Mariano Rajoy

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mariano Rajoy
Nome completo: Mariano Rajoy Brey
Data de nacemento: 27 de marzo de 1955
Lugar de nacemento: Santiago de Compostela, Galicia
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Partido político: Partido Popular
Cargo(s): Vicepresidente primeiro do goberno 28 de abril de 2000- 3 de setembro de 2003
Profesión: Avogado

Mariano Rajoy Brey (Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1955) é un político galego líder do Partido Popular, sucesor de José María Aznar e xefe do principal partido da oposición durante a VIII Lexislatura de España.

Licenciado en Dereito, comezou a preparar as oposicións a Rexistrador da Propiedade no seu último ano de carreira. Con 24 anos converteuse no rexistrador mais novo de España Gran Cruz da Orde de Carlos III.

[editar] A política galega (1981-1991)

Decidiu entrar en política afiliándose en 1981 a Alianza Popular (actualmente Partido Popular). Conseguiu ser deputado tralas primeiras eleccións autonómicas galegas, que se celebraron o 20 de outubro dese mesmo ano. Nas eleccións municipais do 8 de maio de 1983 foi elixido concelleiro do Concello de Pontevedra e, conseguintemente tomou posesión da Presidencia da Deputación Provincial de Pontevedra. En 1986 obtivo un escano no Congreso dos Deputados como cabeza de lista por Pontevedra. Non obstante, Rajoy volveu para ocupar durante un ano a Vicepresidencia da Xunta de Galicia (1986-1987) tras a dimisión de Xosé Luís Barreiro. Continuou o seu ascenso alcanzando a Presidencia Provincial de Pontevedra de AP, onde se mantivo ata xullo de 1991, e a Secretaría Xeral do partido en Galicia, que dirixiu durante dous anos.

[editar] A política española (1991-)

Rajoy é membro do Comité Executivo Nacional dende xaneiro de 1989, ano no que foi elexido deputado por Pontevedra e no que Alianza Popular pasou a chamarse Partido Popular. Nas eleccións do 6 de xuño de 1993 renovou o seu escano no Congreso, algo que tamén fixo o 3 de marzo de 1996 (ano no que casou con Elvira Fernández Balboa), cando o seu partido logrou derrotar ó Partido Socialista Obrero Español de Felipe González, coa candidatura de José María Aznar.

Rajoy obtivo o encargo de dirixir a campaña electoral para as xerais do 2000. O seu éxito no labor, unido á pésima situación que atravesaba o PSOE de Joaquín Almunia, levou ó Partido Popular á maioría absoluta. Aznar recompensouno entón coa Vicepresidencia Primeira.

En febreiro de 2001, deixou de ser ministro da Presidencia para suceder en Interior a Jaime Mayor Oreja. Como responsable deste ministerio, Rajoy conseguiu importantes éxitos na loita contra a organizazón terrorista ETA.

Rajoy cesou como ministro de Interior en xullo de 2002 para asumir as carteiras de Portavoz do Goberno e, de novo, ministro da Presidencia. Dende esa posición, tivo que afrontar as dúas maiores crisis do período 1996-2003: o desastre causado polo afundimento do Prestige e o apoio de Aznar a George W. Bush durante a invasión de Iraq de 2003. Porén, Rajoy saiu aparentemente ben para os seus seguidores de ambos problemas e o seu papel de "fontaneiro" da Moncloa foi decisivo para a sua designación como secretario xeral do PP e candidato á Presidencia o 30 de agosto de 2003.

As enquisas electorais augurábanlle unha vitoria doada (con ou sen maioría absoluta), pero os atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid, unidos á crecente falta de credibilidade do PP debido á manipulación da información en torno ós mesmos, fixeron que se quedase en 148 deputados, 35 menos que os conseguidos por Aznar en 2000, e amplamente superados polos 164 do seu rival e actual presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero.

[editar] Política na oposición (2004-)

Mariano Rajoy ocupa actualmente a Presidencia do Partido Popular. Dende o inicio da VIII Lexislatura de España, reclamou a Zapatero un pacto de Estado para consensuar o Modelo de Estado, pero este rexeitouno.

As súas críticas ó goberno actual teñense centrado na derrogación de planos do executivo anterior (Plan Hidrolóxico Nacional, LOCE), na política exterior, principalmente respecto á relación con Estados Unidos, na política inmigratoria e nas reformas estatutarias, especialmente a catalá, e na estratexia do goberno para a solución do terrorismo vasco.

Predecesor:
Federico Cifuentes Pérez

Presidente da deputación de Pontevedra

1983-1986
Sucesor:
Fernando García del Valle
Ferramentas persoais