Telefónica
| Tipo | Sociedade anónima |
|---|---|
| Fundación | 1924 |
| Localización | Madrid |
| Persoas clave | César Alierta, Presidente |
| Industria | Telecomunicacións |
| Produtos | Telefonía fixa, Telefonía móbil, provedor de servizos de Internet, televisión, fibra óptica |
| Páxina web | www.telefonica.es |
Telefónica S.A. é un operador de servizos de telecomunicacións: Telefonía fixa, Telefonía móbil, e de ADSL, é unha multinacional con sede central en Madrid, España, e ao mes de xullo de 2010 é a quinta compañía de telecomunicacións en tamaño e importancia no mundo.[1]
Telefónica é un dos operadores integrados de telecomunicacións líder a nivel mundial na provisión de solucións de comunicación, información e entretemento, con presenza en Europa, África, Latinoamérica e, desde 2010, en Asia.
En España, para o público comerciante polo miúdo distribúe os seus produtos a través de varias filiais e varios nome comerciais: Os de telefonía fixa antes baixo a marca comercial Telefónica, os de telefonía móbil a través da filial Telefónica Móbiles baixo a marca comercial Movistar. Desde o 1 de maio de 2010, a empresa cambia en España o nome da súa marca comercial Telefónica polo de Movistar, que ata entón fora soamente a marca comercial de Telefónica Móbiles, comezando a distribuír todos os seus produtos baixo esta marca comercial e engadindo segundo o servizo os sufijos correspondentes "Movistar Fixo", "Movistar Móbil", "Movistar Imagenio", etc. Con todo, os nomes legais da empresas e as súas filiais seguen sendo os mesmos.
Índice |
Historia[editar]
As orixes da empresa están na súa fundación en Madrid co nome de CTNE (compañía telefónica nacional de España), participada pola empresa norteamericana de telecomunicacións ITT. A súa sede fixouse nun novo edificio da Gran Vía madrileña, no número 28. Foi o primeiro rañaceos de España e de toda Europa[2]. O edificio foi empregado como sede das telecomunicacións da República durante o asedio de Madrid e a Guerra Civil. Durante o franquismo Telefónica de España (TESA) foi gañando en tamaño e importancia como monopolio de telecomunicacións chegando a ser unha empresa estatal burocratizada e con estrutura e administración centralizada. Non sería ata os anos 1980 e principios dos anos 1990 cando se fixo necesaria a creación de competencia. A empresa era incapaz de acometer reformas nas infraestruturas de telecomunicacións lastrada por sindicatos e administracións estatais que impedían calquera mellora nos servizos. Había listas de espera para ter teléfono. A empresa abriuse a traballar con empresas subcontratistas e foi quen de poñer data a cando tería teléfono un novo cliente. A chegada de internet e a necesidade de conexións a un prezo axeitado foron outro dos retos da compañía. A tarifa plana non era unha oferta comercial para Telefónica, centrada no pagamento por uso das liñas por minuto e os servizos de voz a empresas. A chegada da telefonía móbil supuxo a creación doutro mercado. Telefónica creou primeiro MoviLine, unha empresa de telefonía móbil analóxica ca que monopolizou o mercado ata que as limitacións da tecnoloxía impediron medrar maís. A chegada da tecnoloxía dixital GSM permitiu ampliar o negocio mantendo unha posición de monopolio ca marca Movistar no mercado ata a concesión dunha licenza á Airtel empresa posteriormente mercada por Vodafone. A chegada de novos operadores de telecomunicacións por cable supuxo outro reto para Telefónica. A telefonía fixa ata entón estaba monopolizada pola súa extensa rede e á que os demáis operadores debían pagar polo aluguer.
A imposibilidade de manter o negocio en España no réxime de monopolio fixo que a empresa entrase noutros mercados estranxeiros mercando licencias e operadores.
Notas[editar]
- ↑ "América Móbil supera a Telefónica en Bolsa e alcanza o cuarto posto mundial" Cinco Días Consultado o 11 de xullo de 2010.
- ↑ Fundación Telefónica
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Grupo Telefónica (en castelán)