Aena
| Tipo | Estatal |
|---|---|
| Fundación | 1990 |
| Localización | Madrid, |
| Industria | Aviación |
| Páxina web | http://www.aena.es |
Aeroportos Españois e Navegación Aérea, coñecida tamén co acrónimo Aena, é un ente público empresarial encargado da navegación civil aérea e dos aeroportos civís en España.
Índice |
Funcións [editar]
Conforme á lexislación vixente desenrola as seguintes funcións:
- Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración dos aeroportos públicos de carácter civil, aeródromos, heliportos e demais superficies aptas para o transporte aéreo cuxa xestión se lle encomende e dos servizos afectos ós mesmos; a coordinación, explotación, conservación e administración das zonas civís das bases aéreas abertas ó tráfico civil.
- Proxecto, execución, dirección e control das inversións nas infraestruturas e instalacións a que se refire o epígrafe anterior.
- Ordenación, dirección, coordinación, explotación, conservación e administración das instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e de control da circulación aérea.
- Proxecto, execución, dirección e control das inversións en infraestruturas, instalacións e redes de sistemas de telecomunicacións aeronáuticas, de axudas á navegación e control da circulación aérea.
- Proposta de planificación de novas infraestruturas aeronáuticas, así como de modificacións da estrutura do espazo aéreo.
- Desenvolvemento dos servizos de orde e seguridade nas instalacións que xestione, así como a participación nas ensinanzas específicas relacionadas có transporte aéreo e suxeitas ó outorgamento de licencia oficial, todo sen detrimento das atribucións asinadas á Dirección Xeral de Aviación Civil.
Filiais [editar]
Aena xestiona a través da filial Aena Desenrolo Internacional (100%), participacións en aeroportos de México, Estados Unidos, Cuba, Colombia, Bolivia, Reino Unido e Suecia. Tamén ten participacións en Enxeñería e Economía do Transporte (INECO) (61%), Centros Loxísticos Aeroportuarios (CLASA) (100%), Restauración de Aeroportos Españois (RAESA) (49%) e Axencia Metropolitana de Desenvolvemento Urbanístico e de Infraestruturas (Barcelona Rexional) (11,76%).
Aeroportos [editar]
Aena explota todos os aeroportos de interese público de España, así como a navegación aérea nalgúns privados e algunhas bases aéreas en réxime mixto co Exército de España. Ademais, cabe destacar o Heliporto de Ceuta e o Heliporto de Algeciras, os únicos heliportos da rede.
Os aeroportos españois que xestiona rexistraron as seguintes cifras de pasaxeiros en 2009
PASAXEIROS (2009)
CARGA
- Aeroporto de Madrid-Barajas (329.186.631 Tm.)
- Aeroporto de Barcelona (103.996.489 Tm.)
- Aeroporto de Vitoria (34.989.727 Tm.)
- Aeroporto de Gran Canaria (33.695.248 Tm.)
- Aeroporto de Zaragoza (21.438.894 Tm.)
- Aeroporto de Palma de Mallorca (21.395.791 Tm.)
- Aeroporto de Tenerife Norte (20.781.674 Tm.)
- Aeroporto de Valencia (13.325.799 Tm.)
- Aeroporto de Tenerife Sur (8.567.093 Tm.)
- Aeroporto de Sevilla (6.102.264 Tm.)