Acordo de Belfast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Acordo de Belfast (ou Acordo do Venres Santo) foi asinado en Belfast o 10 de abril de 1998 entre os gobernos irlandés e británico e diferentes partidos políticos (entre eles o Sinn Féin). Por aprobalo fíxose un referendo tanto en Irlanda do Norte como na República de Irlanda. Entre os puntos máis importantes do Acordo hai:

  • O desarmamento dos grupos paramilitares.
  • A creación do Consello Británico-irlandés con representantes de todas as partes das Illas Británicas.
  • Un compromiso de paz dos partidos políticos da rexión.
  • A liberación dos presos que pertenzan a organizacións que acorden a alto o fogo.
  • A intención de que o futuro constitucional en Irlanda do Norte será determinado polo desexo democrático da poboación.

O acordo significou que o IRA Provisional abandonara as súas actividades armadas. O IRA Auténtico, o Oficial e o IRA da Continuidade non asinaron este acordo.

Si Non Participación
Irlanda do Norte 676,966 (71%) 274,879 (29%) 81%
República de Irlanda 1,442,583 (94%) 85,748 (6%) 56%