Kosovo - Kosovë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kosovo")
Republika e Kosovës
República de Kosovo
Bandeira de Kosovo Escudo de Kosovo
Bandeira Escudo
 
Europe location KOS.png
 
Capital
 • Poboación
Pristina
550.000 hab. (2005)
Cidade máis poboada Pristina
Linguas Albanés e serbio
Forma de goberno República
Fatmir Sejdiu
Hashim Thaçi
Independencia
De Serbia
17 de febreiro de 2008
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 167º
10.908 km²

700,7 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 142º
2.126.708 (2007)
195,34 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita

US$ 3.237 mill.
US$ 1.522 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita

US$ 4.000 mill.
US$ 1.881 (2007)
IDH n/d
Moeda Euro (€, EUR)
Xentilicio Kosovar
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico +381
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Tódolos países do mundo

Kosovo, (en albanés Kosovë ou Kosova; en serbio Косово, transcrito Kosovo), é un estado que se autoproclamou independente o 17 de febreiro de 2008, parcialmente recoñecido pola comunidade internacional[1], e que para Serbia, Rusia, China, A India, Romanía ou a mesma España, é a provincia autónoma de Kosovo e Metohija, malia ter declarado a Corte Internacional de Xustiza que a conversión en Estado de Kosovo non vulnera a legalidade internacional[2].

A maioría da poboación é albanesa (nun 88% segundo datos do 2003). A primeira declaración da independencia da República de Kosovo tivo lugar en 1990, pero non foi recoñecida, agás por Albania. Trala independencia de Montenegro, Kosovo turrou para consuerir a súa de Serbia, e anunciouna de xeito unilateral o 17 de febreiro de 2008[3].

Índice

[editar] Etimoloxía

A orixe do topónimo Kosovo parece ser eslava. De feito, a palabra serbia косово (en alfabeto latino Kosovo, pronunciado [ˈkɔsɔvɔ]) é o adxectivo posesivo neutro de кос (kos, «merlo»)[4]. Trataríase, xa que logo, dunha elipse do nome Kosovo Polje (lugar da famosa batalla de Kosovo no 1389) que significa campo dos merlos.

No galego, á parte de Kosovo, recóllense as denominacións Kosova, Kósovo, Cosova e Cosovo.

Dentro do país, a pronunciación e a escritura do nome varían considerablemente entre os principais grupos étnicos. Os albaneses utilizan Kosova (forma definida, pronunciada [kɔˈsova]) ou Kosovë (forma indefinida, pronunciada [kɔˈsoːv]). Os serbios prefiren a denominación Косово и Метохија (Kosovo i Metohija), distinguindo a zona oriental (á que chaman Kosovo) da occidental (Metohija)[5].

Metohija deriva da palabra grega μετόχια (metochia) que significa "terra propiedade da igrexa". Historicamente, os mosteiros da Igrexa ortodoxa serbia situáronse principalmente en Kosovo. O nome en xeral é empregado polos serbokosovares mentres que os albanokosovares denomínano Rrafsh e Dukagjinit ("meseta do duque Gjin", en honor dun nobre albanés). Durante o goberno serbio a zona denominábase oficialmente "Kosovo e Metohija", aínda que ás veces empregábase a contracción Kosmet.

As organizacións internacionais tentaron utilizar a fórmula Kosovo/Kosova como un camiño intermedio entre ámbalas dúas posicións, que a miúdo son consideradas ofensivas polo outro grupo étnico. Porén, mentres o uso serbio asentou con maior forza na comunidade internacional, o albanés é utilizado polas forzas de ocupación asentadas no país.

[editar] Xeografía

Cunha extensión de 10.887 km² e unha poboación de máis de 2 millóns de habitantes antes da crise de 1999, Kosovo limita ó noroeste con Montenegro, ó norte con Serbia, ó sur coa República de Macedonia e ó suroeste con Albania.

As cidades principais son Pristina, a capital, cunha poboación estimada en 2005 de 254.021 habitantes, e Prizren, ó suroeste, con 159.145. Cinco cidades máis pasan dos 50.000 habitantes: Ferizaj (ou Uroševac), Gjakova (ou Đakovica), Peja (ou Peć), Gnjilane e Mitrovica.

O complexo mapa étnico da provincia inclúe latinos, turcos, arromaneses, romanís, goranis (eslavos de relixión musulmá), circaciáns e xudeus, ademais de serbios e albaneses. A gran maioría da poboación é albanesa, e o segundo grupo en importancia son os serbios, distribuídos de forma irregular no territorio, pero principalmente na fronteira setentrional.

[editar] Historia

Antiga bandeira dos iugoslavos de lingua albanesa

Antigos nomes oficiais:

  • Área autónoma de Kosovo-Metohija (1945 - 1963)
  • Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1963 - 1968)
  • Provincia Socialista Autónoma de Kosovo (1968 - 1989)
  • Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1989 - 1990)

A Kosovo moderna existiu só como entidade política ou territorial dende 1945. Antes o territorio foi gobernado de forma completa ou parcial por Italia, Albania, Serbia, Montenegro, o Imperio Otomán, o Imperio Bizantino, Bulgaria e o Imperio Romano. Aínda que se ten suxerido que Kosovo foi unha rexión distintiva dende a antigüidade, os descubrimentos arqueolóxicos e os rexistros históricos contradín esta información.

A independencia foi proclamada polo parlamento cosovar o 17 de febreiro de 2008. A seguir, o día 18 de febreiro foi recoñecida esa independencia polas grandes potencias occidentais Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Italia ou Alemaña, e pola maioría dos países da Unión Europea, agás Grecia, Eslovaquia, Chipre, Romanía, Bulgaria e España. Rusia e China tampouco recoñeceron o goberno cosovar.

[editar] Notas

  1. Un total de 69 países membros da ONU recoñecen, a data de xullo de 2010, a Kosovo como Estado; entre eles figuran os Estados Unidos de América, Xapón e até 22 membros da Unión Europea.
  2. La independencia de Kosovo no viola la legalidad internacional, nova aparecida no diario Público o 22 de xullo de 2010.
  3. Kosovo é xa "un estado democrático, libre e independente", GzNación, 17.02.08
  4. "The name Kosovo". Dr John-Peter Maher, Professor Emeritus of Linguistics, Northeastern Illinois University
  5. Constitution of the Republic of Serbia

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas