (unha vez o Imperio Romano entraba en colapso) e o 711, a Península Ibérica foi invadida por pobos de orixe xermánica, coñecidos polos romanos como bárbaros. Os bárbaros (principalmente os suevos e os visigodos) absorberon en grande escala a cultura e a lingua da península; contodo, desde que as escolas e a administración romana pecharon, a Europa entrou na Idade das Tebras e as comunidades ficaron illadas, o latín popular comezou a evoluír de forma diferenciada e a uniformidade da península rompeuse, levando á formación dun "romance lusitano". Desde 711, coa invasión islámica da península, o árabe tornouse a lingua de administración das áreas conquistadas. Contodo, a poboación continuou a usar as súas falas románicas de tal forma que cando os árabes foran expulsos, a influencia que exerceran na lingua foi pequena. O seu efecto principal foi no léxico.

Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Sudoeste de Europa entre as que aparece o portugués.
Poesía medieval
galego-portuguesa
Das que vejo
non desejo
outra senhor se vós non,
e desejo
tan sobejo,
mataria um leon,
senhor do meu coraçon:
fin roseta,
bela sobre toda fror,
fin roseta,
non me meta
en tal coita voss'amor!
João de Lobeira
(1270?–1330?)

Portugal tornouse independente en 1143 co rei D. Afonso Henriques. No primeiro período do "portugués arcaico" - período galego-portugués (do século XII ao século XIV), a lingua comezou a ser usada de forma mais xeneralizada, despois de ter gaño popularidade na Península Ibérica cristianizada como unha lingua de poesía. En 1290, o rei D. Dinis cria a primeira universidade portuguesa en Lisboa (o Estudo Xeral) e decretou que o portugués, até entón apenas coñecido como "lingua vulgar", pasase a ser coñecido como Lingua Portuguesa e oficialmente usado.

No segundo período do portugués arcaico, entre os séculos XIV e XVI, coas descubertas portuguesas, a lingua portuguesa espallouse por moitas rexións da Asia, de África e das Américas. Hoxe en día, a maioría dos falantes do portugués encóntranse no Brasil, na América do Sur. No século XVI tórnase a lingua franca da Asia e África, usado non só pola administración colonial e polos mercadores, mas tamén para comunicación entre os responsábeis locais e europeos de todas as nacionalidades. A irradiación da lingua foi axudada por casamentos mixtos entre portugueses e as poboacións locais e a súa asociación cos esforzos misionarios católicos levou a que fose chamada cristián en moitos sitios da Asia. O dicionario Xaponés-Portugués de 1603 foi un produto da actividade misionaria Xesuíta no Xapón. A lingua continuou tendo popularidade no suroeste asiático ata o século XIX.

Algunhas comunidades cristiás falantes de portugués na India, Sri Lanka, Malaisia e Indonesia preservaron a súa lingua mesmo despois de separarse de Portugal. A lingua modificouse bastante nestas comunidades e evoluíu ata converterse en distintos crioulos de base portuguesa, algúns dos cales aínda teñen vitalidade. Tamén existe un número bastante considerábel de palabras de orixe portuguesa no tetun. Palabras de orixe portuguesa entraron no léxico de varias outras linguas, como o xaponés, o suahili, o indonesio e o malaio.

O fin do "portugués arcaico" é marcado pola publicación do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende en 1516. O período do "portugués moderno" (do século XVI ata o presente) tivo un aumento do número de palabras orixinarias do latin e do grego clásicos, emprestadas ao portugués durante o Renacemento, aumentando a complexidade da lingua.

