Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República Argentina
República Arxentina
Bandeira de Arxentina Escudo de Arxentina
Bandeira Escudo
Lema: "En unión e liberdade"
Himno nacional: Himno Nacional Argentino
 
Argentina orthographic.svg
 
Capital
 • Poboación
Buenos Aires
3.025.772 (Jun. 2006 est.)1
Cidade máis poboada Buenos Aires
Lingua oficial
Español2
Forma de goberno Democracia Representativa, Republicana e Federal
Cristina Fernández de Kirchner
Amado Boudou
Independencia
 • Primera Xunta
 • Declarada
de España
25 de maio de 1810
9 de xullo de 18163
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 8º
2.791.8104 km²
1,1%
9.665 km
4.989 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 30º
40.051.242 (2008 est.)1
14 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 31º
USD 212.702 mill.5
USD 5.458 (2006)5
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 19º
USD 621.070 mill.5
USD 15.937 (2006)5
IDH n/d
Moeda Peso ($, ARS)
Xentilicio arxentino, -na
Fuso horario UTC-3
Dominio de Internet .ar
Prefixo telefónico +54
Prefixo radiofónico AYA-AZZ, LOA-LWZ, L2A-L9Z
Código ISO 032 / ARG / AR
Membro de: ONU, OEA, CSN, Mercosur

1 Según datos do INDEC.
2 O guaraní é cooficial na provincia de Corrientes.
3 A Liga Federal proclamou a independencia o 29 de Xuño de 1815.
4 Corresponde á superficie continental americana que inclúe ás Illas Malvinas. Sumando á superficie continental antártica (Antártida Arxentina e as restantes illas das Illas do Atlántico Sur) de 969.464 km², a superficie total elevaríase aos 3.761.274 km² (segundo datos d Instituto Xeográfico Militar da República Arxentina).
5 Fonte: FMI.

Tódolos países do mundo

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2.780.400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada por Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal.[1] Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina.[2] Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo,[3] aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo.[4][5] Actualmente Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos[6] ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.[7][8]

O 25 de maio de 1810 foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, organizándose a Primeira Xunta de goberno, e o 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome oficial do país é «República Arxentina». Por elipse do substantivo, adoita dicirse «Arxentina». O nome «Arxentina» provén do latín argentum (‘prata’) e está asociado coa lenda da Serra de la Plata, común entre os primeiros exploradores europeos da rexión, tanto españois como portugueses. Foron estes quen denominaron Río da Prata ó gran estuario descuberto pola expedición portuguesa de 1502 na que participaba Amerigo Vespucci, e ó que despois chegou Juan Díaz de Solís en 1516, chamándoo Mar Doce.

Portada do poema La Argentina.

O nome menciónase por primeira vez no poema publicado en 1602 polo español Martín del Barco Centenera titulado La Argentina y conquista del Río de la Plata, no que describe a rexión do Río da Prata, como tamén a fundación da ciudad de Buenos Aires.[9][10]

O topónimo aparece ratificado ó publicarse en 1612 a obra La Argentina manuscrita, do crioulo asunceno Ruy Díaz de Guzmán, obra de historia na que, no medio dun relato épico, faise unha descrición da rexión. A finais do século XVIII, a palabra era de uso común para denominar todo o relacionado co Río da Prata, a súa conca, o seu territorio e os seus poboadores, pero o vicerreinado creado en 1776, antecedente inmediato do país independizado en 1816, levou o nome de «Vicerreinado do Río da Prata».

A Primeira Xunta de Goberno empregou o nome de Provincias Unidas do Río da Prata, que foi tamén empregado polos gobernos que o sucederon ata que, en 1816, o Congreso de Tucumán proclamou a independencia das Provincias Unidas de Sudamérica, nome que mantivo na Constitución de 1819.

Oficialmente, empregouse por primeira vez a denominación República Arxentina na Constitución de 1826. Durante o goberno de Juan Manuel de Rosas (1835-1852) utilizáronse, entre outros, os nomes de Confederación Arxentina, República da Confederación Arxentina e Federación Arxentina.

A Constitución arxentina de 1853 sanciounouse en nome do pobo da Confederación Arxentina, pero ó incorporarse o Estado de Buenos Aires, en 1860 cambiouse por Nación Arxentina e incorporouse o artigo 35:

As denominacións adoptadas sucesivamente dende 1810 até o presente, a saber: Provincias Unidas do Río da Prata; República Arxentina, Confederación Arxentina, serán en adiante nomes oficiais indistintamente para a designación do Goberno e territorio das provincias, empregándose as palabras «Nación Arxentina» na formación e sanción das leis.[11]

O 8 de outubro de 1860, na cidade de Paraná, daquela capital da Confederación Arxentina, o presidente Santiago Derqui decretou que:

[...] sendo axeitado a este respecto estabelecer a uniformidade nos actos administrativos, o Goberno ven de acordar que para todos estes actos se empregue a denominación República Arxentina.[12]

O nome foi confirmado definitivamente en 1862 por Bartolomé Mitre, primeiro presidente do país reunificado, ó utilizar o título de presidente da Nación Arxentina.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do imperio inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómades. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.

