Reino de León
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.
Índice |
Orixe e problemática historiográfica [editar]
A historiografía española atribuelle un papel protagonista na denominada Reconquista e na formación dos sucesivos reinos cristiáns do occidente peninsular. Considera a súa creación no ano 910 cando Afonso III é destronado polo seu fillo maior García quen leva a corte real desde Oviedo ata o antigo campamento romano de Legio, xermolo da cidade de León, e que en definitiva lle tería dado o nome ao territorio gobernado polo reis asentados nesa cidade. A historiografía castelá primeiro, e española despois denominaron a ese territorio gobernado polos reis legionenses ou leoneses, como Reino de León. Porén, gran parte da historiografía galega actual reivindica o nome histórico que durante a Idade Media se lle deu a este chamado Reino de León, que non foi outro que Galicia, tal e como viña sendo dende finais do Imperio Romano.
Se o Reino de León nace no ano 910 para a tradicional historiografía española-castelá, gran parte da galega defende que tras esa denominación se tenta ocultar o nome de Galicia como propio do reino, como as fontes medievais corroboran, asi para esta parte da historiografía é indiscutible a pertenza da cidade de León e do seu territorio a Galicia, que tanto a cartografía medieval e os documentos dos séculos IX e X expresan nitidamente. A transformación do inicial territorio legionense nunha entidade política dierenciada do reino de Galicia houbo ser un proceso lento ao que resulta dificil asignar data inicial, sen que exista dúbida de que xa nos século XII-XIII ambos son reinos diferentes, máis unidos por unha mesma monarquía propia.
Séculos IX-X: Inicios [editar]
A cidade de León foi incorporada ao Reino de Asturias a mediados do século IX grazas a Ordoño I en 856, quen reconstrúe as murallas da cidade. León sería un punto estratéxico pola súa historia e porque era unha poboación ao sur da cordilleira cantábrica así como un centro neurálxico do territorio astur, cuxa capital atopouse nas guerras contra os romanos vinte quilómetros ao sur, na cidade de Lancia. O seu fillo, Afonso III o Magno regis Galleciae et Asturiae, segundo os Annales Regni Francorum, reincorporará o territorio leonés á coroa.
Tras a morte de Afonso III, o Reino de Asturias divídese e queda repartido entre os seus fillos:
- García I recibe León, Álava e Castela, fundando de feito o Reino de León.
- Ordoño II recibe Galiza.
- Froila II obtén Asturias.
Ao morrer García I en 914 sen descendentes, Ordoño II trasladouse a León onde foi aclamado rei, co que sería rei de León e de Galiza, e o que trasladaría definitivamente a capital da coroa desde Oviedo a León. Co que se creará un novo reino, o Reino de León, que aglutinará a Asturias, xa que Froila II permaneceu en Asturias, pero recoñecendo a primacía do reino leonés.
Coa formación do novo reino continuará a reconquista contra os musulmáns e ata a loita contra outros reinos cristiáns como o de Navarra.
- Ramiro II foi o máis importante rei de León, vence a Abderramán III en Madrid, Simancas, Talavera e en Osma.
- Bermudo III (ou Vermudo III). Rei de León do 1027 ó 1037, busca a alianza con Castela, cuxo conde García Sánchez estabelece o seu matrimonio coa irmá do rei, Dona Sancha. Ó ser asasinado o conde castelán en vésperas da voda pola familia rival (os Velas), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata con casar con Dona Sancha. Fernando I convértese así no primeiro rei de Castela. O novo reino de Castela terá problemas con León por cuestións territoriais. Bermudo III é vencido na batalla de Tamarón, co que o reino de León pasa tamén a Fernando I. Así remata a dinastía asturiana e serán reis de sangue navarro os que reinen en Castela e León.