Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA) é unha entidade bancaria española con participación en entidades financieiras de máis de trinta países.

O Banco ten a súa sede social na cidade de Bilbao (País Vasco), aínda que a maior parte dos servizos centrais da entidade atopánse en Madrid (2009), concentrados na Torre BBVA (oficinas centrais do banco); conta con preto de 109.000 empregados, así como uns 35 millóns de clientes esparecidos en máis de 30 países por todo o mundo e aproximadamente 1 millón de accionistas. O banco ven de vender no 2009, a maior parte dos seus edificios corporativos en Madrid, e nun futuro vindeiro planea mudarse a unha nova cidade financieira que se está a proxectar ao norte da capital madrileña.

Nun proceso de deslocalización no que leva inmerso o banco dende o ano 2007, a dirección decidiu levar a cabo unha política de externalización de servizos e custes, trasladando moitos dos procesos administrativos e de operacións que se estaban a facer en servizos centrais (en Madrid e Bilbao) cara á cidade andaluza de Málaga e noutras cidades situadas no continente iberoamericano, externalizando os servizos nunha empresa pertenecente ao grupo BBVA chamada OP PLUS Operacións e Servizos, aforrandose tanto custes económicos como sociais.

Índice

[editar] Historia

O BBVA foi creado en 1999 como resultado da fusión das seguintes entidades bancarias:

A súa vez cando se formalizou a fusión entre o BBV e Argentaria, fusionarónse tamén outras entidades que pertenecían ao grupo, como o Banco de Alicante, o Banco do Comercio, ou a Banca Catalana.

En febreiro do 2007 o BBVA anunciou a merca do banco estadounidense Compass Bancshares por un importe de 9.600 millóns de dólares, e o seu plan de fusionar as catro entidades bancarias para crear a maior entidade do sur do país[1]

A partir de xulio de 2007, o empresario galego Manuel Jove, anterior propietario de máis da metade de Fadesa, converteuse no principal accionista do BBVA, ao mercar un 4,9 % deste (174 millóns de accións) por 3.285 millóns de euros. Malia ter ao maior accionista de orixe galega, dito idioma é discriminado no banco, nas súas relacións ca clientela desa comunidade en España.

[editar] Patrocinios deportivos

Desde a tempada 2006/2007 o banco patrocina e da nome (Liga BBVA) á Segunda División A do fútbol español. Desde a tempada 2008/2009, o banco patrocina a primera división española, que tamén mudou o nome e pasou a chamarse Liga BBVA. O banco mantén o patrocinio da Segunda, que agora se denomina "Liga Adelante" (o eslogan do banco).

[editar] Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura

A Fundación BBVA convoca anualmente os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura, cuio propósito é recoñocer e incentivar a investigación e a creación cultural, en especial aquelas contribucións de amplo impacto pola súa orixinalidade e implicacións teóricas, así como pola súa capacidade de orixinar innovacións prácticas. A denominación destos premios quere significar tanto o traballo de investigación capaz de artellar o conocemento e amplialo, desplazando cara adiante e de maneira continua, a fronteira do conocido, como o encontro entre áreas disciplinares.

Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura teñen periodicidade anual, con oito categorías: Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas); Biomedicina; Ecoloxía e Bioloxía da Conservación; Tecnoloxías da Información e a Comunicación; Economía, Finanzas e Xestión de Empresas; Música contemporánea; Troco climático e Cooperación ao desenvolvemento.

[editar] Filiais

[editar] Notas

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas