Osetia do Sur
|
|||||
| Lingua oficial | Osetio | ||||
| Capital | Tskhinvali | ||||
| Presidente | Eduard Djabeevich Kokoity | ||||
| Primeiro Ministro | Igor Viktorovich Sanakoyev | ||||
| Área – Total – % agua |
3,900 km² n/a |
||||
| Poboación – Total – Densidade |
(2004) 70.000 (approx) 18/km² |
||||
| Independencia – Declarada – Recoñecida |
De Xeorxia – 28 de novembro de 1991 – non |
||||
| Moeda oficial | Rublo, Lari | ||||
| Zona horaria | UTC +3 | ||||
A República de Osetia do Sur (Osetio: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; Ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; Xeorxiano: სამხრეთი ოსეთია, Samkhreti Osetia) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chamaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Conflito de 2008
- Artigo principal: Conflito de Osetia do Sur de 2008.
| Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra indicar referencias a fontes fiábeis. |
Tras meses de tensións[1], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio osetio.
Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[2]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[3]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetios do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[4]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetias cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[5], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[6].
O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetios afirmaban ter o control da cidade[7].
O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.
[editar] Notas
- ↑ Nuevas campanadas de alerta en el Cáucaso (en castelán).
- ↑ N. Ossetia president: Georgian planes bomb out humanitarian aid convoy for S. Ossetia, (en inglés).
- ↑ Georgia begins war to retake South Ossetia (en inglés).
- ↑ Abkhazian army units advance to arms limitation zone with Georgia, (en inglés).
- ↑ CNN news.
- ↑ Fifteen Russian peacekeepers killed, 70 wounded, (en inglés).
- ↑ crise en Osetia do Sur, día a día. BBC News, (en inglés).