Batalla de Lepanto
| Batalla de Lepanto | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Parte de Invasión otomá en Europa | |||||||
A batalla de Lepanto por Paolo Veronese |
|||||||
|
|||||||
| Belixerantes | |||||||
|
|||||||
| Líderes | |||||||
| Forzas en combate | |||||||
| 206 galeras 11 galeazas 102 fragatas |
220–230 galeras 50–60 galeotas e fustas |
||||||
| Baixas | |||||||
| 7.600 baixas, 12 galeras | 30.000 baixas, 190 naves, 12.000 cautivos cristiáns liberados | ||||||
A batalla de Lepanto tivo lugar no golfo de Lepanto (Corinto) o 7 de outubro de 1571, e enfrontou unha frota cristiá cunha turca otomá.
Índice |
Combatentes[editar]
O bando da Santa Liga (frota cristiá), incluía tropas de España, a Santa Sé, Xénova e sobre todo a República de Venecia (con máis de 90 % das naves). Estaban baixo as ordes de Don Xoán de Austria, irmán de Filipe II, e recente vencedor da revolta das Alpuxarras.
A frota musulmá, baixo o mando de Alí Pachá, contaba entre as súas filas con miles de galeotes cristiáns que segundo ían entrando en combate rebelábanse contra os oficiais turcos.
A vitoria esmagadora da Santa Liga propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados.
Foi a derradeira batalla importante coa galera como nave de guerra.
Personaxes notables[editar]
- Álvaro de Bazán.
- Luís de Requesens.
- Juan de Cardona.
- Agostino Barbarigo.
- Marco Antonio Colonna.
- Juan Andrea Doria.
- Alejandro Farnesio.
- Don Xoán de Austria.
- Don Miguel de Cervantes (alcumado «o manco de Lepanto» porque nesta batalla perdeu un brazo).
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |