Carlomagno

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlomagno
Rei dos francos e dos lombardos
Emperador de Occidente
Charlemagne empereur d'Occident, por Louis-Félix Amiel (1839). Museo da Historia de Francia.
Emperador de Occidente
25 de decembro de 800
28 de xaneiro de 814
SucesorLudovico Pío
Rei dos francos (xunto co seu fillo Carlos o Mozo entre 800 e 811)
9 de outubro de 768-28 de xaneiro de 814
PredecesorPipino III en Neustria / Carlomán I en Austrasia (768-781)
SucesorLudovico Pío

Coroación25 de decembro do 800 polo papa León III en Roma
NacementoEn data e lugar descoñecidos, probabelmente o 2 de abril de 747 [1]
en Herstal
Falecemento28 de xaneiro de 814
Aquisgrán
SepulturaCatedral de Aquisgrán
ConsorteDesiderata (769-771)
Hildegarda (771-783)
Fastrada (783-794)
Lutegarda (794-800)[1]
DescendenciaPipino o Xiboso
Carlos o Mozo
Pipino de Italia
Rotruda
Ludovico Pío
Berta
Gisela
Teodrada
Hiltruda
(entre outros)[1]
ProxenitoresPipino III
Berta de Laon

Na rede
WikiTree: Carolingian-77 Find a Grave: 6623 Editar o valor em Wikidata

Carlomagno, ou Carlos, o Grande, ou mesmo Carlos I nas listaxes reais de Francia e Alemaña, nado o 2 de abril do 747 e finado o 28 de xaneiro do ano 814, foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Carlomagno

Carlomagno foi o fillo máis vello de Pipino o Breve (714 – 24 setembro 768), primeiro rei carolinxio dos francos (rei desde o 751), e de Berta de Laon, filla de Cariberto de Laon. Moitos historiadores consideran que Carlomagno era fillo ilexítimo porque naceu antes de que seus pais contraesen un matrimonio canonicamente válido,[2][3][4] aínda que outros afirman que isto é discutible[5]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Ansegisel
 
 
 
 
 
 
 
8. Pipino de Herstal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Begga de Landen
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos Martel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Quildebrando da Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
9. Alpaida
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Guerino, conde de París
 
 
 
 
 
 
 
10. Santo Lievin, Conde de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Gunza de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
5. Rotruda de Tréveris
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22.
 
 
 
 
 
 
 
11. Guilgarda de Worms
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23.
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24.
 
 
 
 
 
 
 
12.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25.
 
 
 
 
 
 
 
6. Cariberto de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Teodorico III de Neustria
 
 
 
 
 
 
 
13. Berta de Prüm
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Santa Clotilde de Herstal
 
 
 
 
 
 
 
3. Berta de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Teodo V de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
14. Grimualdo de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Folchaid de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
7. Berta da Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Dagoberto I de Austrasia
 
 
 
 
 
 
 
15. Biltrude de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Nantilde de Austrasia
 
 
 
 
 
 
Sarcófago de Carlos Martel, avó paterno de Carlomagno.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A data e o lugar de nacemento de Carlomagno son descoñecidos. Así o explica o seu biógrafo Eginard na Vita Karoli Magni:[6]

Do seu nacemento e primeiros anos, e mesmo da súa infancia, como non hai nada declarado por escrito nin se encontra xa a ninguén que diga ter coñecemento disto, xulgo absurdo escribir.

Até mediados do século XX, considerábase que Carlomagno nacera o 2 de abril do 742, mais varias razóns levaron a reconsiderar a veracidade da data tradicional. En primeiro lugar, o ano de 742 foi calculado a partir da idade que lle era atribuída na altura da súa morte, e non a partir directamente de documentos históricos. En segundo lugar, 742 precede o casamento dos seus pais (en 744) – e non hai ningunha referencia a que Carlomagno fose fillo ilexítimo, o que, ademais, imposibilitaría que este fose designado o seu herdeiro. Nos Annales Petarienses indícase que o seu nacemento acontecería o 2 de abril de 747 – día de Pascua, nese ano. Como o nacemento dun emperador, na Pascua, provocaría, sen dúbida, comentarios dos cronistas da época – e como eses comentarios non existen en lado ningún, sospéitase que a atribución sexa unha ficción piadosa, coa única intención de honrar o emperador. Outros historiadores, ponderando as fontes históricas, suxiren que o seu nacemento ocurriría un ano máis tarde, en 748. Actualmente non é posíbel, polo tanto, indicar con precisión a data de nacemento de Carlomagno. Os mellores historiadores inclúen, certamente, o 2 de abril de 747, despois, o 15 de abril de 747 ou, talvez, o 2 de abril de 748.[1]

Canto ao lugar de nacemento, os historiadores barallan como lugares máis probábeis Aquisgrán e Herstal, preto de Liexa[7]. Ambos lugares están preto da rexión onde se orixinaron as dinastías merovinxia e carolinxia.