Clasificación e linguas relacionadas[editar | editar a fonte]

Indoeuropeo - Itálico - Románico - Italo-Occidental - Galo-Ibérico - Ibero-Romance - Ibero-Occidental - Galaico-portugués

A lingua portuguesa é ortograficamente parecida en moitos aspectos coa lingua castelá, mas é diferente na fonoloxía. Un falante dunha das linguas requer algunha práctica para entender capazmente un falante da outra. É unha lingua moi próxima ao galego, e hai quen considera que galego e portugués son o mesmo idioma. Realmente, morfoloxía e sintaxe de galego e portugués son moi semellantes, e onde hai as diferenzas máis notábeis é na fonética e no vocabulario. Compare por exemplo:

Ela fecha sempre a janela antes de jantar. (portugués)
Ela pecha sempre a xanela antes de cear. (galego)
Ella cierra siempre la ventana antes de cenar. (castelán)

Case todas as palabras en castelán e portugués están relacionadas, caso sexa culto o suficiente, poderá usar palabras menos comúns:

Ela encerra sempre a janela antes de cear. (portugués pouco comum)

Nalgúns lugares, o portugués e o castelán són falados en conxunto. Os falantes de portugués len e entenden castelán con algunha facilidade, encanto que españois són capaces de ler portugués, mais moitas veces incapaces de percibir a lingua falada (excepto a maioría dos galegos). Isto leva a que algúns estranxeiros en Portugal e no Brasil tenten comunicarse en castelán, o que fai que as poboacións locais se sintan ofendidas. O portugués está, naturalmente, relacionado co catalán, o italiano e todas as outras linguas latinas. Os falantes doutras linguas latinas é posíbel que achen peculiar a conxugación do infinitivo (o infinitivo conxugado).

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía da lingua portuguesa.
A lingua portuguesa.

O portugués é primeira lingua en Angola, Brasil, Portugal, San Tomé e Príncipe e é a lingua máis usada en Mozambique.

A lingua portuguesa é tamén unha das linguas oficiais de Timor-Leste (co tetun) e Macau (co chinés). É bastante falado, mais non oficial, en Andorra, Luxemburgo, Namibia e Paraguai. Crioulos portugueses son a lingua materna da poboación de Cabo Verde e de parte substancial dos guineenses e santomenses.

O portugués é falado por aproximadamente 200 millóns de persoas en América do Sur, 30 millóns de africanos, 15 millóns de europeos, 5 millóns en América do Norte e 0,33 millóns en Asia.

A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional que consta dos oito países independentes que teñen o portugués como lingua oficial. O portugués é tamén unha lingua oficial da Unión Europea, Mercosul e unha das linguas de traballo e oficiais da Unión Africana. A lingua portuguesa ten gañado popularidade como lingua de estudo en África, América do Sur e Asia.

Patróns[editar | editar a fonte]

O portugués ten dúas variedades escritas (patróns ou estándares) recoñecidas internacionalmente:

  • Portugués europeo e africano
  • Portugués do Brasil

As diferenzas entre as variedades do portugués da Europa e do Brasil son no vocabulario, pronuncia e sintaxe, especialmente nas variedades vernáculas, encanto nos textos formais estas diferenzas diminúen bastante. As diferenzas non son maiores que as existentes entre o inglés dos Estados Unidos e do Reino Unido. Ambas as variedades son, sen dúbida, dialectos da mesma lingua e os falantes de ambas as variedades poden entenderse sen grandes dificultades.

O que a versión brasileira do portugués ten de notorio non é o seu léxico ou pronuncia distintos (considerados naturais ata nun mesmo país) mas antes a forma escrita. O Brasil eliminou a maioría dos primeiros "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" cando "pc", "pç" ou "pt" porque non son pronunciados na forma culta da lingua, un remanescente do pasado latino desta (algúns continúan a existir no portugués do Brasil, e máis ainda no Europeu).

Esta duplicidade, sendo a única entre as linguas do mundo occidental falada por mais de 100 millóns de persoas con dúas ortografías oficiais, está finalizando ao entrar en vigor o Acordo Ortográfico de 1990 (véxase Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa), existindo na actualidade xa dicionarios de prestixio que seguen o acordo.

