Lingua leonesa
| Leonés (Llionés) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | ||
| Rexións: | León e Zamora | |
| Total de falantes: | 25.000 falantes | |
| Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Itálo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Ibero-occidental Asturleonesa Leonés |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Oficial en Portugal. Recoñecida en Castela e León. | |
| Regulado por: | Non está regulado. | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
O leonés (llionés) é unha lingua románica desenvolvida a partir do latín vulgar e que forma parte do dominio lingüístico asturleonés xunto co mirandés e o asturiano, o dominio tradicionalmente tamén recibe simplemente o nome de leonés [1]. Non hai conciencia entre os falantes das tres modalidades lingüísticas de constituíren unha única lingua, así e todo a Academia de la Llingua Asturiana procura fomentar unha converxencia entre os diferentes estándares do dominio [2], e tamén unha parte importante dos escritores leoneses escriben coas normas ortográficas da lingua asturiana, así o fan Eva González, Roberto González-Quevedo, Hector Xil ou Xosepe Vega. O leonés é a lingua patrimonial de gran parte das provincias españolas de León e Zamora.
Índice |
Situación actual [editar]
A situación do leonés como lingua minorizada levou ao leonés preto da extinción, estando considerada como unha lingua en perigo pola UNESCO. Estanse a facer algúns esforzos para gañar aceptación entre a poboación urbana (O Consello Leonés e outros concellos como Zamora, Coyanza, Mansilla de las Mulas ou La Bañeza fan campañas para o ensino do leonés). Hoxe mantense viva non só no norte da provincia de León e na serra da Cabreira, tamén é falada pola xente maior do oeste de Zamora.
A pesar das dificultades, o número de xente nova que aprende e o usa (na súa maioría na escrita) rexistrou un incremento nos últimos anos, na súa meirande parte en grupos intelectuais e políticos orgullosos da súa identidade rexional/nacional, como por exemplo a Asociación Cultural de la Llingua Llïonesa El Fueyu en León e Zamora, a Asociacion Berciana en Defensa de la Llingua Llïonesa El Toralín no Bierzo. Hai tamén diversas asociacións culturais en León, que traballan para o recoñecemento e dignidade da lingua leonesa, é o caso de Furmientu, Facendera pola Llengua e La Caleya.
Presenza social [editar]
En varios concellos da provincia leonesa e de Zamora comeza a empregarse o leonés nalgunhas das súas comunicacións; e organizacións, colectivos e asociacións de distinto tipo, como Conceyu Xoven, ou o Conseyu da Mocedá de de la Ciudá de Llión (Consello Local da Mocidade) utilizan o leonés na súa denominación e actividades. Hai varias asociacións que defenden esta lingua, como Furmientu, Facendera pola Llengua, La Caleya, Faceira, El Teixu, El Fueyu en León e Zamora, El Toralín na Comarca do Bierzo.
Recoñecemento legal [editar]
Oficial en Portugal.
A única referencia legal que existe actualmente aparece na reforma do Estatuto de Castela e León, que marca no artigo 5ª do Título Preliminar:
«o leonés será obxecto de protección específica por parte das institucións polo seu particular valor dentro do patrimonio lingüístico da Comunidade. A súa protección, uso e promoción serán obxecto de regulación».
A Deputación provincial de León promoveu o leonés coa sinatura dun convenio coa Asociación Cultural da Lingua Leonesa "El Fueyu" para o ensino do leonés, así como os concellos de León, Mansiella (Mansilla), Coyanza (Valencia de Don Juan), La Bañeza e Zamora.
Leonés/asturiano/mirandés [editar]
O leonés, asturiano e mirandés son os tres nomes glotónimos pertencentes ao dominio lingüístico leonés ou astur-leonés. Para a codificación do asturiano sustentouse a base no dialecto central falado en Asturias, base do asturiano normativo. O leonés, con todo, é unha koiné dialectal baseada nos dialectos berciano-xabrés e cepedano-maragato-alistano, do que existe unha maior proporción no leonés que se escribe hoxe en día; e do ribeirego-alistano. O mirandés deu maior preponderancia ao propio mirandés que ao sendinés, servindo o primeiro de modelo normativo.
Sociolingüística
Asturianos e leoneses consideran os dous idiomas como "linguas diferentes": mentres un 82,6% dos asturianos consideran que non existe asturiano máis aló das fronteiras da comunidade autónoma (II Estudo Sociolingüístico de Asturias. Llera Ramo e San Martín Antuña, 2002), no I Estudiu Sociollingüísticu de Lleón (González Riaño e García Arias, 2006) case o 70% dos leoneses do norte da provincia de León dicían que leonés e asturiano non eran a mesma lingua. Os mirandeses, xa desde a Convenção Ortográfica da Língua Mirandesa de 1999, aínda que falan de "Zonas leonesas en Portugal" identifican o mirandés como un idioma diferenciado.
Exemplo [editar]
Tomouse o artigo 1º, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:
Tódolos seres humanos ñacen llibres y iguales en dignidá y dreitos y, dotaos cumo están de razón y concéncia, han portase fraternalmente los unos pa coños outros.
Llengua Llionesa e linguas romances [editar]
| Leonés | Portugués | Francés | Italiano | Veneciano | Español | Piemontés | Latín | Galego |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| faere | fazer | faire | fare | far | hacer | fé | facere | facer |
| fíu | filho | fils | figlio | fio(l) | hijo | fieul | filius | fillo |
| fame | fome | faim | fame | fame | hambre | fam | famis | fame |
| gochu | porco | cochon | maiale | porse(l)o | cerdo | crin | sus | porco / cocho |
| vieyu | velho | vieux | vecchio | vecio | viejo | vecc | vetus | vello |
| chovere | chover | pleuvoir | piovere | piòvar | llover | pieuve | pluere | chover |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Héctor García Gil. El asturiano-leonés: aspectos lingüísticos, sociolingüísticos y legislación
- Academia de la Llingua Asturiana
- González i Planas, Francesc. Institutum Studiorum Romanicorum «Romania Minor». The Asturleonese Dialects.
- La Caleya Asociación astorgana en defensa da lingua leonesa
- Furmientu Asociación zamorana en defensa da lingua leonesa
- Faceira Asociación leonesa en defensa da lingua leonesa
- El Teixu Asociación astorgana en defesa da lingua leonesa
- Contraste entre o galego e o leonés, programa da TVG Ben Falado
Notas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||