Nada se sabe tampouco da súa infancia. Os documentos existentes sinalan que tivo un irmán,Carlomán, e unha irmá, Gisela, que chegaron á idade adulta; tres irmáns que non pasaron da infancia: Pipino, Rotaida e Adelaida; e outras dúas irmás das que non se coñecen os nomes.[1]

Morte do irmán e conquista de Saxonia[editar | editar a fonte]

Coa morte do seu pai Pipino o Breve, o reino foi dividido entre Carlomagno e o seu irmán Carlomán (que gobernou a Austrasia). Carlomán morreu o 4 de decembro de 771, deixando a Carlomagno como líder dun reino franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado.

Conquistou a Saxonia no século VIII, un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de Augusto. Foron necesarios máis de dezaoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. A primeira foi a toma de Eresburgo, á que seguiu a corta da árbore sacra dos saxóns (Irminsul) Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. No 782 perpetrouse a matanza de Verden der Aller, unha execución en masa de campesiños saxóns rebeldes. A creación das dioceses de Maguncia e Colonia supón un pulo organizado á cristianización dos xermanos, a través dunha rede de bispados sufragáneos. Mediante a Lex saxonum busca unha síntese entre o dereito franco e os costumes saxóns.

Conquista do reino longobardo[editar | editar a fonte]

Monograma de Carlomagno (KRLS) no anverso dunha moeda longobarda cuñada ao seu nome

O rei Desiderio buscou neutralizar a influencia franca en Italia casando á súa filla con Carlomagno. Pero este non deixou por iso de acudir á petición de protección do Papa Hadrián I. Iniciou unha campaña no norte de Italia que culminou na toma de Pavia. Desiderio renunciou ao seu trono que foi incorporado ao reino franco (774). Carlomagno proclámase rei dos francos e longobardos e asume a defensa dos nacentes estados pontificios.

Guerras contra os eslavos[editar | editar a fonte]

No leste, sucesivas vitorias fan tributarios a pobos eslavos como os wilzos, sorabos e checos. Así mesmo, suprime o ducado hereditario de Baviera. Tras os ataques dos avaros, emprende contra eles sucesivas campañas que supoñen a destrución das súas fortalezas e o seu sometemento definitivo. A través do arcebispado de Salzburgo, procédese á evanxelización destes pobos.

A marca hispánica[editar | editar a fonte]

Carlomagno realizou unha importante campaña alén dos Pireneos que supuxo a toma de Pamplona e o sitio de Zaragoza. Consolidou unha fronteira fronte aos árabes españois que sería a orixe do Condado de Barcelona e o Reino de Navarra en territorio vascón latinizado. Ao regreso, os vascos infrinxiron unha derrota ao exército franco na batalla de Roncesvales. Esta deu orixe á Chanson de Rolando. Esta expansión pola Península Ibérica tivo o seu eco no recoñecemento por parte do Occidente cristián do illado reino galaico-ástur de Afonso II o Casto.

Coroado emperador[editar | editar a fonte]

En 800, durante a misa de Nadal en Roma, o Papa León III coroou a Carlos Magno como emperador, título en desuso no occidente desde a abdicación de Rómulo Augústulo en 476 (aproveitando o feito de entón reinar no Oriente unha muller, a emperatriz Irene, o que era considerado un baleiro de poder significativo). Aínda que o título lle axudase a afirmar a súa independencia en relación a Constantinopla, Carlomagno apenas o usou bastante máis tarde, xa que receaba ficar dependente, por outro lado, do poder papal.

Mediante o Tratado de Aquisgrán entre Carlomagno e o emperador de Bizancio Miguel I, aquel foi recoñecido como emperador a cambio de recoñecer o poder bizantino sobre Venecia e Dalmacia.

