Recopa de Europa de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recopa de Europa
Fundación 1960
Rexión Europa (UEFA)
Equipos 32
Máis laureado España FC Barcelona (4 títulos)

A Recopa de Europa da UEFA (ata 1994 Copa de Europa de Campións de Copa), chamada tamén Copa de Campións de Copa ou simplemente Recopa de Europa, é unha competición de fútbol organizada pola UEFA que, durante 39 tempadas, disputaron os vencedores das competicións de Copa dos diferentes países europeos.

Foi inaugurada en 1960, sendo a ACF Fiorentina o primeiro campión da competición. A Recopa estaba considerada pola UEFA como a segunda competición entre clubs máis importante de Europa, despois da Copa de Europa e por diante da Copa da UEFA.

O formato da competición era idéntico ao da Copa de Campións de Europa orixinal: 32 equipos enfrontados en catro roldas de eliminacións directas a dobre partido, disputándose a final a partido único desde a segunda edición, en 1962. O vencedor da Recopa tiña dereito a disputar a Supercopa de Europa, fronte ao campión da Copa de Europa. Clasificábase para xogar a Recopa:

  • O campión de Copa de cada país membro da UEFA.
  • O campión vixente da Recopa, para poder defender o seu título. Se o campión lograba clasificarse para disputar a Copa de Europa, a súa praza na Recopa quedaba vacante.
  • O finalista da competición de Copa dun país, no caso de que o campión acadara o dobrete (gañando a Liga e a Copa do seu país), co cal se tiña clasificado para a Copa de Europa.
  • Nunha soa ocasión xogou un equipo non incluído nestes tres casos, o SC Heerenveen, semifinalista da competición de copa holandesa de 1998, que pasou a xogar a Recopa da tempada seguinte ao terse clasificado os dous finalistas (Ajax e PSV Eindhoven) para a Copa de Europa, non sen antes disputar unha eliminatoria co outro semifinalista.

A competición celebrou a súa última edición en 1999, debido a que a UEFA reestructurou as competicións europeas de clubs para dar máis protagonismo á Copa de Europa, que pasou a denominarse Liga de Campións, deixando de ser unha competición exclusiva dos campións de liga para dar entrada a máis clubs.

O club con máis títulos da Recopa no seu palmarés é o Futbol Club Barcelona, que a conquistou en catro ocasións: 1979, 1982, 1989 e 1997. Por outra banda, ningún campión da Recopa logrou, nos seus 39 años de historia, gañar o título dous anos consecutivos; tal foi así que en oito ocasións (1962, 1963, 1974, 1977, 1988, 1994, 1995 e 1997) o campión vixente chegou á final, só para perdela.

Historial de finais[editar | editar a fonte]

