Batalla de Vitoria
| Batalla de Vitoria | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Parte de Guerra da Independencia Española, dentro das Guerras Napoleónicas | |||||||
Monumento a Independencia de España, Praza da Virxen Branca, Vitoria |
|||||||
|
|||||||
| Belixerantes | |||||||
| Líderes | |||||||
| Forzas en combate | |||||||
| 64.600 homes 153 canóns |
78.000 homes 96 canóns |
||||||
| Baixas | |||||||
| 15.300 mortos ou feridos 2.000 prisioneiros 152 canós capturados |
4.500 mortos | ||||||
A batalla de Vitoria foi librada o 21 de xuño de 1813, entre as tropas francesas, dirixidas polo mariscal Jean-Baptiste Jourdan, que escoltaban a Xosé Bonaparte na súa fuxida de España e un conglomerado de tropas británicas, españolas e portuguesas o mando de Arthur Wellesley, Duque de Wellington. A vitoria aliada sancionou a retirada definitiva das tropas francesas de España (con excepción de Cataluña), forzando a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay finalizando así a Guerra da Independencia española.
Anécdotas [editar]
Trala contenda as forzas francesas en retirada deixaron sobre o campo de batalla numerosas pezas de arte e riquezas, esquilmadas dende 1808 ao longo da xeografía Ibérica, cuantioso patrimonio histórico artístico perdeuse a mercede dos saqueadores que aproveitaron a situación despois da batalla.