Provincia de Pontevedra
| Capital | Pontevedra |
| Área | 4.495 km² |
| Poboación | 959.764 |
| Densidade | 213.52 hab./km² |
| Concellos | 62 |
| Xentilicio | Pontevedrés, Pontevedresa |
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 81.576 habitantes en 2009, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 297.332 habitantes (tamén en 2009).
Índice |
[editar] Demografía
A súa poboación era de 959.764 habitantes en 2009 (464.365 homes e 495.369 mulleres), o que reflicte un aumento respecto a 2007, con 947.639 habitantes. Representa o 34,24 % da poboación galega aínda que, en superficie, Pontevedra só supón o 15,2 %. A cidade máis grande e poboada da provincia é Vigo.
| Evolución da poboación de Provincia de Pontevedra - desde 1900 ata 2010 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2010 |
| 457.262 | 568.011 | 671.609 | 859.897 | 930.931 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||

Obsérvase un crecemento demográfico constante desde os censos que tiña xa no XIX (495.721 habitantes en 1900, 685.801 en 1940), atenuándose o incremento notablemente entre os anos 1940 e 1960 a consecuencia da emigración a Europa e a outras zonas de España. Esta tendencia estabilizadora rómpese co desenvolvemento industrial de Vigo que, nos últimos decenios do século XX, permite incrementos no censo de ata o 13 % entre os anos 70 e 80. A partir deste momento prodúcese unha nova desaceleración (a poboación crece só un 2 % entre os anos 1990 e 2000) mantendo sempre unha liña ascendente.
Pontevedra é a provincia máis poboada da Comunidade, cunha densidade de poboación de 212,12 habitantes por km², fronte á media de 94,14 no conxunto de Galicia. A poboación distribúese de forma moi irregular e aparece concentrada nos municipios costeiros: só Pontevedra e Vigo concentran o 39,5 % dos habitantes da provincia.
A concentración de habitantes en Vigo [1] trouxo consigo a demanda desta cidade de situar alí certos servizos administrativos. Tanto a Administración autonómica como a periférica estatal localizaron en Vigo diversas unidades administrativas, como a Delegación Provincial de Pesca. Este fenómeno tamén deu pé a movementos sociais que reivindican a capitalidade ou a creación dunha quinta provincia galega que acolla a Vigo e a súa área de influencia. Coa reforma da estrutura orgánica periférica da Xunta aprobada polo goberno de Feijóo a principios de 2009, Vigo equipárase ás catro capitais de provincia coa creación de cinco Delegados do Goberno.
[editar] Xeografía
A extensión xeográfica da provincia son 4.495 km², o que a converte nunha das provincias menos extensas de España, só por encima das provincias vascas e canarias.
Xeoloxicamente, considérase dividida en tres seccións verticais: unha zona costeira cara a occidente, unha zona de montaña cara a oriente e unha depresión central.
A fachada marítima está formada por 507 km de costas diversas, entre a ría de Arousa (que separa Pontevedra da Coruña) e a desembocadura do Miño (que a separa de Portugal). Outras rías definitorias da costa pontevedresa son a de Pontevedra e a de Vigo. Constitúen o conxunto denominado Rías Baixas e son as rías galegas máis grandes: de entre 20 e 30 km de lonxitude e de profundidades que chegan a supera-los 50 metros. Fronte a estas rías distribúese un importante número de illas e illotes, entre as que cómpre destaca-los arquipélagos de Ons e as Cíes, así como as illas de Cortegada, Malveiras, Arousa, A Toxa, Tambo, San Simón e Toralla.
A partir deste bordo costeiro ábrese unha chaira cunha altitude media que varía entre os 100 metros na foxa de Caldas ós 500-800 metros no centro e sur. Nesta chaira elévanse alturas residuais como os montes Xiabre, Castrove, o Galiñeiro ou A Groba.
Cara ó leste érguese unha zona montañosa conformada polas cadeas de Farelo, Faro, Candán ou do Suído, entre outras.
[editar] Hidrografía
A provincia está percorrida por diversos ríos, todos eles de dirección leste-oeste, de caudal abundante e regular. Son o Ulla (que marca o límite coa provincia da Coruña), o Umia, o Lérez, o Verdugo, o Oitavén e o Miño (que marca o límite con Portugal). A esta rede fluvial hai que sumar numerosos cursos menores que van desemboscar na costa atlántica.
Cómpre destaca-los encoros de Portodemouros, Pontillón, Caldas e Zamáns.
[editar] Climatoloxía
O clima dominante é o atlántico temperado húmido, normalmente benigno polo efecto moderador oceánico. Tendo en conta os datos procedentes da estación de Lourizán (representativos das Rías Baixas) e de Mouriscade (Lalín) (representativos da zona alta do interior), a temperatura media oscila en torno ós 15 °C. As máximas superan os 30 °C en xullo e agosto e as mínimas chegan ós 0 °C en xaneiro, aínda que no interior poden chegar a -14 °C.
As choivas son abondosas, polas de masas de aire húmidas introducidas polas correntes de sudoeste que penetran facilmente ó longo das rías. As cifras medias oscilan entre os 1.500 e os 2.000 milímetros de auga anuais na costa e superan os 2.000 mm no interior montañoso, onde non son raras as precipitacións en forma de neve. As néboas son un fenómeno habitual, sobre todo ó longo dos ríos.
[editar] Espazos naturais
As condicións orográficas e climatolóxicas permitiron un alto nivel de biodiversidade en distintas zonas da provincia, algunhas delas recoñecidas como espazos naturais con diferente grao de protección:
- Parque Nacional:
- Parques Naturais:
- Lugares de Importancia Comunitaria (LIC):
- Monumento Natural:
- Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA):
- Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR):
- Outros espazos:
[editar] Economía
[editar] Divisións administrativa e relixiosa
Pontevedra divídese en 62 concellos (véxase a lista de concellos de Pontevedra), distribuídos en 10 comarcas [3]:
- O Baixo Miño: comprende os seguintes concellos: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.
- Caldas: comprende os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.
- O Condado: comprende os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
- Deza: comprende os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
- O Morrazo: comprende os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.
- A Paradanta: comprende os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente.
- Pontevedra: comprende os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
- O Salnés: comprende os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
- Tabeirós-Terra de Montes: comprende os concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.
- Vigo: comprende os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
Así mesmo, a provincia está dividida en 7 partidos xudiciais (Cambados, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui e Vigo).
Os concellos pontevedreses distribúense en tres dioceses: de Tui-Vigo, de Santiago de Compostela e de Lugo.
- Lista dos concellos máis poboados da provincia:
| Posición | Concello | Poboación |
| 1º | Vigo | 297.332 |
| 2º | Pontevedra | 81.576 |
| 3º | Vilagarcía de Arousa | 37.576 |
| 4º | Redondela | 30.001 |
| 5º | Marín | 25.969 |
| 6º | Cangas | 25.748 |
| 7º | Ponteareas | 23.172 |
| 8º | A Estrada | 21.880 |
| 9º | Lalín | 21.254 |
| 10º | Moaña | 19.014 |
| 11º | Nigrán | 18.021 |
| 12º | O Porriño | 17.475 |
| 13º | Sanxenxo | 17.315 |
| 14º | Tui | 17.262 |
| 15º | Poio | 16.043 |
| 16º | Mos | 14.650 |
| 17º | Gondomar | 13.841 |
| 18º | Cambados | 13.708 |
| 19º | Tomiño | 13.315 |
| 20º | Bueu | 12.331 |
| 21º | Baiona | 12.091 |
| 22º | O Grove | 11.250 |
| 23º | Vilanova de Arousa | 10.719 |
| 24º | A Guarda | 10.425 |
| 25º | Caldas de Reis | 10.036 |
| 26º | Salvaterra de Miño | 9.293 |
| 28º | Silleda | 9.248 |
| 29º | Salceda de Caselas | 8.289 |
|
|||||
[editar] Símbolos de Pontevedra
No escudo de Pontevedra represéntase, sobre fondo azul, unha ponte de tres ollos, con elementos da muralla nos extremos da ponte e un cruceiro no centro. Estes mesmos elementos forman o escudo da capital.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- GRAN ENCICLOPEDIA GALEGA, s. v. Pontevedra
- LEIRO, Adela; DAPORTA, Mon e CAAMAÑO RIVAS, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo, 2003.
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||