Hernán Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Hernán Cortés Monroy Pizarro Altamirano
Cortes-Hernan-LOC.jpg
Fernán Cortés nun gravado de W. Holl
Datos persoais
Conquistador, explorador e marqués
Nacemento: 1485
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg
Medellín
Defunción: 2 de decembro de 1547
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg
Castilleja de la Cuesta Reino de Sevilla
Servizo: 15041547
Alcume: "Hernán Cortés"
Fidelidade: Flag of Cross of Burgundy.svg Coroa de Castela
Título: Marqués do Vale de Oaxaca
Batallas: Conquista do Imperio Azteca

Hernán Cortés Monroy Pizarro Altamirano máis coñecido por Hernán Cortés, quen asinaba as as súas cartas como Fernán Cortés, nado en Medellín, Badaxoz (Extremadura) en 1485 e finado en Castilleja de la Cuesta, Sevilla o 2 de decembro de 1547, foi un conquistador castelán que encabezou a expedición que causou a caída do Imperio Azteca, territorio que actualmente é coñecido como México, en favor da Coroa de Castela, a comezos do século XVI. Cortés foi parte da xeración de colonizadores hispanos que iniciou a primeira fase da colonización castelá das Américas.

Índice

Traxectoria[editar]

Comezos[editar]

Nado en Medellín (Estremadura), nunha familia nobre aragonesa.[1] Foi fillo único de Martín Cortés e Catalina Pizarro Altamirano. Era parente, por parte da nai, con Francisco Pizarro, que máis tarde conquistaría o Imperio Inca (que é, hoxe, o Perú), e que non debe ser confundido con Francisco Pizarro que axudou a Cortés na loita contra os Aztecas. Como outros fidalgos, o seu pai enviouno aos catorce anos a estudar latín en Salamanca, cidade que abandonou dous anos máis tarde, movido polo seu afán de aventuras. Estes estudos preparatorios e os coñecementos prácticos da lei que granxeou na súa aprendizaxe cun escribano en Valladolid deron pé ao mito que Cortés cursó leis na Universidade de Salamanca.[2] Tras varios intentos errados, por unha banda, de embarcar para as Indias, e, por outra, de participar nas campañas de Gonzalo Fernández de Córdoba en Italia, finalmente, na primavera de 1504, partiu cara á illa de A Española, onde se instalou como plantador e funcionario colonial.

Neste punto na súa vida, Cortés foi descrito por Gómara como inquedo, altivo e malintencionado.[3] Esta é probablemente unha boa descrición dun mozo de dezaseis anos que volvera a casa para atoparse a si mesmo frustrado pola vida na súa pequena cidade de provincias.

Nese momento, as noticias dos descubrimentos interesantes de Colón no Novo Mundo estaba sacudindo o interese en España.

Cuba[editar]

En 1511 participou na expedición da conquista de Cuba dirixida polo gobernador Diego de Velázquez, de quen recibiu terras e escravos na illa. Chegou a ser nomeado alcalde de Santiago de Cuba, aínda que foi despois encarcerado polo gobernador, acusado de conspirar na súa contra. Liberado, casouse coa cuñada do propio Diego Velázquez, de nome Catalina Suárez Marcaida.

A finais de 1518 Velázquez confioulle o mando da terceira expedición, tralas de Francisco Hernández de Córdoba e Juan de Grijalva, para continuar os seus descubrimentos na costa de Iucatán. Pero Velázquez pronto desconfiou del.

Conta Bernal Díaz del Castillo, autor de Historia verdadera de la conquista de la Nueva España, que un bufón de Velázquez, chamado Cervantes o tolo, díxolle ao seu señor, ao xeito dos bufóns: «A la gala de mi amo Diego, Diego, ¿qué capitán has elegido? Que es de Medellín de Extremadura, capitán de gran. Más temo, Diego, no se te alce con la armada, que le juzgo por muy gran varón en sus cosas»..

Hernán Cortés seguía, con todo, cos preparativos da expedición, e debido a súa gran elocuencia, dotes de persuasión e suxestión, pronto logrou reclutar a máis de 600 homes para a súa causa.

Conquista do México[editar]

Artigo principal: Conquista do Imperio Azteca.
Expedición de Hernán Cortés desde Cuba hasta Tenochtitlan.

Adiantándose a que lle cesase Diego Velázquez, a armada de Cortés partiu precipitadamente do porto de Santiago de Cuba o 18 de novembro de 1518. Como ía escasa de bastimentos, tivo que aprovisionarse destes no porto de Trinidade e outros lugares.

Finalmente, o 10 de febreiro de 1519, a flota abandonou as costas de Cuba. Consistía aquela armada en 11 naves, con 518 infantes, 16 xinetas, 13 arcabuceiros, 32 ballesteiros, 110 mariñeiros e uns 200 indios e negros como auxiliares de tropa. Levaban 32 cabalos, 10 canóns de bronce e 4 falconetes. Por capitáns ían Alonso Hernández Portocarrero (ao que entregaría máis tarde a india doña Marina), Alonso Dávila, Diego de Ordás, Francisco de Montejo, Francisco de Morla, Francisco de Saucedo, Juan de Escalante, Juan Velázquez de León (parente do gobernador), Cristóbal de Olid, Gonzalo de Sandoval e Pedro de Alvarado. Moitos destes eran veteranos da guerra de Italia. Por piloto principal ía Antón de Alaminos con experiencia nas dúas expedicións anteriores de Francisco Hernández de Córdoba e Juan de Grijalva.

Primeiros contactos cos pobladores[editar]

La Malinche traduce a lingua dos mexicas a Cortés. Lenzo Tlaxcala Século XVI

Cando chegou ao México, Moctezuma, emperador dos astecas, creu que era o deus Quetzalcoatl que voltaba do exilio para vingarse.

A súa chegada coincidiu co vaticinado retorno do deus-rei Quetzalcóatl asteca, e el foi saudado polo imperador Moctezuma en Tenochtitlán, a capital asteca. As suspeitas brotaban, porén, entre os astecas, e Cortés detivo a Moctezuma como refén, forzandoo a negociar co seu pobo. Neste medio tempo, Velázquez enviou unha forza mandada por Pánfilo de Narvaéz para atopar a Cortés, mais el converteunos do seu lado en Vera Cruz, en 1520. El voltou entón para Tenochtitlán, onde irrompeu unha loita durante a súa ausencia. Moctezuma foi mortalmente ferido e o novo imperador, Cuautemoc, liderou os astecas para desaloxar os españois da cidade. Cortés retornou ao ano seguinte e o cerco final durou 93 días, coa queda da cidade o 13 de agosto de 1521. O resto do imperio foi subxugado axiña, mais unha expedición para Honduras, en 1524, fracasou. Cortés foi perdoado pola súa 'rebeldía' por Carlos I da España e recebeu como premio propriedades, mais pasou a maior parte do resto da súa vida loitando no México e na España.

Notas[editar]

  1. José-Santiago Crespo Pozo; Ricardo Sanlés Martínez, et al. (1983). Blasones y linajes de Galicia: Parte genealógica, A-F. 2a ed. Gran Enciclopedia Vasca. ISBN 9788424807832. http://books.google.cat/books?id=LJAaAAAAYAAJ&q=Y+aquel+gentil+escudo+repartido+Todo+el+en+cuatro+partes+diferentes&dq=Y+aquel+gentil+escudo+repartido+Todo+el+en+cuatro+partes+diferentes&hl=es&ei=FDf4TdWFJIqW8QPWqonkCw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&sqi=2&ved=0CC4Q6AEwAA. Consultado o 1/06/2013. 
  2. “Hernán Cortés”, International Encyclopedia of the Social Sciences, 2a ed (2008), t. 2, pp. 146-149.
  3. La Biblioteca llatí, Hernán Cortés

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]