Xeografía de España
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
España localízase no suroeste de Europa e comprende o 84 % da Península Ibérica. A súa superficie total é de 504.782 km², deles 499.542 km² é terra e 5.240 km² auga.
Das fronteiras de España, 4.964 km (88 %) é costa e 1917,8 km terra (12 %). Comparte con Portugal unha fronteira de 1.214 km, con Francia 623 km, con Andorra 63 km, con Marrocos 16 km e con Xibraltar 1,2 km. A costa mediterránea abrangue 1.660 km, a atlántica 710 km. Os Pireneos esténdense ao longo de 435 km entre o Golfo de Biscaia e o Mediterráneo. O estreito de Xibraltar separa España e Europa de Marrocos, no norte de África.
Fóra do territorio peninsular, España exerce a soberanía sobre as illas Baleares, as Canarias, Ceuta, Melilla, as illas Chafarinas, Peñón de Alhucemas e Peñón de Vélez de la Gomera.