Morte[editar | editar a fonte]

Despois de pasar o outono de 813 de cacería, volveu para Aquisgrán o 1 de novembro. Conta Eginard que en xaneiro de 814, enfermou de pleuresía e que o 21 entrou en coma, morrendo o 28.[6] Carlos foi sepultado o mesmo día da súa morte na catedral de Aquisgrán, a pesar de que o tempo frío e a natureza da súa enfermidade non impuñan apuro ningún ao seu enterro.

Foi sucedido polo seu único fillo varón supervivente, Ludovico, quen fora chamado o ano anterior de Aquitania, onde era rei, á corte de Carlomagno. Unha vez alí, coroouno coas súas propias mans como coemperador, para logo envialo de regreso para Aquitania. O seu imperio permaneceu intacto unha soa xeración máis; a historiografía afirma que a división efectiva entre os fillos de Ludovico orixinou a formación dos modernos estados de Francia e Alemaña.

Políticas e logros[editar | editar a fonte]

Carlomagno ampliou os reinos francos para convertelos no imperio franco que incluíu gran parte de Europa occidental e central. Durante o seu mandato, conquistou Italia e foi coroado Imperator Augustus por León III o 25 de decembro de 800, feito que o converteu temporalmente en rival directo do emperador bizantino en Constantinopla.

O seu goberno asóciase co Rexurdimento carolinxio, un rexurdimento das artes, o sentimento relixioso, e a cultura grazas ao traballo da igrexa católica[Cómpre referencia].

Por medio das súas conquistas exteriores e as reformas internas, contribuíu a definir o que logo sería a Europa occidental.

Organización do Imperio[editar | editar a fonte]

Organízase a corte imperial, o tribunal palatino e a chancelería. Consolídase a administración condal e as súas asembleas de homes libres baixo a supervisión dos Missi dominici ou enviados do emperador. Dirixe a casa real o camarlengo. O emperador ten plena potestade para chamar ás armas e impartir xustiza e presidir sínodos eclesiásticos e nomea bispos e abades. Funda a Schola Palatina a onde trae sabios de toda Europa. Pon á fronte da mesma ao eclesiástico Alcuíno de York que dá pulos a un renacemento cultural. O emperador impulsa tamén o labor formativo e caritativo dos mosteiros. Desenvólvese a escrita carolinxia.

Manifestación da nova orde imperial é a arte carolinxia inspirada na arte bizantina Italiana (capela palatina de Aquisgrán).

Sistema monetario[editar | editar a fonte]

Diñeiro de Carlomagno cuñado na ceca de Pavia.

Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no soldo de ouro -procedemento seguido tamén polo rei Offa de Mercia-. Instituíu un novo patrón monetario a partir de unidades de medida como a libra e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o denier se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a libra inglesa (pound) valía 20 xilins (analogamente aos soldos de Carlomagno) ou 240 pence (de forma semellante aos deniers instituídos por este emperador).

Carlomagno aplicou este sistema a unha gran parte do continente europeo, mentres que o patrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio inglés.

Mulleres e descendencia[editar | editar a fonte]

Matrimonios e herdeiros[editar | editar a fonte]

  • A primeira relación de Carlomagno foi con Himiltrude (c. 768-c. 770). O carácter desta relación é motivo de disputa entre os historiadores: uns considérana un concubinato[8], xa que así foi descrita por Eginard;[6] un segundo grupo afirma que era un matrimonio legal[9]. Algúns historiadores modernos describen a relación como un friedelehe, unha forma de matrimonio sinxelo de disolver e que non era recoñecida pola Igrexa.[10] Desta unión naceron dous fillos:
  • No 770 casou con Desiderata, filla do rei dos longobardos, Desiderio. O matrimonio foi anulado en 771. Desta unión non non houbo descendencia.
  • A seguinte esposa de Carlomagno foi Hildegarda coa que casou en 771. O matrimonio rematou coa morte desta en 783. Tiveron catro fillos e cinco fillas:
    • Carlos o Mozo (c. 772-4 de decembro de 811). Duque de Maine, e coroado rey dos francos o 25 de decembro de 800.
    • Carlomán, rebautizado como Pipino (abril de 773-8 de xullo de 810). Coroado rei de Italia en 781.
    • Adalhaid (774). Naceu mentres seus pais se encontraban de campaña en Italia. Enviouse a Francia, mais morrue antes de chegar a Lión.
    • Rotruda (ou Hruodrud) (775-6 de xuño de 810).
    • Lois (778-20 de xuño de 840). Xemelgo de Lotario. Coroado rei de Aquitania (781), emperador do sacro emperador romano (813) e emperador senior (814).
    • Lotario (778-6 de febreiro de 779/780). Xemelgo de Lois. Faleceu durante a súa infancia.[12]
    • Bertha (779-826).
    • Gisela (781-808).
    • Hildegarda (782-783).
  • Contraeu matrimonio con Fastrada desde 784 até a morte desta (794). Froito deste matrimonio naceron:
  • A derradeira esposa foi Lutegarda, coa que casou en 794. Non tiveron descendencia común.

Concubinatos e fillos ilexítimos[editar | editar a fonte]

As concubinas e fillos que delas tivo Carlomagno son (seguindo a orde nas que as nomea Eginard):[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Charles Cawley (ed.). "Franks, carolingian kings". Medieval Lands (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  2. Collins, Roger (1998). Charlemagne (en inglés). University of Toronto Press. p. 32. ISBN 978-0-8020-8218-3. Carlomagno en Google Books.
  3. Matheson, Lister M. (2012). Icons of the Middle Ages: Rulers, Writers, Rebels, and Saints (en inglés). ABC-CLIO. p. 152. ISBN 978-0-313-34080-2. Carlomagno en Google Books.
  4. Fichtenau, Heinrich (1957). The Carolingian Empire (en inglés). University of Toronto Press. p. 39. ISBN 978-0-8020-6367-0. Carlomagno en Google Books.
  5. Magill, Frank N., ed. (1998). Dictionary of World Biography (en inglés). 2: The Middle Ages. Routledge. p. 226. ISBN 978-1-579-58041-4. Carlomagno en Google Books.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Eginard (2016). Castiella, Pablo J., ed. "Vita Karoli Magni" (en latín e español (edición bilingüe)). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  7. History.com (ed.). "Charlemagne" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  8. Riché, Pierre (2012). Les Carolingiens: une famille qui fit l'Europe (en francés). Hachette. ISBN 9782012795440. 
  9. Hägermann, Dieter (2000). Karl der Grosse: Herrscher des Abendlandes : Biographie (en alemán). Propyläen. p. 82f. ISBN 9783549058268. 
  10. Chamberlin, Russell (2004). The Emperor Charlemagne (en inglés). Sutton. p. 61. ISBN 9780750934824. 
  11. Treffer, Gerd (2001). Die französischen Königinnen. Von Bertrada bis Marie Antoinette (8.-18. Jahrhundert) (en alemán). VMA-Verlag. p. 30. ISBN 9783928127806. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  12. Lewis G. M. Thorpe, ed. (1969). Two Lives of Charlemagne. Classics Series (en inglés) 13. Penguin. p. 185. ISBN 9780140442137. By [Hildigard] Charlemagne had four sons and four daughters, according to Paul the Deacon: one son, the twin of Lewis, called Lothar, died as a baby and is not mentioned by Einhard; two daughters, Hildigard and Adelhaid, died as babies, so that Einhard appears to err in one of his names, unless there were really five daughters 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sigurd Abel, Bernhard Simson: Jahrbücher des Fränkischen Reiches unter Karl dem Großen. Bd. 1. Leipzig 1888 (2. Auflage, bearbeitet von Simson), Bd. 2. Leipzig 1883; ND Berlin 1969.
  • Matthias Becher et al.: Das Reich Karls des Großen. Theiss, Stuttgart 2011, ISBN 978-3-8062-2507-5.
  • Jörg W. Busch: Die Herrschaften der Karolinger 714–911. Oldenbourg, München 2011, ISBN 978-3-486-55779-4.
  • Johannes Fried: Der Weg in die Geschichte. Die Ursprünge Deutschlands bis 1024 (= Propyläen Geschichte Deutschlands. Bd. 1). Propyläen, Berlin 1994, ISBN 3-549-05811-X (originelle, teilweise von der Forschungsmeinung abweichende Darstellung).
  • Rosamond McKitterick (ed.): The New Cambridge Medieval History. Volume 2, c. 700–c. 900. Cambridge University Press, Cambridge 1995, ISBN 0-521-36292-X.
  • Pierre Riché: Die Karolinger. Eine Familie formt Europa. Reclam, Stuttgart 1999, ISBN 3-15-010463-7.
  • Rudolf Schieffer: Die Karolinger. 5., aktualisierte Auflage. Kohlhammer, Stuttgart 2014, ISBN 978-3-17-023383-6 (Standardwerk zur Geschichte der Karolinger).
