20 de novembro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Out- Novembro -Dec | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.
19 de novembro < 20 de novembro < 21 de novembro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1520 - A expedición de Fernão de Magalhães remata a travesía do estreito que bautiza co seu nome.
- 1917 - Ucraína é declarada república
- 1929 - Primeira exposición do pintor español Salvador Dalí en París.
- 1945 - Comezan os Xuízos de Nuremberg contra 24 criminais de guerra nazis e 8 organizacións hitlerianas.
- 1959 - As Nacións Unidas aproban a Declaración dos Dereitos do Neno
- 1962 - Remata a Crise dos Mísiles Cubanos cando Rusia retira o seu armamento nuclear de Cuba.
- 1989 - As Nacións Unidas aproban a Convención sobre os Dereitos do Neno
- 1999 - A República Popular China lanza ó espazo a primeira nave do Programa Shenzhou.
[editar] Nacementos
- 1602 - Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro (m.1686).
- 1850 - Alfredo Vicenti, xornalista, médico e poeta galego.
- 1853 - Félix Estrada Catoyra, médico e ensaísta galego (m. 1938).
- 1889 - Edwin Hubble, astrónomo (m.1953).
[editar] Mortes
- 1910 - León Tolstoi, novelista ruso (n. 1828).
- 1936 - José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española, fusilado na cadea de Alacant polo bando republicano.
- 1936 - Buenaventura Durruti, líder anarquista español (n. 1896).
- 1963 - Luis Cernuda, poeta español da Xeración do 27 (n. 1902).
- 1975 - Francisco Franco, ditador de España (n. 1892).
[editar] Festas e celebracións
- Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno), Día da Industrialización de África
- Día da Revolución en México (1910)
- Día da Concienza Negra en Brasil.
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro