Provincia da Coruña
| Capital | A Coruña |
| Área | 7.950 km² |
| Poboación | 1.126.707 |
| Densidade | 141,72 hab./km² |
| Concellos | 94 |
| Xentilicio | Coruñés, Coruñesa |
A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, ocupando a punta nordés do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.
Índice |
[editar] Xeografía
Ten unha superficie de 7.876 km².
Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, ou pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose á provincia de Pontevedra.
Por ferrocarril, son tres as liñas que chegan. RENFE ten tres liñas: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña. A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña.
Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol.
Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto a Coruña.
Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol.
[editar] Ríos
Os principais ríos da provincia son:
- Río Acheiro
- Río Anduriña
- Río Anllóns
- Río Arteixo
- Río Barcés
- Río Baxoi
- Río Belelle
- Río Bermaña
- Río Bolaños
- Río Brexa
- Río Eume
- Río Mandeo
- Río Mera
- Río Grande de Xuvia
- Río Sar
- Río Tambre
- Río Xallas.
[editar] Rías
As principais rías da provincia son:
- Ría da Coruña
- Ría de Betanzos
- Ría de Camariñas
- Ría de Cedeira
- Ría de Corme e Laxe
- Ría de Corcubión
- Ría de Ferrol
- Ría de Muros e Noia
- Ría de Ortigueira
- Ría de Pontedeume
- Ría do Barqueiro que a separa da provincia de Lugo
- Ría de Arousa que a separa da provincia de Pontevedra
[editar] Clima
A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10º C e de 20º C en verán.
[editar] Poboación
| Concellos máis poboados (2007)[1] | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posición | Concello | Poboación | |||||
| 1ª | A Coruña | 244.388 | |||||
| 2ª | Santiago de Compostela | 93.712 | |||||
| 3ª | Ferrol | 75.181 | |||||
| 4ª | Narón | 36.245 | |||||
| 5ª | Oleiros | 31.694 | |||||
| 6ª | Carballo | 30.091 | |||||
| 7ª | Arteixo | 27.713 | |||||
| 8ª | Ribeira | 27.181 | |||||
| 9ª | Culleredo | 26.707 | |||||
| 10ª | Ames | 24.553 | |||||
| 11ª | Cambre | 22.513 | |||||
Segundo o censo elaborado no 2001, na Provincia da Coruña viven 1.096.027 persoas, das que 404.517 viven nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela).
O xentilicio é Coruñés/Coruñesa
Wikcionario - Xentilicios dos Concellos da Coruña
[editar] Concellos da provincia da Coruña
[editar] Referencias
- ↑ Fonte: Censo a 01-01-2007 do Instituto Nacional de Estatística de España. [1]
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||