  • Rudolf Schieffer: Die Zeit des karolingischen Großreichs (714–887) (= Handbuch der deutschen Geschichte. Bd. 2). 10., völlig neu bearbeitete Auflage. Klett-Cotta, Stuttgart 2005, ISBN 3-608-60002-7.
  • Rudolf Schieffer: Christianisierung und Reichsbildung. Europa 700–1200. C.H. Beck, München 2013, ISBN 978-3-406-65375-9.
  • Alessandro Barbero: Karl der Große. Vater Europas. Klett-Cotta, Stuttgart 2007, ISBN 978-3-608-94030-5
  • Matthias Becher: Karl der Große. 6., durchgesehene und aktualisierte Auflage, Beck, München 2014, ISBN 978-3-406-43320-7.
  • Roger Collins: Charlemagne. University of Toronto Press, Toronto 1998; Macmillan, Basingstoke 1998, ISBN 0-333-65054-9.
  • Jean Favier: Charlemagne. Fayard, París 1999, ISBN 2-213-60404-5.
  • Johannes Fried: Karl der Große. Gewalt und Glaube. Eine Biographie. 4. Auflage, Beck, München 2014, ISBN 978-3-406-65289-9.
  • Dieter Hägermann: Karl der Große. Herrscher des Abendlandes. Econ, Berlin 2000, ISBN 3-549-05826-8 (Recensións).
  • Wilfried Hartmann: Karl der Große. Kohlhammer, Stuttgart 2010, ISBN 978-3-17-018068-0 (Recensión).
  • Michael Imhof, Christoph Winterer: Karl der Große. Leben und Wirkung, Kunst und Architektur. Imhof, Petersberg 2013, ISBN 978-3-932526-61-9.
  • Rosamond McKitterick: Karl der Große (= Gestalten des Mittelalters und der Renaissance). Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt 2008 (englische Originalausgabe: Charlemagne. The Formation of a European Identity. Cambridge University Press, Cambridge/New York 2008); Rezension bei H-Soz-u-Kult sowie kritische Rezension in Concilium medii aevi 11 (2008))
  • Stefan Weinfurter: Karl der Große. Der heilige Barbar. 2. Auflage. Piper, München/Zürich 2013, ISBN 978-3-492-05582-6.
  • Deutsches Historisches Museum (ed.): Kaiser und Kalifen. Karl der Große und die Welt des Mittelmeers. Zabern, Darmstadt 2014, ISBN 978-3-8053-4774-7.
  • Matthias Becher: Das Kaisertum Karls des Großen zwischen Rückbesinnung und Neuerung. In: Hartmut Leppin, Bernd Schneidmüller, Stefan Weinfurter (ed.): Kaisertum im ersten Jahrtausend. Schnell & Steiner, Regensburg 2012, S. 251–270.
  • Peter Classen: Karl der Große, das Papsttum und Byzanz. Die Begründung des karolingischen Kaisertums. Herausgegeben von Horst Fuhrmann und Claudia Märtl (= Beiträge zur Geschichte und Quellenkunde des Mittelalters. Bd. 9). 2. Auflage. Thorbecke, Sigmaringen 1988, ISBN 3-7995-5709-1.
  • Rudolf Schieffer: Neues von der Kaiserkrönung Karls des Großen (Sitzungsbericht der bayerischen Akademie der Wissenschaften. Philologisch-historische Klasse 2004, 2). Verlag der Bayerischen Akademie der Wissenschaften, München 2004, ISBN 3-7696-1626-X.
  • Frank Pohle et al. (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Drei Bände im Schuber. Sandstein Verlag, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-094-9.
    • Peter van den Brink, Sarvenaz Ayooghi (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Karls Kunst. Katalog der Sonderausstellung Karls Kunst vom 20. Juni bis 21. Setembro de 2014 en Centre Charlemagne, Aachen. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-093-2.
    • Frank Pohle (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Orte der Macht. Katalog. Katalog der Sonderausstellung Orte der Macht vom 20. Juni bis 21. Setembro de 2014 en Krönungssaal des Aachener Rathauses. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-091-8.
    • Frank Pohle (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Orte der Macht. Essays. Essayband zur Sonderausstellung Orte der Macht vom 20. Juni bis 21. Setembro de 2014 en Krönungssaal des Aachener Rathauses. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-092-5.
