Exército do Aire de España
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Exército do Aire na rúa Princesa de Madrid.
Escarapela do Exército do Aire de España.
O Exército do Aire é unha das tres ramas en que se dividen as Forzas Armadas de España. Conxuntamente coa Armada e o Exército de Terra, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.
Índice |
Organización e estrutura [editar]
Organización territorial [editar]
A organización territorial do Exército do Aire é a seguinte:
- I rexión aérea. Zonas central e noroeste da Península Ibérica, con Capitanía Xeral en Madrid.
- II rexión aérea. Zona sur, con Capitanía Xeral en Sevilla.
- III rexión aérea. Zona nordeste e Baleares, con Capitanía Xeral en Zaragoza.
- Zona Aérea de Canarias, con sede nas Palmas.
Mandos aéreos [editar]
Cada rexión aérea é sede dun dos mandos aéreos. O xefe de cada mando é tamén capitán xeral da rexión aérea correspondente.
- O Mando Aéreo de Combate (Macom), en Madrid.
- O Mando Aéreo Táctico (Matac), en Sevilla.
- O Mando Aéreo de Transporte (Matra), en Zaragoza.
- O Mando Aéreo de Canarias (Macan), nas Palmas.
Empregos [editar]
Oficiais [editar]
| Código OTAN | OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF-6 | OF-5 | OF-4 | OF-3 | OF-2 | OF-1 | OF-D- | Alumno | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Alférez Alumno | Cabaleiro/Dama Cadete | ||||||||||||
| Capitán Xeral1 | Xeneral do Aire | Tenente Xeral | Xeneral de División | Xeneral de Brigada | Coronel | Tenente Coronel | Comandante | Capitán | Tenente | Alférez | |||
| * 1 Emprego militar da S.M. o Rei. | |||||||||||||
| Código OTAN | OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF-6 | OF-5 | OF-4 | OF-3 | OF-2 | OF-1 | OF-D- | Alumno | |
Suboficiais e tropa [editar]
| Código OTAN | OR-9 | OR-8 | OR-7 | OR-6 | OR-5 | OR-4 | OR-3 | OR-2 | OR-1 | ||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Suboficial maior | Subtenente | Brigada | Sarxento Primeiro | Sarxento | Cabo Maior | Cabo Primeiro | Cabo | Soldado de primeira | Soldado | ||||||||||||||||||||||||