Åland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Landskapet Åland
Ahvenanmaa maakunta
Rexión Autónoma de Åland
Bandeira de Åland Escudo de Åland
Bandeira Escudo
Lema: Illas de paz
Himno nacional: Ålänningens sång
 
Aland in its region.svg
 
Capital
 • Poboación
Mariehamn
11.286 (2013)
Linguas oficiais
Sueco1
Forma de goberno Estado Libre Asociado a Finlandia
Premier
Gobernador
Viveka Eriksson
Peter Lindbäck1
Acceso á UE
Autonomía
 • Declarada
 • Recoñecida
1 de xaneiro de 19952


1920
1921

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

13.324´36 km²
89%
0 km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 111º
28.355 (2011 est.)
18´14 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Euro3 (€, EUR)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
UTC+2
UTC+3
Dominio de Internet .ax4
Prefixo telefónico +358
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: UE, Consello Nórdico

1 O gobernador é un posto administrativo nomeado polo Goberno de Finlandia, mais non ten ningunha autoridade sobre o Goberno de Åland.
2 Åland fixo un referendo propio para entrar na Unión Europea, entrando finalmente á vez que o resto de Finlandia.
3 Dende 1999, antes marco finlandés. Está moi estendido o uso da moeda sueca.
4 Substitúe a .aland.fi dende agosto de 2006. Tamén se utiliza o .eu como en toda a Unión Europea.

Tódolos países do mundo

Åland (en sueco: Åland, en finés: Ahvenanma) é un territorio autónomo de Finlandia, constitúe unha das 19 rexións con que conta a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia desde a reforma de 2010. A capital administrativa é a cidade de Mariehamn (en finés Maarianhamina). A rexión consta de 16 municipios, entre os cales Marehamn é o único que ten o rango de cidade. A poboación das illas é duns 26.500 habitantes (2004), 10.700 dos cales viven na capital. As Illas Åland constitúen un territorio autónomo e desmilitarizado.

A rexión de Åland, situada no Mar Báltico entre Finlandia e Suecia, e formada de máis de 6.500 illas e illotes, ten un alto grao de autonomía, polo que as funcións do Goberno difiren das asignadas a outras rexións finlandesas. O Estatuto de Autonomía garante, entre outros, a posición predominante do idioma sueco no territorio rexional.

É membro asociado do Consello Nórdico.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas Åland ocupan unha situación estratéxica de grande importancia, ao dominar unha das entradas do porto de Estocolmo, ademais de estar situadas na entrada do Golfo de Botnia, e cerca do Golfo de Finlandia.

O arquipélago de Åland consta dunhas 300 illas habitables, das cales unas 80 están habitadas; o resto son simplemente unhas 6.000 illotes de rocas espidas. O arquipélago está sen solución de continuidade xunto co arquipélago de Turku no Leste, (finés: Turunmaan saaristo, sueco: Åbolands skärgård), o arquipélago adxacente á costa suroeste de Finlandia.

A superficie das illas xeralmente é rochosa, a cuberta de chan delgada, o clima extremo. Hai varios portos excelentes, o máis notable en Ytternäs.

As illas posúen unha extensión de terras emerxidas, área total de 1.512 km². O noventa por cento da poboación vive en Fasta Åland (a illa maior e principal), que tamén é o emprazamento da capital Mariehamn. Fasta Åland, con 50 km de norte a sur e 45 deste a oeste, posúe máis do 70% da área total da rexión.

Concellos[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

A economía das Åland está fortemente influída polo comercio marítimo e polo turismo. O comercio marítimo representa o 40% da economía, con varias compañías cuxos propietarios son de fóra das illas. A maior parte das compañías das illas son pequenas cun máximo de 10 empregados. A agricultura e a pesca son de relevancia combinadas coa industria alimentaria. Unhas poucas compañías contribúen ao bo desenvolvemento da economía.

Os portos máis importantes son Mariehamn (sur), Berghamn (oeste) e Långnäs na beira oriental da illa principal.

A abolición das vendas libres de impostos nos ferry que navegan entre destinos da Unión Europea e Finlandia require unha excepción para as illas Åland con respecto ao IVE aplicado. A excepción permite vendas libres de impostos nos ferrys entre Suecia e Finlandia (permitida na súa parada en Mariehamn), pero fixo de Åland, tamén unha zona diferenciada de impostos, significando que as tarifas non se aplican nas mercancías que se traen ás illas.

O desemprego ten unha porcentaxe menor que nas rexións veciñas, 1,8% en 2004.

Demografía[editar | editar a fonte]

A maioría dos habitantes falan sueco (a única lingua oficial) como lingua materna: 93,5% en 2001, aínda que hai tamén falantes de finés. No resto de Finlandia, ambos os idiomas finés e sueco son idiomas oficiais. A inmensa maioría da poboación, 94,8%, pertencen á igrexa evanxélica luterana de Finlandia.

O asunto da etnia á que pertencen os habitantes das Åland, e a correcta clasificación lingüística do seu idioma, permanece aínda no terreo da controversia. Pódense considerar etnicamente como suecos, ou sueco-finlandeses, con todo a súa lingua está máis próxima aos dialectos de Suecia que aos dialectos da Finlandia sueca.

Mapa do arquipélago de Åland e do arquipélago de Turku

Véxase Tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]