Temporada Campión Subcampión Resultado Goles Sede da Final
1960-61[1]
Detalles
Italia ACF Fiorentina Escocia Glasgow Rangers 2-0
2-1
Milan(2)
Milan, Hamrin / Scott
Escocia Glasgow
Italia Florencia
1961-62[2]
Detalles
Flag of Spain (1945 - 1977).svg Atlético de Madrid Italia ACF Fiorentina     1-1[3]
3-0
Peiró / Hamrin
Jones, Mendoça, Peiró
Escocia Glasgow
Flag of Germany.svg Stuttgart
1962-63
Detalles
Inglaterra Tottenham Hotspur FC Flag of Spain (1945 - 1977).svg Atlético de Madrid 5-1 Greaves (3), White, Dyson / Collar Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1963-64[2]
Detalles
Flag of Portugal.svg Sporting Lisboa MTK Budapest     3-3[3]
1-0
Mascarenhas, Figueiredo (2) / Sandor (2), Kuti
Mendes
Bélxica Bruselas
Bélxica Antuerpen
1964-65
Detalles
Inglaterra West Ham United Flag of Germany.svg TSV Múnic 1860 2-0 Sealey (2) Inglaterra Londres
1965-66
Detalles
Flag of Germany.svg Borussia Dortmund Inglaterra Liverpool FC     2-1[3] Hunt, Yeats / Held Escocia Glasgow
1966-67
Detalles
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic Escocia Glasgow Rangers     1-0[3] Roth Flag of Germany.svg Núremberg
1967-68
Detalles
Italia AC Milan Flag of Germany.svg Hamburgo SV 2-0 Hamrin (2) Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1968-69
Detalles
Flag of Czechoslovakia.svg Slovan Bratislava Flag of Spain (1945 - 1977).svg FC Barcelona 3-2 Cvetler, Hrivnak, Capkovic / Zaldua, Rexach Suíza Basilea
1969-70
Detalles
Inglaterra Manchester City FC Polonia Górnik Zabrze 2-1 Ypung, Lee / Oslizlo Austria Viena
1970-71[2]
Detalles
Inglaterra Chelsea FC Flag of Spain (1945 - 1977).svg Real Madrid     1-1[3]
2-1
Osgood / Zoco
Dempsey, Osgood / Fleitas
Flag of Greece (1970-1975).svg Atenas
1971-72
Detalles
Escocia Glasgow Rangers Flag of the Soviet Union.svg Dinamo Moscova 3-2 Stein, W. Johnstone (2) / Estrekov, Makavikov Flag of Spain (1945 - 1977).svg Barcelona
1972-73
Detalles
Italia AC Milan Inglaterra Leeds United 1-0 Chiarugi Flag of Greece (1970-1975).svg Salónica
1973-74
Detalles
República Democrática Alemá FC Magdeburg Italia AC Milan 2-0 Lanzi (pp), Seguin Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1974-75
Detalles
Flag of the Soviet Union.svg Dinamo Kiev Ferencváros TC 3-0 Onischenko, Blokhin (2) Suíza Basilea
1975-76
Detalles
Bélxica RSC Anderlecht Inglaterra West Ham United 4-2 Rensenbrink (2), Van der Elst (2) / Holland, Robson Bélxica Bruxelas
1976-77
Detalles
Flag of Germany.svg Hamburgo SV Bélxica RSC Anderlecht 2-0 Volkert, Magath Flag of the Netherlands.svg Ámsterdan
1977-78
Detalles
Bélxica RSC Anderlecht Austria Austria Viena 4-0 Rensenbrink (2), Van Binst (2) Francia París
1978-79
Detalles
España FC Barcelona Flag of Germany.svg Fortuna Düsseldorf     4-3[3] Sánchez, Asensi, Rexach, Krankl / T. Allofs, Seel (2) Suíza Basilea
1979-80
Detalles
España Valencia CF Inglaterra Arsenal FC     0-0[4]
(5-4)
Bélxica Bruxelas
1980-81
Detalles
Flag of the Soviet Union.svg Dinamo Tbilisi República Democrática Alemá Carl Zeiss Jena 2-1 Gutsayev, Daraselia / Hoppe Flag of Germany.svg Düsseldorf
1981-82
Detalles
España FC Barcelona Bélxica Standard de Liège 2-1 Simonsen, Quini / Vandermissen España Barcelona
1982-83
Detalles
Escocia Aberdeen FC España Real Madrid     2-1[3] Black, Hewitt / Juanito Flag of Sweden.svg Gotemburgo
1983-84
Detalles
Italia Juventus FC Flag of Portugal.svg FC Porto 2-1 Vignola, Boniek / Sousa Suíza Basilea
1984-85
Detalles
Inglaterra Everton FC Austria Rapid Viena 3-1 Gray, Steven, Sheedy / Krankl Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1985-86
Detalles
Flag of the Soviet Union.svg Dinamo Kiev España Atlético de Madrid 3-0 Zavarov, Blokhin, Yevtushenko Francia Lión
1986-87
Detalles
Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam República Democrática Alemá Lokomotiv Leipzig 1-0 Van Basten Grecia Atenas
1987-88
Detalles
Bélxica KV Mechelen Flag of the Netherlands.svg Ajax Amsterdam 1-0 Den Boer Francia Estrasburgo
1988-89
Detalles
España FC Barcelona Italia UC Sampdoria 2-0 Julio Salinas, López Rekarte Suíza Berna
1989-90
Detalles
Italia UC Sampdoria Bélxica RSC Anderlecht     2-0[3] Vialli (2) Flag of Sweden.svg Gotemburgo
1990-91
Detalles
Inglaterra Manchester United FC España FC Barcelona 2-1 Hughes (2) / Koeman Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1991-92
Detalles
Flag of Germany.svg Werder Bremen Francia AS Mónaco 2-0 Allofs, Rufer Flag of Portugal.svg Lisboa
1992-93
Detalles
Italia Parma FC Bélxica Antuerpen FC 3-1 Minotti, Melli, Cuoghi / Severeyns Inglaterra Londres
1993-94
Detalles
Inglaterra Arsenal FC Italia Parma FC 1-0 Smith Dinamarca Copenhague
1994-95
Detalles
España Real Zaragoza Inglaterra Arsenal FC     2-1[3] Esnaider, Nayim / Hartson Francia París
1995-96
Detalles
Francia París Saint-Germain FC Austria Rapid Viena 1-0 N'Gotty Bélxica Bruselas
1996-97
Detalles
España FC Barcelona Francia París Saint-Germain FC 1-0 Ronaldo Flag of the Netherlands.svg Róterdam
1997-98
Detalles
Inglaterra Chelsea FC Flag of Germany.svg VfB Stuttgart 1-0 Zola Flag of Sweden.svg Estocolmo
1998-99
Detalles
Italia SS Lazio España RCD Mallorca 2-1 Vieri, Nedvěd / Dani Inglaterra Birmingham

