Bandeira de España
|
A actual bandeira de España aparece a raíz de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Borbón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.
Índice |
Historia [editar]
Carlos III tomou a decisión de dispoñer que se buscase unha bandeira distinta á dos demais países e que fose facilmente distinguida en pleno mar, e promoveu un concurso de deseños. No Museo Naval de Madrid poden verse os doce debuxos que foron presentados ao rei; ningún deles corresponde exactamente á bandeira española actual. O rei, modificou persoalmente un pouco un dos proxectos presentados, que foi o que se adoptou o 28 de maio de 1785 como bandeira da mariña de guerra española (Armada Española), e só da de guerra, pois a ensina dos navíos mercantes tiña que ter cinco bandas -tres amarelas e dúas vermellas- para que se distinguisen facilmente uns barcos doutros.
Mais tarde e baixo o reinado de Isabel II, o 13 de outubro de 1843 o goberno provisional de España elixiu esta bandeira como a peculiar de todo o Estado. O texto do real decreto, di textualmente:
Nesta bandeira colocouse o escudo coas armas reais, que foi modificado cando a revolución de 1868, en que apareceron os cuarteis de Castela, León, Aragón e Navarra, co de Granada entre as columnas de Hércules e baixo coroa mural. As 3 flores de lis pertencentes á familia Borbón foron suprimidas.
- Baixo o reinado de Amadeo de Savoia modificouse soamente o escudo, substituíndo as flores de lis borbónicas pola cruz branca da monarquía savoiana, e o 11 de febreiro de 1873.
- A Primeira República, por orden circular do 2 de outubro de 1873, suprime os símbolos monárquicos da bandeira (a coroa e a cruz branca da Dinastía Savoia).
- Baixo o reinado de Afonso XII (1874-1885) con data do 10 de decembro de 1878, prolongase unha Instrución sobre ensinas, bandeiras, honores e saúdos marítimos polo cal no artigo primeiro descríbese a Bandeira nacional volvendo ao mesmo estado que na época isabelina.
- O 27 de abril de 1931, o Goberno provisional da II República promulgaba un decreto (Colección Lexislativa do Exército, numero 201) en cuxo artigo 1º fálase da adopción como bandeira nacional da tricolor, descrita no artigo 2º do seguinte xeito:
«... formada por tres bandas horizontais de igual ancho, sendo vermella a superior, amarela a central e morada escura a inferior. No centro da banda amarela figurará o escudo de España, adoptándose por tal o que figura no reverso das moedas de cinco pesetas acuñadas polo Goberno provisional en 1869 e 1870", isto é: Castela, León, Aragón, Navarra sen a esmeralda, e Granada en punta, acoladas a columnas de Hércules, sen coroas, e baseadas en terra e cun único listón entrelazándoas coa lenda "Plus ultra", ao timbre coroa mural».
Ademais, detállase que a bandeira de endrizar en fortificacións, campamentos e edificios tería as dimensións de 135 de ancho por 225 de longo. A cor morado foi atribuído segundo algúns escritores, ao pendón de Castela.
- O alzamento militar de 1936 produciuse ao parecer co berro de «Viva a República!», e foi o xeneral Mola o que, presionado ao parecer polos monárquicos tradicionalistas navarros, impuxo a bandeira bicolor corenta días despois do 18 de xullo. O escudo segue sendo o da República ata o 2 de febreiro de 1938, en que aparece o aguia de san Xoán. Este escudo e esta bandeira foron os oficiais durante toda a época franquista.
- Pola Constitución española de 1978, no seu artigo IV, apartado I, proclámase que "a bandeira de España está formada por tres franxas horizontais vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas». Non fala para nada do escudo, polo que é hoxe un suxeito de polémica ao considerar anticonstitucional á bandeira de España que levou o anterior escudo.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- España en Flags of the World (en inglés)
- A bandeira de España (en castelán)
- Bandeira de España, historia (en castelán)
|
|||||