Cadena SER
A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeneralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.
Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.
Índice |
[editar] Historia
A orixe da canle está en Radio Barcelona, que iniciou as súas emisións o 15 de outubro de 1924, recibindo o distintivo EAJ-1 como primeira emisora de radio autorizada en España (Radio España, EAJ-2). O 19 de decembro de 1925 créase Unión Radio, que inaugura Radio Madrid o 17 de xuño do mesmo ano. Sucesivamente intégranse en Unión Radio as principais emisoras que esta época se van creando, constituíndo o máis importante grupo radiofónico dos años 30 que, trala Guerra Civil, se convertería na Cadena SER.
[editar] Emisoras
O grupo SER dispoñía, a data de 19 de febreiro de 2005 de 247 emisoras en propiedade, (93 delas obtidas por absorción de Antena 3 Radio), máis outras 194 emisoras adheridas. Superan con moito as, por exemplo, 161 emisoras propias máis 38 adheridas ds COPE, as 155 propias e 41 adheridas de Onda Cero, as 68 de Kiss FM ou as 50 de Vocento.
[editar] A SER en Galicia
En Galicia, a canle conta coas seguintes emisoras:
- A Coruña: Radio Coruña (93.4 FM/1.080 OM)
- Ponteceso: Radio Bergantiños (95.4 FM)
- Santiago de Compostela: Radio Galicia (95.2 FM/873 OM)
- Vimianzo: Radio Nordés (92.2 FM)
- Chantada: Radio Faro (93.5 FM)
- Lugo: Radio Lugo e Radio Lugo 2 (95.6 FM/1.287 OM)
- Mondoñedo: Radio Mariña (99.3 FM)
- Viveiro: Radio Mariña (90.2 FM)
- Ourense: Radio Ourense (1.584 OM)
- Ribadavia: Radio Ribeiro (96.6 FM)
- Xinzo de Limia: Radio Xinzo (89.1 FM)
- Pontevedra: Radio Pontevedra (98.7 FM/1.116 OM)
- Vigo: Radio Vigo (100.6 FM/1.026 OM)
- Vilagarcía de Arousa: Radio Arousa (95.6 FM)
[editar] Audiencias
Segundo os datos do EGM, a Cadena SER é líder de audiencia entre as grandes canles españolas en practicamente todas as franxas horarias.
[editar] Profesionais
Entre os xornalistas que forman parte da canle atópanse Carles Francino, Gemma Nierga, Àngels Barceló, Montserrat Domínguez, Roberto Sánchez, Jesús Gallego, José Ramón de la Morena, Macarena Berlín, Javier Casal, José Antonio Marcos, Pedro Blanco, Alberto Granados, Iker Jiménez, Manolo Molés ou Jesús Cintora.
Polos seus micrófonos teñen pasado tamén profesionais famosos como Iñaki Gabilondo, Fernando Delgado, Mara Torres, Mamen Mendizábal, Joaquín Prat, José María García o Bobby Deglané.
[editar] Programas
A programación actual inclúe os seguintes espazos:
- Hoy por Hoy (con Carles Francino)
- Hora 14 (con José Antonio Marcos)
- La Ventana (con Gemma Nierga)
- Hora 25 (con Àngels Barceló)
- El Larguero (con José Ramón de la Morena)
- Hablar por Hablar (con Macarena Berlín)
- Si amanece nos vamos (con Roberto Sánchez)
- Notas de cine (con Antonio Martínez)
- SER Digital (con Chema Lapuente e Miguel Ángel Muñoz)
- Matinal SER (con Jesús Cintora)
- A vivir que son dos días (con Montserrat Domínguez)
- Hora 14 Fin de Semana (con Esther Bazán)
- SER Deportivos
- SER Aventureros (con José Antonio Ponseti)
- Carrusel Deportivo (con Manu Carreño e Juanma Ortega)
- Hora 25 Fin de Semana (con Esther Bazán)
- El Larguero Fin de Semana (con Yago de Vega)
- Milenio 3 (con Iker Jiménez e Carmen Porter)
- SER Historia (con Nacho Ares)
- SER Consumidor (con Jesús Soria)
- Los toros (con Manuel Molés)
- Punto de Fuga (con Pablo Morán)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||