Europa e África Brasil
amnistia, indemnização anistia, indenização
comummente, connosco comumente, conosco
excepção exceção
facto fato

Tamén existen diferenzas en acentos, debido a:

  1. Pronuncia diferente. O Brasil en palabras como "Antônio" ou "anônimo" usa vogais fechadas, onde en Portugal e África usan abertas, "António" ou "anónimo", respectivamente.


A reforma ortográfica de 1990 e o Segundo Protocolo Modificativo de 2004[editar | editar a fonte]

No 1990 tentouse unha Reforma Ortográfica para crear un patrón de portugués internacional, no que participaron daquela tódolos países de lingua oficial portuguesa, incluíndo ademais adhesión unha delegación (non oficial) de observadores de Galiza. O acordo foi ratificado por Portugal (1991), Brasil (1995), Cabo Verde (2006) e San Tomé e Príncipe (2006); Timor-Leste, non sendo un subscritor do acordo orixinal, ratificouno no 2004. Os países africanos de lingua portuguesa aínda non decidiran, posibelmente debido a problemas na implementación. O acordo estabelecía que a súa entrada en práctica só ocorrería cando todos os países da CPLP o ratificaren, e este proceso podía ser longo.

Como exemplo de troco ortográfico, o acordo elimina a maioría dos "c" cando "cc", "cç" ou "ct"; e "p" (cando "pc", "pç" ou "pt") do portugués europeo, o trema e acentos en palabras terminadas en "eia" no Brasil, ademais dalgunhas pequenas regras novas.

Fíxose tamén outro acordo para as novas palabras que entrarán na lingua.

En xullo de 2004 foi aprobado, en San Tomé e Príncipe, o Segundo Protocolo Modificativo, durante a Cúpula dos xefes de Estado e de goberno da CPLP. O Segundo Protocolo permitiu que o Acordo entrase en vigor coa ratificación de apenas tres países, sen a necessidade de agardar que todos os demais membros da CPLP adoptasen o mesmo procedemento. Así, tendo en vista que o Segundo Protocolo Modificativo foi ratificado polo Brasil (2004), Cabo Verde (2005) e S. Tomé e Príncipe (Nov. 2006), o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa está en vigor, na orde xurídica internacional e nos ordenamentos xurídicos dos tres Estados indicados enriba, desde 1º de Xaneiro de 2007. En xullo de 2008 tamén Portugal aprobou o protocolo modificativo.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dialectos do portugués.

A lingua portuguesa posúe grande variedade de dialectos, moitos deles cunha acentuada diferenza lexical en relación ao portugués padrón - o que acontece especialmente no Brasil. Tales diferenzas, entre tanto, non prexudican moito a intelixibilidade entre os locutores de diferentes dialectos.

O portugués europeo padrón (tamén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo así, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgún dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal presentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen semellanzas co galego.

Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeo e o brasileiro. Note que, na lingua portuguesa há dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coimbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito mais escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, con todo, é mutuamente intelixible.

Maiores dialectos portugueses[editar | editar a fonte]

Dialectos de Portugal.

Portugal

  1. Azoriano (ouvir) - Azores
  2. Alentexano (ouvir) - Alentexo
  3. Algarvío (ouvir) - Algarve (hai un pequeno dialecto na parte occidental)
  4. Alto-Miñoto (ouvir) - Norte de Braga (interior)
  5. Baixo-Beirán; Alto-Alentexano (ouvir) - Centro de Portugal (interior)
  6. Beirán (ouvir) - Centro de Portugal
  7. Estremeño (ouvir) - Rexións de Coimbra e Lisboa (pode ser subdividido em lisboeta e coimbrán)
  8. Madeirense (ouvir) - Madeira
  9. Norteño (ouvir) - Rexións de Braga e Porto
  10. Transmontano (ouvir) Trás-os-Montes

Gramática[editar | editar a fonte]

Os verbos son divididos en tres conxugacións, que poden ser identificadas a través da terminación dos infinitivos, un de "-ar", "-er", "-ir" (e "-or", que está presente num único verbo, "pôr", xuntamente cos seus compostos. Este verbo pertence, aínda, á conxugación "-er", cando no pasado era falado "poner", que pasou a "poer" e finalmente "pôr"). Moitos verbos terminan en "ar", tales como "cantar". Dunha forma xeral, os verbos coa mesma terminación seguen o mesmo padrón; porén, son abundantes os verbos irregulares e mesmo anómalos, caso de ir, vir, ter, ser e pôr.

Na lingua portuguesa, os verbos son divididos en modos:

  • Indicativo. Usado para exprimir feitos
  • Conxuntivo. Usado para exprimir suposicións
  • Imperativo. Usado para exprimir instrucións

Tódolos substantivos portugueses teñen un dos dous xéneros: masculino ou inclusivo e feminino ou exclusivo. Moitos adxectivos e pronomes, e todos os artigos, indican o xénero dos substantivos a que eles se refiren. O xénero feminino en adxectivos é formado de modo diferente dos substantivos. Moitos adxectivos que terminan nunha consoante permanecen inalterados: "homem superior", "mulher superior". Isto é un feito tamén para adxectivos que terminan en "e": "homem forte", "mulher forte". Fora iso, o substantivo e o adxectivo deben sempre estar en concordancia: "homem alto", "mulher alta".

O grao dos substantivos é, dunha forma xenérica, representado polos sufixos "-ão, -ona" para o aumentativo e "-inho, -inha" para o diminutivo, aínda que existen numerosas variacións para representar eses graos.

Os adxectivos poden ter grao comparativo ou superlativo. O grao comparativo é representado polos adverbios "mais...que", "menos...que" e "tão...quanto" (ou "como"), e o grao superlativo é representado polas locucións "o mais" ou o "menos". Para representar o superlativo absoluto, pódese aínda utilizar os sufixos "-íssimo, -íssima" (alguns adxectivos, no e ntanto, fan o superlativo absoluto coa terminación "-érrimo, -érrima", ou "-ílimo", "-ílima").

Os substantivos veñen xeralmente acompañados du numeral, pronome ou artigo, formando variacións de acordo coas funcións sintácticas, a saber:

  • Nominativo (suxeito ou obxecto directo): a, o, este, esta, isto, esse, essa, isso, aquele, aquela, aquilo;
  • Xenitivo (adxunto adnominal de pose): da, do, deste, desta, disto, desse, dessa, disso, daquele, daquela, daquilo;
  • Locativo (adxunto adverbial de lugar): na, no, neste, nesta, nisto, nesse, nessa, nisso, naquele, naquela, naquilo;
  • Dativo (obxecto indirecto): à, ao, àquele, àquela, àquilo (a preposición non se funde cos demais demonstrativos).

Os adverbios poden ser formados pelo feminino dos adxectivos, co acréscimo do sufixo "-mente".

Vocabulario[editar | editar a fonte]

O Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, por Antônio Houaiss (19151999), fillo de imigrantes libaneses e antigo ministro da cultura do Brasil, foi criado co apoio de case dúas centenas de lexicografos de vários países e é o dicionário de portugués mais completo (cerca de 228 500 entradas, 376 500 acepcións, 415 500 sinónimos, 26 400 antónimos e 57 000 palavras arcaicas). Inclui moitas variacións da lingua portuguesa: africanismos, asiacismos e brasileirismos para alén do vocabulario usado en Portugal. Dedicando a súa vida á lingua, Houaiss comezou o seu traballo en 1986, e morreu un ano antes do dicionario ser acabado polos seus colegas no ano 2000, sen ver o seu soño tornarse realidade. O dicionario está rapidamente a tornarse unha referencia na lingua, alguns clasifícanno como un "monumento á lingua".