O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome de Arxentina das planchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.

O país independizouse de España en 1816, tralo cal producíronse disputas internas entre faccións federalistas ("federales") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994.

A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberais-civís. Trala segunda guerra mundial, produciuse o trunfo do movemento popular peronista.

Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permitiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precedentes a finais de 2001.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente na actualidade é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994.

Provincias de Arxentina[editar | editar a fonte]

Provincias de Arxentina. Arxentina reclama as Illas Malvinas, un territorio de ultramar do Reino Unido, así como un anaco da Antártida, que se asigna á súa provincia de Tierra del Fuego.
Salta.

O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias:


Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Véxase: Xeografía de Arxentina.

Mapa de Arxentina

A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, serranías no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrico, constantemente sucada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.

O pico más alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 metros. No centro do país atópase a chaira pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao norleste atopamos unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano.

Clima[editar | editar a fonte]

Mapa climático da Arxentina.

Gran parte do territorio argentino está situado na zona temperada do hemisferio sur. Verifícanse no país climas tropicais e subtropicais, áridos e fríos, con combinacións e contrastes diversos, resultantes das variacións de altitude e outros factores. En case todas as rexións da Arxentina rexístranse nevadas ocasionais, excepto no extremo norte, onde predomina un clima tropical. Nesa mesma área, os días son quentes de outubro a marzo e fríos e secos de abril a setembro.

Mais amenos son os índices predominantes na Pampa, húmido e fresco na súa parte oriental, nas provincias de Buenos Aires e La Pampa. Os veráns, aínda que son intensos, en Mar del Plata non superan unha media superior a 21 °C. Mais seco para o lado do oeste e Mendoza, o clima da Pampa, nesa faixa, ten as súas chuvias de verán rapidamente evaporadas.


Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Arxentina.

Exportacións a[13] Importacións de[13]
País Porcentaxe País Porcentaxe
Flag of Brazil.svg Brasil 17,5 % Flag of Brazil.svg Brasil 32,6 %
Flag of the People's Republic of China.svg China 9,4 % Estados Unidos de América Estados Unidos 14,2 %
Estados Unidos de América Estados Unidos 7,6 % Flag of the People's Republic of China.svg China 8,7 %
Flag of Chile.svg Chile 6,9 % Alemaña Alemaña 5,7 %
España España 4,1 %

A economía arxentina vese beneficiada por unha gran riqueza e variedade de recursos naturais que posúe, unha poboación cun bo nivel de educación, un sistema de agricultura e unha importante base industrial, que chegou a ser a máis desenrolada da América Latina, estancada a partir do último cuarto do século XX.

Na actualidade, Arxentina é a terceira potencia en materia económica de América Latina, superada por Brasil e México. Se ao PBI o consideramos en paridade de poder adquisitivo, segundo o Fondo Monetario Internacional), en 2007 alcanzou os 523,739 millóns de dólares,[14] acortándose as distancias respecto ao PBI de Brasil ou de México. O PBI per cápita medido en paridade de poder adquisitivo (paridade de poder adquisitivo) de USD no 2007 foi estimado en 13.300,[13][14], un dos máis altos da rexión.

As exportacións de bens totalizaron no 2007 os 55.780 millóns de dólares, mentres que as importacións acadaron os 42.525 millóns, creando un superávit de 13.255 millóns de dólares. Las exportacións e importacións de servizos nese mesmo ano, son uns totais de 10.283 e 10.782 millóns de dólares respectivamente, xerando un déficit de 499 millóns de dólares.[15]

Exportacións arxentinas, 2007. O complexo hidrocarburos-químico-petroquímico-plásticos reúne o 21,9% das exportacións totais,[16] mentres que a cadea da soia reúne un 16%.[17]

O país mantén unha débeda externa de 123.196 millóns de dólares (dec. 2007), equivalente ao 46,74% do PBI. A cantidade da mesma débese principalmente a operacións fraudulentas realizadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983),[18] período no cal a débeda medrou un 364%, e a toma masiva de préstamos externos durante os dous gobernos sucesivos de Carlos Menem, debido á política de dólar barato favorecida pola lei de convertibilidade. A relación entre o PBI e a débeda externa chegou ao seu punto crítico en xaneiro de 2002 cando representou o 190% do PBI. Dende entón unha combinación de redución da débeda, moderación na toma de novos créditos e aumento do PBI, reduciron a débeda a pouco menos da metade do PBI, que de todos os xeitos, é elevada.

