Cultura dos Campos de Urnas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de distribución da Cultura dos campos de Urnas en Europa (-1300 - -750). Son as cores laranxa e vermella no mapa.
Ampliación da cultura dos campos de urnas en Europa

A coñecida como cultura dos campos de urnas é un ritual da cultura indoeuropea da Idade do Bronce de Europa central, caracterizada polas súas necrópoles de incineración e a gran expansión que levaron a cabo no século -XIII.

Características[editar | editar a fonte]

Os pobos indoeuropeos occidentais afincados ao norte dos Alpes compartían unha cultura común desde o século -XV (Cultura dos Túmulos). No século -XIII estenderase o costume da incineración e o depósito das cinzas nas características urnas. Coincidindo con este fenómeno cultural, estes pobos, entre os que se atopan os celtas, itálicos e ilirios, inician unha rápida expansión que os leva a conquistar gran parte dos Balcáns e porcións menores de Europa occidental. Tamén destruíron o Imperio Hitita, apoderándose do segredo da metalurxia do ferro. Posteriormente (s. XII) proseguiron as súas campañas por mar, atacando Exipto e colonizando Filistea. Case con certeza, estes centroeuropeos, xa helenizados, constitúen a misteriosa orixe dos dorios que invadirían Grecia no s. XI, destruíndo a civilización micénica (ver Micenas).

Hábitat[editar | editar a fonte]

Adoitan ter defensas artificiais ou naturais, en ocasións ambas. As casas son realizadas maioritariamente en madeira e barro, con forma rectangular e trapezoidal

Enterramentos[editar | editar a fonte]

O común é o rito de incineración. Hai tamén outras variantes:

  • Foxo escavado na terra, no que se deposita a urna.
  • Sen urna, directamente no foxo.
  • Urnas cubertas por círculos de pedras, cistas, etc.
  • Túmulos planos rodeando a fosa.
  • Fosas grandes.

No enxoval adoita haber cerámica e metais. Ás veces, as necrópoles están delimitadas por recintos rituais, xeralmente fosos, de planta circular ou cuadrangular.

Economía[editar | editar a fonte]

Hai abundancia de muíños de pedra, aixolas de bronce e fouces, tamén hai existencia de celeiros. Hai proliferación de oficios e especialización artesanal. Con respecto ao comercio, intensifícanse as relacións comerciais. Melloran os transportes, co uso do carro e do cabalo como animal de tiro. Nace o comercio do sal e iníciase a produción de vidro. A cerámica e a ourivería experimentan un auxe, multiplicándose tamén os centros metalúrxicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]