Camiño de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Camiño de Santiago
Ways of St. James in Europe.png
O Camiño de Santiago
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1993
País: España
Localización: Europa
Rexión: Non dispoñible
Tipo: Non dispoñible
Criterios: (ii) (iv) (vi)
Descrición UNESCO: fr en

O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos (presumiblemente) do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II.

Índice

Vías [editar]

O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento:

Cuncha de Santiago

Historia [editar]

Santiago apóstolo

No ano 813 tivo lugar o acontecemento relixioso máis importante da Europa cristiá medieval, o descubrimento en Galicia, dunha arca cuxos restos foron atribuídos ao Apóstolo Santiago. Segundo a tradición cristiá, nese ano un ermitán albiscou nas inmediacións do castro Libredón (antiga Santiago de Compostela) unha estrela sobre unha arca de mármore. Avisado o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, este acudiu axiña ao lugar, identificando os restos atopados como o corpo decapitado do Apóstolo Santiago. Este "inventio" foi acto seguido, atendido polo monarca galego-ovetense, Afonso II (791-842), quen, tras peregrinar ao sartego no mesmo ano, ordenou edificar unha igrexa arredor da tumba "santa" e estableceu unha comunidade relixiosa permanente, espallando a nova por toda a cristiandade europea. O culto a Santiago esténdese por Galicia e Asturias. Afonso III o Magno peregrinou no 872 e volveu no 874 coa raíña Ximena, ordenou edificar unha nova basílica, que consagraron no ano 899 e é no seu reinado cando a peregrinación cara a Compostela chega ata os Pireneos. A Diocese de Iria e o seu titular, convertéronse nas máis poderosa administración eclesiástica non só da Gallaecia altomedieval, senón de toda a península ibérica, acrecentando o seu poder coas constantes doazóns por parte dos monarcas, á igrexa compostelá.

No século X comezou a desenvolverse o camiño francés, coa chegada de peregrinos de Tours, Limoges e Le Puy, e mesmo a mediados do século chega en peregrinación o bispo de Le Puy, Gotescalco, un dos primeiros peregrinos de nome coñecido.

A comezos do século XI, Sancho III O Maior fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pireneos e Náxera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana que substituíu o percorrido anterior que cruzaba Álava. Tamén a el se lle debe a influencia cluniaciense por todo o camiño. Convertida no terceiro centro de peregrinación da Cristiandade —só despois de Xerusalén e Roma—, foi a partir do século XI e principalmente XII, cando desde numerosos puntos de Europa comecen a chegar peregrinos, ben desde Occitania, Francia, Navarra ou Aragón-Cataluña vía terrestre, ben desde as Illas Británicas, Escandinavia, ou Alemaña vía marítima. Afonso VI de León e Castela e Sancho Ramírez de Navarra, tamén no século XI, dotaron de infraestruturas as vilas polas que pasaba o camiño: construción de hospitais para os peregrinos, pontes, melloras no trazado viario, e favoreceu as repoboacións das cidades do camiño, en especial con francos e eximindo do pago dalgúns portádegos aos peregrinos.

O fenómeno xacobeo, foi decisivo na conformación cultural-económica do reino de Galicia, debedor en gran medida ao auxe conseguido durante a titularidade de Diego Xelmírez (1100-1136) convertendo Compostela en sé metropolitana (ano 1122), a máis importante dignidade de todo Occidente despois de Roma. Arredor do sepulcro apostólico, medrou non só unha catedral —centro artístico-relixioso de primeira magnitude— senón unha vila e posteriormente unha cidade, perfectamente establecida na Baixa Idade Media, cunha actividade comercial derivada da súa condición de cidade santa, onde se coroarían reis galegos, onde medraría a grande escola galego-portuguesa, e onde reside desde a Idade Media a capital de Galicia. Os estudos histórico-arqueolóxicos levados a cabo no século XX na propia catedral, revelaron non obstante, que desde época galaico-romana e sueva, Compostela fora un lugar relevante onde xa se soterraban importantes dignidades civís ou relixiosas moito antes do ano 813, o que motivou a diversos especialistas a defender que o corpo atribuído ao apóstolo Santiago fora en realidade o de Prisciliano, patriarca da igrexa galega, decapitado en Tréveris no ano 385.

Visitantes[1] [editar]

Estatua en Pontevedra.
ano
1985-6 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994
Peregrinos 2.491 2.905 3.501 5.760 4.918 7.274 9.764 99.436 15.863
Dos cales o número de estranxeiros 2.391 2.151 2.330 2.751 5.093 4.183


ano
1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004
Peregrinos 19.821 23.218 25.179 30.126 154.613 55.004 61.418 68.952 74.614 179.944
Dos cales o número de estranxeiros 5.757 6.710 7.671 12.173 20.403 19.925 21.854 27.355 30.518 43.873


ano
2005 2006 2007 2008 2009 2010
Peregrinos 93.924 100.377 114.026 125.141 145.877 270.800
Dos cales o número de estranxeiros 48.166 58.700 64.029 66.870


Galería de imaxes [editar]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do Camiño de Santiago

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]