Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Colombia (homónimos).
República de Colombia
Bandeira de Colombia Escudo de Colombia
Bandeira Escudo
Lema: Libertad y orden
Himno nacional: ¡Oh, gloria inmarcesible!
 
South America location COL.png
 
Capital
 • Poboación
Bogotá
8.800.000 (2008) 10.000.000 (2010)
Cidade máis poboada Bogotá 10.000.000 cali4.000.000 medellin3.400.000 cartagena2.000.000
Linguas Español
Forma de goberno
Juan Manuel Santos Calderón
Angelino Garzón
Independencia
  Declaración
  Definición
de España
20 de xullo de 1810
7 de agosto de 1819
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 26º
1.141.748 km²
8,8%
6.004 km km
3.208 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 28º
45.960.517 hab
38 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 37º
US$ 202.437 millones2
US$ 10.546 (2010)
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 34º
US$ 340.771 millones2
US$ 8.653 (2008)
IDH (2006) 0.787 (80º) – medio[1]
Moeda Peso Colombiano ($) (COP)
Xentilicio colombiano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC -5
UTC -5
Dominio de Internet .co
Prefixo telefónico +57
Prefixo radiofónico HJA-HKZ, 5JA-5KZ
Matrícula avións HK e HJ
Matrícula automóbiles CO
Código ISO 170 / COL / CO
Tódolos países do mundo

A República de Colombia[2] é un país situado no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó surleste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó Oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.

Índice

[editar] Historia

Véxase artigo Historia de Colombia

[editar] Xeografía

Mapa de Colombia

Os Andes dominan a metade occidental de Colombia, e divídense en tres grandes cordilleiras: a Occidental, a Central e a Oriental. Entre as cordilleiras os ríos Magdalena e Cauca flúen cara ás chairas baixas ó longo da costa caribeña. Hai volcáns nas partes máis altas das cordilleiras, algúns deles activos de cando en vez. O ponto máis alto é o Pico Cristobal Colón na Serra Nevada de Santa Marta cunha altura de 5.775 m sobre o nivel do mar.

A parte oriental do país caracterízase polas chairas, en partes densamente arborizadas e con moitos ríos como o Putumayo, o Yapura, Meta e o Guaviare que flúen ó río Orinoco ou ó río Amazonas. Colombia tamén ten varias pequenas illas no océano Atlántico e no Pacífico.

O clima local é quente ó longo de ambas as costas e nas chairas orientais, mentres que as serras e as terras altas poden ser bastante frías. A cidade máis grande de Colombia é a súa capital Bogotá, outras cidades principais son Medellín, Cali, Cartagena, Barranquilla, Ibagué, Manizales, Pasto, Cúcuta, Bucaramanga e Santa Marta.

[editar] Rexións Xeográficas Naturais e Culturais de Colombia

Os Departamentos Colombianos están á súa vez agrupados nas siguintes rexións xeográficas naturais e culturais:

Mapa das Rexións Xeográficas Naturais

Colombia (regiones naturales).png

[editar] Goberno e Política

Colombia é un Estado Social de Dereito, unha república onde o poder executivo domina a estrutura de goberno. O presidente, elixido xunto co vicepresidente por voto popular durante catro anos, funciona tanto como xefe de estado como a testa do goberno.

O parlamento bicameral de Colombia é o Congreso que está constituído polo Senado, de 102 escanos, elixidos en circunscripción nacional, e pola Cámara de Representantes, de 166 escanos, elixidos en representación proporcional á poboación de cada departamento e do Distrito Capital, 5 deles son elixidos por sectores minoritarios (indíxenas, afrocolombianos, minorías políticas e colombianos no exterior). Os membros de ambas as cámaras son elixidos por voto popular por períodos de catro anos. O sistema xudicial colombiano experimentou reformas significativas na década dos noventa.

Vexa tamén: Lista de presidentes de Colombia

[editar] Organización político-administrativa

Colombia divídese político-administrativamente en 32 departamentos e 1 distrito capital(*) que depende administrativamente do departamento de Cundinamarca:

[editar] Partidos Politicos

Partido Liberal, Partido Conservador,Movemento Obreiro Independente e Revolucionario, Partido Socialista dos Traballadores, Fronte pola Defensa do Folklore Andino Colombiano (PDFAC),Polo Democratico Independente e Alternativo(PDI),Convergencia Cidadana,Novo Liberalismo Ardilista,Nova Forza Democratica,(FILA)Fronte de Esquerda Liberal Autentico,(FLIP) Fronte de Liberalismo Independente de Piedecuesta,Cambio Radical.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Colombia.

[editar] Demografía

A diversidade étnica en Colombia é o resultado da mestura de amerindios indíxena, colonos españois, e escravos africanos, producindo unha mestura de mestizos (o 48 %), brancos (o 30 %), mulatos (o 14 %), negros (o 4 %), e negro-amerindios (o 3 %). Hoxe, só aproximadamente o 1 % da poboación pode identificarse como totalmente amerindia sobre a base de lingua. A relixión predominante en Colombia é o catolicismo romano.

Colombia é o terceiro país máis poboado en América Latina, despois de Brasil e México. O movemento de poboación rural a áreas urbanas foi moi forte. A poboación urbana medrou do 57 % da poboación total en 1951 a aproximadamente o 74 % en 1994. Trinta cidades teñen unha poboación de 100,000 o máis habitantes. Os nove departamentos de terras baixas do leste, constituíndo aproximadamente o 54 % da área de Colombia, teñen menos do 3 % da poboación e unha densidade de menos dunha persoa por quilómetro cuadrado.

[editar] Cultura

[editar] Literatura

[editar] Deportes

[editar] Notas

  1. PNUD Human development indices 2008.
  2. Colombia é un Estado social de dereito, organizado en forma de República unitaria, descentralizada, con autonomía das súas entidades territoriais, democrática, participativa e pluralista, fundada no respeto da dignidade humana, no trabajo e a solidariedade das persoas que a integran e na prevalencia do interés xeral.”* Constitución de 1886 (español). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado o 24/05/2008. “Artigo 1.- A Nación Colombiana reconstitúese en forma de República unitaria.”

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

  • PEC - Portada oficial do goberno (En español)
  • Casa de Nariño - Sitio oficial do presidente (En español)



Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas