La Maestranza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada principal
Vista interior da praza

A Real Maestranza de Caballería de Sevilla, ou La Maestranza, é a praza de touros máis antiga de España e está situada na cidade de Sevilla.

É a sede das corridas de touros que se realizan durante a Feira de Abril da cidade, unha das festas taurinas máis importantes. É un importante centro de atracción turística da cidade e está entre os momumentos máis visitados de Sevilla.

Construída orixinalmente en madeira en 1733, leváronse a cabo as obras de construción da actual entre 1749 e 1881, ano en que quedou completamente pechada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Maestranza