O Portugués, quer en morfoloxía e sintaxe, representa unha transformación orgánica do latín sen intervención de calquera lingua estranxeira. Os sons, formas gramaticais e tipos sintácticos, con pequenas excepcións, son derivados do latín, e cerca de 90% do vocabulario aínda deriva da lingua de Roma. Algunhas mudanzas tomaron corpo durante o Imperio Romano, outras tiveron lugar mais tarde. Na Idade Medía Alta, o Portugués estaba a erodir tanto como o francés, mais unha política conservadora reaproximou a lingua ao latin.

Fonética[editar | editar a fonte]

As consoantes do Portugués
Bilabial Labio-
dental
Dental Alveolar Post-
alveolar
Palatal Velar Uvular
Plosivas p b t d} k g
Nasais m n ɲ
Fricativas f v s z ʃ ʒ ʁ
Laterais l ʎ
Tepes ɾ

O repertorio consonántico do portugués é bastante conservador e evoluiu pouco desde a Idade Media, as africadas /ts/, /dz/, /tʃ/, /dʒ/ confluiron nas fricativas /s/, /z/, /ʃ/, /ʒ/, mais non entre elas, E non houbo mais cambios significativos. Porén, houbo moitas evolución dialectais:

  • En rexións do Brasil, /t/ e /d/ teñen alófonos africados [tʃ] e [dʒ], respectivamente, antes de /i/.
  • Cando final de sílaba, o /l/ ten o alófono velar [ɫ] no portugués europeo, no Brasil [w] en seu lugar.
  • En partes de Brasil e Angola, /ɲ/ é pronunciado como [j̃] nasalizando a vogal anterior, co que /'niɲu/ é pronunciado ['nĩj̃u].
  • Hai moita variación na articulación do fonema /ʁ/.
  • Na maioría do Brasil, as sibilantes /s/ e /z/ ocorren de xeito complementario en posición final de sílaba, dependendo de se son seguidas por consoante xorda ou sonora. Mais en Portugal normalmente a distribución é, /ʃ/ antes de xorda, e /ʒ/ antes de sonora.

Oficialidade[editar | editar a fonte]

Mapa dos países co portugués como lingua oficial.
País Área Poboación Porcentaxe de poboación Continente
10.740.678 258.456.615 99%
Angola Angola 1.246.700 20.609.300 6,59% África
Flag of Brazil.svg Brasil 8.510.767 201.032.714 78,58% América (do Sur)
Cabo Verde Cabo Verde 4.033 420.979 0,17% África
Guinea Ecuatorial Guinea Ecuatorial 28.051 616.459 0,01% África
Guinea Bisau Guinea-Bisau 36.544 1.586.000 0,66% África
Flag of Macau.svg Macau 28,63 538.000 0,04% Asia
Mozambique Mozambique 801.590 22.061.451 8,85% África
Portugal Portugal 92.201 10.848.692 4,85% Europa
San Tomé e Principe San Tomé e Príncipe 1.001 157.000 0,06% África
Flag of East Timor.svg Timor Leste 14.874 947.000 0,39% Asia/Oceanía


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estatísticas da Unesco (Organización das Nacións Unidas para a Educación, Ciencia e Cultura), que revela a existencia de 6,7 mil linguas vivas no mundo. Segundo a institución, o portugués está atrás do mandarín, hindí, español e inglés.
  2. Estatuto de Galiza

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua portuguesa
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua portuguesa.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cook, Manuela. Uma Teoria de Interpretação das Formas de Tratamento na Língua Portuguesa, Hispania, vol 80, nr 3, AATSP, 1997
  • Cook, Manuela. On the Portuguese Forms of Address: From "Vossa Mercê" to "Você", Portuguese Studies Review 3.2, Durham: University of New Hampshire, 1995
  • Lindley Cintra, Luís F. Nova Proposta de Classificação dos Dialectos Galego-Portugueses (PDF) Boletim de Filologia, Lisboa, Centro de Estudos Filológicos, 1971.

Phonology, orthography and grammar[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Dicionarios on-line[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea