Museo do Prado
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Museo del Prado | |
|---|---|
Museo del Prado |
|
| País | España |
| Cidade | Madrid |
| Tipo | pinacoteca |
O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7.800 que ten no seu inventario.
Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que proven das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.