A presión tributaria achábase ao finalizar 2007 no 25%. É un valor baixo comparado con Brasil (37%) e Europa (38%), mais no período 1997-2002, o valor da porcentaxe rexistrábase como o 16,7%. A estrutura impositiva descansa principalmente no Imposto de Valor Engadido (IVE), que aporta o 31% do total, aínda que a súa importancia relativa reducíase fronte á media do período 1997-02, que foi do 39%, debido a un aumento do Imposto da renda, que pasou dun 19% ao 21% do total, e sobre todo das retencións ás exportación, que pasou de supoñer do 1% ao 10%.

Segundo o INDEC, a inflación alcanzada no 2007 foi do 8,5%, a cal continuaba cunha tendencia descendente. Mais, a veracidade das medicións do INDEC está actualmente sendo cuestionada por manipulación de datos. Outros analistas económicos estiman unha inflación de entre o 16% e o 18% no 2007.[19]

Os últimos indicadores de nivel nacional mostraron que a taxa de pobreza no semestre de outubro de 2007 a marzo de 2008 representou o 20,6% da poboación e a de indixencia o 5,9%.[20] O desemprego no cuarto trimestre do 2007 encontrábase nun 7,5%, excluíndo aos beneficiarios de plans sociais de emprego como “empregados”, que farían unha cifra do 7,8%-8,1% . O subemprego, en tanto, situouse nun 6,0%.

A Arxentina forma parte do bloque rexional coñecido como Mercosur, integrado por Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai, e tamén Venezuela, en proceso de volverse membro pleno do bloque. Como consecuencia do Mercosur, as relacións comerciais entre Arxentina e Brasil aumentaron até volverse de primeira importancia para ambos países. En maio do 2002 comezou un proceso de desequilibro na balanza comercial entre ambos países, fortemente deficitario para a Argentina, que foi motivo de preocupación para empresarios e funcionarios dese país.[21] No 2006 os gobernos de Arxentina e Brasil asinaron unha serie de acordos bilaterais, entre os que se encontra a cláusula de adaptación competitiva e os acordos referidos aos intercambios comerciais do sector dos automóbiles. O propósito de ambos acordos é reducir as asimetrías presentes no bloque.[22]

A moeda oficial de Arxentina dende 1992 é o peso ($).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades. O 90% da súa poboación é de raza branca, cun 85% de descendentes de europeos (principalmente de italianos e espanois). Arxentina ten relativamente poucos mestizos (persoas de orixe mixta europeo e indíxena).

Os indíxenas, cuxo número ronda actualmente os 400.000,[1] representa o 1% da total do pais.

Os mesmos conservan súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, norleste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenza a pobos indíxenas co propósito de realizar con posterioridade unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.

Malia ser o castelán o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.

A relixión oficial en Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante.

Cultura[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Música de Arxentina.
Un espectáculo de tango en Buenos Aires.

O tango é un estilo musical e un baile nacido nos arrabaldes porteños con difusión internacional, ligado fortemente co Arxentina e con Uruguai, pero sobre todo con Buenos Aires. Neste xénero musical destacaron Carlos Gardel, considerado como o Rei do Tango, e o marplatense Astor Piazzolla.

Literatura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura de Arxentina.

A literatura arxentina ocupa un lugar destacado dentro da literatura en español, con expoñentes de finais do século XIX como José Hernández (autor de Martín Fierro, traducido a máis de 70 idiomas), ou do século XX, como Jorge Luis Borges, Julio Cortázar e Juan Gelman, tres dos autores máis destacados da literatura en español.

Cine[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cine de Arxentina.

O cinema arxentino é, historicamente, un dos máis importantes de América Latina.[23] As primeiras longametraxes animadas, mudas e sonoras, foron realizadas por Quirino Cristiani. En 1986, a película La historia oficial, dirixida por Luis Puenzo, conseguiu un premio Óscar ao mellor filme estranxeiro.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Aninovo ano Nuevo
marzo-abril Venres Santo Viernes Santo
2 de abril Día do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das Malvinas Día del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas
8 de abril Epifanía Epifanía
1 de maio Día do Traballador Día del Trabajador
25 de maio Primeiro Goberno Nacional Primer Gobierno Nacional
20 de xuño Día da Bandeira - Morte do xeneral Manuel Belgrano Día de la Bandera - Muerte del general Manuel Belgrano
9 de xullo Día da Independencia Día de la Independencia
17 de agosto Morte do xeneral José de San Martín Muerte del general José de San Martín
12 de outubro Día da Raza Día de la Raza
8 de decembro Inmaculada Concepción de María Inmaculada Concepción de María
25 de decembro Nadal Navidad

