Río Guadalquivir
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Río Guadalquivir | |
|---|---|
Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba |
|
| Nacemento: | |
| Altitude da fonte: | 1.400 msnm |
| Lonxitude: | 657 Km |
| Caudal medio: | 164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla) |
| Conca: | 59.978 km2 |
| País: | España |
| Desemboca: | Océano Atlántico |
Este artigo debe incluír o material procedente de Guadalquivir
O río Guadalquivir é un río de España, recorre a comunidad autónoma de Andalucía. O nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era pre-romana ata a invasión árabe.
Índice |
[editar] Percorrido
Nace no concello de Quesada, na Serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 quilómetros. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as Marismas do Guadalquivir.
[editar] Afluentes
De entre os seus numerosos tributarios destacaremos:
- Pola beira esquerda:
Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.
- Pola beira dereita:
Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.
[editar] Localidades importantes nas orelas
- Provincia de Jaén
- Provincia de Córdoba
- Provincia de Sevilla
- Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río, La Puebla del Río.
- Provincia de Cádiz
[editar] Protección medioambiental
Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.
|
Ponte romana sobre o Guadalquivir e Mezquita en Córdoba.
|