Títulos[editar | editar a fonte]

Por equipo[editar | editar a fonte]

Equipo País Títulos Subcampión Anos campión
FC Barcelona España España 4 2 1979, 1982, 1989 e 1997
RSC Anderlecht Bélxica Bélxica 2 2 1976 e 1978
AC Milan Italia Italia 2 1 1968 e 1973
Chelsea FC Inglaterra Inglaterra 2 0 1971 e 1998
Dinamo Kiev Ucraína Ucraína 2 0 1975 e 1986
Atlético Madrid España España 1 2 1962
Glasgow Rangers Escocia Escocia 1 2 1972
Arsenal FC Inglaterra Inglaterra 1 2 1994
AC Fiorentina Italia Italia 1 1 1961
West Ham United Inglaterra Inglaterra 1 1 1965
Hamburgo SV Alemaña Alemaña 1 1 1977
Ajax Amsterdam Países Baixos Países Baixos 1 1 1987
UC Sampdoria Italia Italia 1 1 1990
AC Parma Italia Italia 1 1 1993
Paris Saint-Germain Flag of France.svg Francia 1 1 1996
Tottenham Hotspur Inglaterra Inglaterra 1 0 1963
Sporting de Lisboa Portugal Portugal 1 0 1964
Borussia Dortmund Alemaña Alemaña 1 0 1966
Bayern de Múnic Alemaña Alemaña 1 0 1967
ŠK Slovan Bratislava Eslovaquia Eslovaquia 1 0 1969
Manchester City FC Inglaterra Inglaterra 1 0 1970
FC Magdeburg Alemaña Alemaña 1 0 1974
Valencia CF España España 1 0 1980
Dinamo Tbilisi Unión Soviética Unión Soviética 1 0 1981
Aberdeen FC Escocia Escocia 1 0 1983
Juventus FC Italia Italia 1 0 1984
Everton FC Inglaterra Inglaterra 1 0 1985
KV Malinas Bélxica Bélxica 1 0 1988
Manchester United Inglaterra Inglaterra 1 0 1991
Werder Bremen Alemaña Alemaña 1 0 1992
Real Zaragoza España España 1 0 1995
SS Lazio Italia Italia 1 0 1999
Real Madrid España España 0 2
Rapid Viena Austria Austria 0 2
MTK Hungária FC Hungría Hungría 0 1
TSV 1860 Múnic Alemaña Alemaña 0 1
Liverpool FC Inglaterra Inglaterra 0 1
Górnik Zabrze Polonia Polonia 0 1
FC Dinamo Moscova Rusia Rusia 0 1
Leeds United FC Inglaterra Inglaterra 0 1
Ferencváros TC Hungría Hungría 0 1
FK Austria Viena Austria Austria 0 1
Fortuna Düsseldorf Alemaña Alemaña 0 1
FC Carl Zeiss Jena Alemaña Alemaña 0 1
Standard de Liège Bélxica Bélxica 0 1
FC Porto Portugal Portugal 0 1
Lokomotive Leipzig Alemaña Alemaña 0 1
AS Monaco Flag of France.svg Francia 0 1
Royal Antwerp FC Bélxica Bélxica 0 1
VfB Stuttgart Alemaña Alemaña 0 1
RCD Mallorca España España 0 1

Por país[editar | editar a fonte]

País Títulos Subcampionatos
Inglaterra Inglaterra 8 5
España España 7 7
Italia Italia 7 4
Alemaña Alemaña 5 6
Bélxica Bélxica 3 4
Escocia Escocia 2 2
Ucraína Ucraína 2 0
Flag of France.svg Francia 1 2
Portugal Portugal 1 1
Países Baixos Países Baixos 1 1
Eslovaquia Eslovaquia 1 0
Xeorxia Xeorxia 1 0
Austria Austria 0 3
Hungría Hungría 0 2
Polonia Polonia 0 1
Rusia Rusia 0 1

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Equipos españois[editar | editar a fonte]

Equipo Participacións Gañador
Barcelona 13 4
Atlético de Madrid 9 1
Zaragoza 5 1
Real Madrid 4
Valencia 3 1
Athletic Club 2
Betis 2
Sevilla 1
Real Madrid Castilla 1
Real Sociedad 1
Deportivo da Coruña 1
Valladolid 1
Mallorca 1


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Final disputada a dobre partido. O resultado en negriña corresponde ao do partido disputado no estadio do equipo campión.
  2. 2,0 2,1 2,2 Final decidida nun partido de desempate.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Resultado final logo de ter xogado a prórroga.
  4. Final decidida na tanda de penaltis.