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Argentina - Acerca del Gobierno" (en español). http://www.argentina.gob.ar/argentina/portal/paginas.dhtml?pagina=295. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
  2. "Human Development Report" (en inglés) (PDF). United Nations Development Programme. 2007. http://hdr.undp.org/en/media/hdr_20072008_en_complete.pdf. Consultado o 13 de xaneiro de 2009.
  3. "Gross domestic product 2007" (en inglés) (pdf). Banco Mundial. 01/07/2008. http://siteresources.worldbank.org/DATASTATISTICS/Resources/GDP.pdf. Consultado o 13 de xaneiro de 2009.
  4. International GDP ranking (en inglés)
  5. Argentina Country Fact Sheet Nacións Unidas.
  6. Country Classifications by the World Bank
  7. Emerging Markets - Argentina
  8. The Global Emerging Markets Database
  9. "Martin del Barco Centenera" (en inglés). http://www.newadvent.org/cathen/02292a.htm. Consultado o 27 de xuño de 2008.
  10. Traba, Juan. Origen de la palabra «argentina». Rosario: Escola de Artes Gráficas do Colexio San Xosé, 1985.
  11. Declaracións, dereitos e garantías (segundo a Constitución).
  12. El nombre de la Argentina. 1964.
  13. 13,0 13,1 13,2 "Argentina" (en inglés). The World Factbook. CIA. 19/06/2008. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ar.html. Consultado o 2008-06-22.
  14. 14,0 14,1 FMI. (en inglés)
  15. "Estimacións trimestrais do balance de pagos e de activos e pasivos externos da República Arxentina" (en español) (pdf). Sector externo/Balanza de pagos. Instituto Nacional de Estadística y Censos. http://www.indec.mecon.ar/nuevaweb/cuadros/19/balance_1_trim_08.pdf. Consultado o 2008-07-26.
  16. "Información económica" (en español) (xls). Información económica. Ministerio de Economía e Produción. marzo 2008. http://www.mecon.gov.ar/peconomica/basehome/infoeco.html. Consultado o 2008-06-22.
  17. "Estadísticas" (en español) (xls). SENASA. 2008. http://www.senasa.gov.ar/estadistica.php#. Consultado o 2008-06-22.
  18. Sentenza do xuíz Jorge Ballesteros no xuízo "Olmos, Alejandro c/ Martinez de Hoz y otros s/ Defraudación", do 13 de xuño de 2000
  19. "INDEC: a inflación de 2007 foi do 8,5%, a menor en catro anos" (en español). Diario Clarín. 08-01-2008. http://www.clarin.com/diario/2008/01/08/elpais/p-01101.htm. Consultado o 2008-08-07.
  20. "Incidencia da pobreza e indixencia no total de aglomerados urbanos1 e por rexión estadística" (en español) (xls). Condiciones de vida/Pobreza/Línea de pobreza y canasta básica. Instituto Nacional de Estadística y Censos. http://www.indec.mecon.ar/nuevaweb/cuadros/74/lineas1.xls.
  21. "Crece el déficit comercial con Brasil" es, Clarín, 8 de maio de 2006 (en castelán); "Xestións para equilibrar a balanza comercial entre Arxentina e Brasil", La Nación, 26 de marzo de 2008. (en castelán)
  22. Graciela Baquero (03/02/2006). "O Acordo entre Argentina e Brasil" (en español). Mercosur ABC. http://www.mercosurabc.com.ar/nota.asp?IdNota=642&IdSeccion=11. Consultado o 2008-06-22.
  23. Roman, José (2002) Panorama histórico do cine latinoamericano, Universidade de Chile. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arxentina

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso, María, Roberto Elisalde y Enrique Vázquez (1994). Historia Argentina y el Mundo Contemporáneo. Buenos Aires: editor Aique. ISBN 950-701-203-6.
  • Gerchunoff, Pablo, y Lucas Llach (1998). El ciclo de la ilusión y el desencanto: un siglo de políticas económicas argentinas. Buenos Aires: Ariel. ISBN 950-9122-57-2.
  • Guía Turística Argentina. Buenos Aires: Automóvil Club Argentino. 2008-2009. ISBN 7-7980-5273052-7.
  • LOPRESTI, Roberto P. (1998). Constitución Argentina Comentada. Buenos Aires: Unilat. ISBN 987-96049-3-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) - Reino Unido (Illas Malvinas)