Provincia de Segovia
| Capital | Segovia |
| Área | 6.796 km² |
| Poboación | 164.268 hab. (2010) |
| Densidade | 24,17 hab./km² |
| Concellos | 209 |
| Xentilicio | Segoviano/a |
A provincia de Segovia está situada en Castela e León, a capital da mesma é a cidade homónima. Conta con 155.015 habitantes. Linda con seis provincias de Castela e León (de Este a Oeste, a saber: Soria, Burgos, Valladolid, e máis Ávila); polo Sureste limita con a Comunidade de Madrid.
Os seus principais nucleos de poboación son: Segovia, Cuéllar, San Ildefonso, San Rafael, El Espinar, Sepúlveda e Ayllón. É unha provincia moi deshabitada, cunha densidade demográfica moi baixa. A súa economía na actualidade baséase nos sectores de servizos e primario (gandaría porcina).
O seu clima é continental, con longos invernos, secos e fríos, e veráns calorosos, pero curtos. Conta con importantes recursos culturais. As súas comunicacións son aceitábeles, estando en construción actualmente a liña do AVE que unirá Madrid con Valladolid a través de Segovia.
|
|||||||