Praza de touros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da praza de Las Ventas, en Madrid.
As prazas de touros son recintos pechados, xeralmente circulares e descubertos, onde se celebran as corridas de touros. Os seus estilos arquitectónicos son diversos de acordo ao maior ou menor grao de antigüidade, aínda que na actualidade predominan as de estilo neomudéxar. Teñen a súa orixe na Europa antiga. Principalmente consiste nun anfiteatro pechado de forma aproximadamente circular con bancadas e servizos que rodean un espazo central onde se realiza o espectáculo taurino, chamado ruedo, un terreo de terra batida (arena) rodeado dunha ruela onde se preparan e refuxian os toureiros.
En Galicia existen prazas de touros en Pontevedra e A Coruña, aínda que esta última 'O Colisseum' é realmente un multiusos.