  • Wolfgang Braunfels et al. (ed.): Karl der Große. Lebenswerk und Nachleben. 4 Bände und Registerband. Düsseldorf 1965–1968.
  • Paul L. Butzer et al. (ed.): Karl der Große und sein Nachwirken. 1200 Jahre Kultur und Wissenschaft in Europa. 2 Bände. Brepols, Turnhout 1997, ISBN 2-503-50673-9.
  • Franz-Reiner Erkens (ed.): Karl der Große und das Erbe der Kulturen. Akten des 8. Symposiums des Mediävistenverbandes Leipzig 15.–18. März 1999. Akademie Verlag, Berlin 2001, ISBN 3-05-003581-1.
  • Johannes Fried et al. (ed.): 794 – Karl der Große in Frankfurt. Ein König bei der Arbeit. Ausstellung zum 1200-Jahre-Jubiläum der Stadt Frankfurt am Main. Thorbecke, Sigmaringen 1994, ISBN 3-7995-1204-7.
  • Peter Godman, Jörg Jarnut, Peter Johanek (ed.): Am Vorabend der Kaiserkrönung. Das Epos „Karolus Magnus et Leo Papa“ und der Papstbesuch von 799. Akademie Verlag, Berlin 2002, ISBN 3-05-003497-1.
  • Rolf Große, Michel Sot (ed.): Charlemagne. Les temps, les espaces, les hommes. Construction et déconstruction d'un règne. Brepols, Turnhout 2018, ISBN 2-503-57797-0.
  • August Heuser, Matthias Theodor Kloft (ed.): Karlsverehrung in Frankfurt am Main. Eine Ausstellung des Dommuseums Frankfurt und des Historischen Museums Frankfurt. Frankfurt 2000, ISBN 3-921606-41-1.
  • Christoph Stiegemann, Matthias Wemhoff (ed.): 799. Kunst und Kultur der Karolingerzeit. Karl der Große und Papst Leo III. in Paderborn. Katalog der Ausstellung in Paderborn 1999. 3 Bände. Philipp von Zabern, Mainz 1999, ISBN 3-8053-2456-1.
  • Joanna Story (ed.): Charlemagne. Empire and Society. Manchester University Press, Manchester 2005, ISBN 0-7190-7088-0.
  • Bernd Bastert (ed.): Karl der Große in den europäischen Literaturen des Mittelalters. Konstruktion eines Mythos. Niemeyer, Tübingen 2004, ISBN 3-484-64025-1.
  • Michael Borgolte: Carlo Magno e la sua collocazione nella storia globale. In: Quellen und Forschungen aus italienischen Archiven und Bibliotheken 93, 2013, S. 1–26 (online).
  • Wolfgang Braunfels et al. (ed.): Karl der Große. Lebenswerk und Nachleben, Bd. 4 Nachleben. Schwann, Düsseldorf 1967.
  • Franz-Reiner Erkens (ed.): Karl der Große in Renaissance und Moderne. Zur Rezeptionsgeschichte und Instrumentalisierung eines Herrscherbildes (Das Mittelalter. Perspektiven mediävistischer Forschung. Zeitschrift des Mediävistenverbandes 4, 1999, Heft 2). Akademie Verlag, Berlin 1999.
  • Franz Fuchs, Dorothea Klein (ed.): Karlsbilder in Kunst, Literatur und Wissenschaft. Akten eines interdisziplinären Symposions anläßlich des 1200. Todestages Karls des Großen (= Rezeptionskulturen in Literatur- und Mediengeschichte. Bd. 1). Königshausen & Neumann, Würzburg 2015, ISBN 3-8260-5558-6.
  • Thomas Kraus, Klaus Pabst (ed.): Karl der Große und sein Nachleben in Geschichte, Kunst und Literatur (= Rezeptionskulturen in Literatur und Mediengeschichte. Band 1). Königshausen & Neumann, Würzburg 2014.
  • Lieselotte-E. Saurma-Jeltsch: Karl der Große als vielberufener Vorfahr. Sein Bild in der Kunst der Fürsten, Kirchen und Städte (= Schriften des Historischen Museums. Bd. 19). Thorbecke, Sigmaringen 1994, ISBN 3-7995-1205-5.
  • Bernd Schneidmüller: Sehnsucht nach Karl dem Großen. Vom Nutzen eines toten Kaisers für die Nachgeborenen. Die politische Instrumentalisierung Karls des Großen im 19. und 20. Jahrhundert. In: Geschichte in Wissenschaft und Unterricht 51, 2000, S. 284–301.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]