Día de Tódolos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tódolos Santos, por Fra Anxélico

O Día de Tódolos Santos é unha solemnidade cristiá instituída en honra de todos os Santos, coñecidos e descoñecidos, segundo o papa Urbano IV, para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis.

Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro; mentres que na Igrexa Ortodoxa se celebra o primeiro domingo despois de Pentecoste; aínda que tamén a celebran as Igrexas Anglicana e Luterana. Nesta data venérase a todos os santos que non teñen unha festa propia no calendario litúrxico. Por tradición é un día feriado non laborable.

En Galicia o día de Tódolos Santos coincide co Magosto.

[editar] Os Santos na cultura popular galega

[editar] Refraneiro

  • Bendito mes, que empeza con Santos e acaba con san Andrés.
  • Bendito mes, que empeza con Santos, media con san Uxio e remata con san Andrés.
  • Dende Santos a Nadal é inverno natural.
  • De Santos a Navidá é inverno de verdá.
  • De Santos a san Andrés, xiar, nevar ou chover ou tódalas cousas á ves.
  • De Santos a san Martín, aínda foza o cuín, e, pasado san Martiño, cuín, cuín, ó chamboril.
  • De Todos Santos a san Andrés, de chuvias e neves é.
  • Día dos Santos, pan e viño en todos ancos.
  • Entre Santos e Nadal, ben chover, mellor nevar.
  • Entre Santos e Nadal fai inverno carnal.
  • Millo santoeiro non chega ó celeiro.
  • Polos Santos, a neve polos altos; por san Martiño, lobos no camiño; e por san Andrés, neve ós pés.
  • Polos Santos, agros verdes, picoutos brancos.
  • Polos Santos, no pío me farto; por san Martín, lévanme ó chamboril; e por san Andrés, rixóns a rustrir.
  • Por Santos inda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
  • Por Santos sacha a horta e capa o rancho.
  • Santos e Nadal, inverno caroal.

A festividade de Tódolos Santos dá nome ó propio mes de novembro:

  • Cando Santos acaba, o inverno empeza.
  • De Santos ás Candelas, brétemas e xiadas son parceiras.
  • No mes de Santos, a máis tardar, ponte a sementar.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas