Rodaballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodaballo
Piggvar, Iduns kokbok.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Familia: Scophthalmidae
Xénero: Psetta
Nome científico
Psetta maxima
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O rodaballo é un peixe mariño que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas. O seu nome científico é Psetta maxima (Linné, 1758). Ós rodaballos pequenos denomínaselles rodos.

Índice

Descrición [editar]

É plano, case circular e a súa pel, sen escamas, presenta numerosos tubérculos cónicos. A súa cor, gris pardo veteado, cambia en función da cor do seu contorno. Pode chegar a alcanzar 100 cm de lonxitude máxima e pesa ata 15 kg. É un depredador diúrno e de adulto aliméntase exclusivamente de peixes pequenos.

Localización [editar]

Esta especie localízase en Noruega, Islandia, por todo o Mediterráneo, chegando ata Marrocos, e o Mar Negro. Tamén foi introducido con certo éxito nas costas de Nova Zelanda.

Dende os anos 80 prodúcese rodaballo de piscifactoría en España, máis concretamente en Galicia.

Vida libre [editar]

A súa etapa reprodutiva comeza aos 4 ou 5 anos. A posta acostuma ser na primavera, aproximándose os peixes maduros á costa para desovar en fondos de 10-40 m. Unha femia pode chegar a poñer até 500.000 ovos por kg de peso.

Cría en piscifactoría [editar]

O seu engorde faise en instalacións en terra firme, cerca das costa, aínda que recentemente estase a levar a cabo o seu cultivo en gaiolas no mar. Os rodaballos alcanzan un tamaño comercial de 2 kg nuns 32 meses.

Galicia produce unhas 5.700 toneladas anuais de rodaballo de piscifactoría, o que representa o 81,2% da produción europea e o 92% da produción española. Así mesmo, as instalacións de cría de xuvenís en Galicia (hatcheries) producen o 99,3% da produción nacional (datos referidos ó ano 2006).[1].

Nas seguintes imaxes pódense ver rodaballos de diferentes idades nas piscinas dunha piscifactoría.

Notas [editar]