Menorca
| Menorca | |
|---|---|
Localización nas Illas Baleares |
|
| Situación | |
| País | |
| Comunidade autónoma | |
| Arquipélago | Illas Baleares |
| Mar | Mediterráneo |
| Coordenadas | 39°29′N 4°03′E / 39.48°N 4.05°E |
| Xeografía | |
| Superficie | 701,80 km² |
| Punto máis alto | 358 m (Monte Toro) |
| Demografía | |
| Capital | Maó |
| Poboación | 92.434 hab. (INE 2009) |
| Xentilicio | Menorquino, -na |
| Lingua propia | Catalán |
Menorca é a illa máis setentrional das Illas Baleares. Ten unha extensión de 701 km², situada no medio do Mediterráneo occidental, equidistante de África, a península itálica e a Península Ibérica.
Conta con 82.872 habitantes distribuídos nos oito concellos da illa. A capital é Maó. O seu nome provén de Minorica, que se debe a que é máis pequena que a illa de Mallorca.
Índice |
[editar] Historia
A unha primeira etapa de civilización primitiva, seguiu outra moi brillante durante a Idade do Bronce, coñecida como talaiótica, caracterizada por construcións ciclópeas similares ás de Mallorca, Sardeña ou Malta, aínda que con características orixinais.
Visitado por fenicios, gregos e cartaxineses (estes últimos fundaron, no século -VII os enclaves de Jamma, actual Cidadela, e Maghen, actual Maó. A cultura talaiótica perduraría en Menorca máis aló de que Quinto Cecilio Metelo (que recibiría máis tarde o sobrenome de Balearicus), conquistada a illa para a república romana no ano -123 (xunto co resto das Baleares).
No ano 427 a illa viviu a conquista dos vándalos. É de supor que Menorca converteuse en territorio bizantino á caída do reino vándalo, conquistado por Belisario. En calquera caso, seguen séculos de escuridade e illamento, nos que a illa foi atacada por normandos e árabes.
Os árabes non se asentaron definitivamente en Menorca ata o ano 903, en que foi conquistada e unida ao Califato de Córdoba. A pesar da tardía conquista, a islamización da illa foi intensa. En 1232, tres anos logo da conquista de Mallorca por Xaime I o Conquistador, a Menorca musulmá fíxose tributaria da Coroa de Aragón, permanecendo cunha importante autonomía medio século máis.
A illa foi conquistada por Afonso III de Aragón o 17 de xaneiro de 1287 (esta é a razón de que o 17 de xaneiro sexa o día de Menorca), o cal procedeu á deportación e venda como escravos da poboación musulmá que residía na illa e a súa repoboación con colonos cataláns. O seu sucesor Xaime II o Xusto cédella a Xaime II de Mallorca tras o tratado de Anagni (1295), pasando a formar parte do Reino de Mallorca. En 1343, Pedro o Cerimonioso arrebata Menorca ao rei de Mallorca, Xaime III (paso previo á propia desaparición do reino, anexionado á Coroa de Aragón).
A Menorca aragonesa beneficiouse do esplendor marítimo e comercial do reino, pero a partir de finais do século XIV, a illa experimenta un drástico proceso de despoboamento e decadencia económica. Este proceso alcanzou cotas alarmantes nos séculos XV e XVI, debido a unha pluralidade de motivos. Fundamentalmente as loitas sociais entre o campesiñado e a aristocracia, similares e coetáneas ás Xermanías do reino de Valencia e de Mallorca ou ás da revolta catalá contra Xoán II. Tamén influíron os ataques otománs, que saquearon e destruíron Mahón (1535, polo corsario otomano Aruj, gobernador de Alxer para a Sublime Porta así como irmán do que foi o almirante otomano Jeireddín Barbarroja) e a entón capital Cidadela (1558, polo corsario otomán Piali), o que ameazou co despoboamento case absoluto da illa.
Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Mahón unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Mahón, que se converteu na capital da illa converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Cidadela, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía.
Durante a Guerra dos Sete Anos, Menorca foi tomada por Francia (1756). Con todo, o Tratado de París (1763) devolveu o control da illa a Gran Bretaña. Durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos, que tamén involucrou a Francia e a España, forzas franco-españolas derrotaron ás forzas británicas e capturaron a illa o 5 de febreiro de 1782, pero foi recobrada polos británicos en 1798, durante as guerras contra a Francia revolucionaria. Foi cedida a España final e permanentemente en virtude do Tratado de Amiens en 1802. A puxanza marítima de Mahón prolongouse durante os primeiros anos do século XIX, aínda logo de reverter a dominio español.
Durante a Guerra Civil Española, Menorca permaneceu fiel ao goberno da República, en tanto que Mallorca uníase ao bando sublevado. O Brigada republicano Pedro Marqués, tras conseguir que o xeneral Bosch rendese o mando da illa, erixiuse na máxima autoridade militar de Menorca e foi o responsable das matanzas realizadas durante o 2 e 3 de Agosto de 1936 na fortaleza de La Móla de Maó, nas que que se asasinou a máis dun centenar de mandos militares nacionais prisioneiros. Tamén durante o seu mandato foron asasinados outros moitos civís e clérigos afectos á causa nacional, entre eles o sacerdote Joan Huguet. Porén, non se desenvolveron combates na illa coa excepción dun bombardeo a cargo da aviación italiana e ao final da guerra (1939), a mariña británica supervisou unha transferencia pacífica de poder en Menorca e procedeu á evacuación dalgúns refuxiados políticos.
[editar] Monumentos
Existen na illa gran cantidade de monumentos megalíticos (navetas, talaiots) e taulas da época talaiótica. Atopáronse importantes xacementos arqueolóxicos nos poboados prehistóricos de Trepucó e Talatí, a naveta des Tudons, entre Cidadela e Ferrerías. Tamén existe unha basílica paleocristiá na proximidade da praia de Son Bou e os restos dunha fortaleza no monte de Santa Águeda, o último punto de resistencia dos musulmáns antes da súa conquista por Afonso III.
[editar] Pratos típicos
- Queixo de Maó
- Sobrasada
- Carnixulla
- Camot/Quixot
- Oliaigua
- Caldereta de Llagosta
- Coca bamba
- Pastissets
- Formatjada
- Flao
[editar] Municipios
Os municipios principais son Ciutadella de Menorca e Maó. A illa divídese, administrativamente, nos seguintes municipios:
- Alaior.
- Es Castell.
- Ciutadella de Menorca, antiga capital de Menorca.
- Ferreries.
- Maó, centro administrativo e actual capital de Menorca.
- Es Mercadal (En cuxo municipio se atopa a baía de Fornells).
- Es Migjorn Gran, lugar de nacemento de Joan Riudavets.
- Sant Lluís.
[editar] Linguas
En Menorca, como no resto das Illas Baleares, as dúas linguas oficiais son o catalán e o castelán. O dialecto local do catalán que se fala en Menorca coñécese como "menorquín", variante do balear ou "catalán oriental". É parecido ao mallorquino e máis semellante ao "Eivisenco", destacando como diferenzas que do mesmo xeito que en Barcelona neutralizan a ou átona en ou, ou que non se fai uso dos artigos "salgados" xo e sos, e si en cambio do "sa" e "es" (artigos a e o). Debido á conquista británica consérvanse un grande número de anglicismos tales como "grevi" (salsa, tomado de "gravy"), ou "bòtil" (botella, tomado de "bottle"), "xoc" (xiz, en inglés "chalk")
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Consello Insular de Menorca (en catalán, castelán, inglés, francés e alemán
| Concellos das Illas Baleares |
|
| Alaior | Alaró | Alcúdia | Algaida | Andratx | Ariany | Artà | Banyalbufar | Binissalem | Búger | Bunyola | Calvià | Campanet | Campos | Capdepera | es Castell | Ciutadella de Menorca | Consell | Costitx | Deià | Eivissa | Escorca | Esporles | Estellencs | Felanitx | Ferreries | Formentera | Fornalutx | Inca | Lloret de Vistalegre | Lloseta | Llubí | Llucmajor | Manacor | Mancor de la Vall | Maó | Maria de la Salut | Marratxí | es Mercadal | es Migjorn Gran | Montuïri | Muro | Palma | Petra | sa Pobla | Pollença | Porreres | Puigpunyent | ses Salines | Sant Antoni de Portmany | Sant Lluís | Sant Joan de Labritja | Sant Joan | Sant Josep de sa Talaia | Sant Llorenç des Cardassar | Santa Eugènia | Santa Eulària des Riu | Santa Margalida | Santa Maria del Camí | Santanyí | Selva | Sencelles | Sineu | Sóller | Son Servera | Valldemossa | Vilafranca de Bonany | |
| Illas de Mallorca | Menorca | Eivissa | Formentera |
