Torneo de Roland Garros
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde mediados de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam.
Comezou coma un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français. Para o desafío de Copa Davis do ano 1928 construiuse un novo estadio de tenis na Porte d’Auteuil. Chamado "Stade Roland Garros" por un heroe da Primeira Guerra Mundial tiña unha cancha de terra batida (terre battue), o que altera o rebote da pelota e o achegamento dos xogadores.
En 1968 o campionato francés foi o primeiro torneo de Grand Slam en ser "aberto", permitindo a competición de xogadores amateur e profesionais.
Os gañadores en 1980, Björn Borg, e en 2008, Rafael Nadal, venceron sen perder nin un só set en todo o torneo.
Índice |
Campións [editar]
Datos [editar]
Récords masculinos da era "open" [editar]
- Henri Cochet (Francia), gañou entre todas as competicións 9 títulos (4 individuais, 3 dobres, 2 dobres mixtos).
- Rafael Nadal (España), gañou 7 títulos en individuais, 4 deles consecutivos.
- Roy Emerson (Australia), conquistou 6 veces o título en dobres.
- Guillermo Vilas (Argentina) gañou a final de 1977 en 1 hora 51 minutos sendo esta a final máis curta deste Grand Slam
Récords femininos da era "open" [editar]
- Margaret Smith Court (Australia) gañou entre todas as competicións 13 títulos (5 individuais, 4 dobres, 4 dobres mixtos).
- Chris Evert (Estados Unidos) obtivo 7 veces o título de individuais, seguida por Steffi Graf (Alemaña), 6 veces.
- Helen Wills Moody (Estados Unidos), Hilde Sperling (Alemaña), Monica Seles (Iugoslavia/Estados Unidos) e Justine Henin (Bélxica), gañaron 3 veces consecutivas o título en individuais aínda que Helen Wills Moody e Justine Henin posúen ademais un cuarto título.
- Martina Navratilova (Checoslovaquia/Estados Unidos) obtivo 7 títulos en dobres.