Río Guadiana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Guadiana
O Guadiana ó seu paso por Mértola (Portugal)
{{{lenda}}}
Nacemento: Fuente del Ojuelo, Albacete
Altitude da fonte: {{{altitude da fonte}}}
Lonxitude: 744 km
Caudal medio: 70 m³/s
Conca: {{{conca}}}
País: España e Portugal
Desemboca: Océano Atlántico

O río Guadiana (español Guadiana; portugués Guadiana e Odiana) é un dos ríos máis importantes da Península Ibérica. O seu nome procede do árabe wadi e do latín Anas, este tomado dalgunha das línguas prelatinas do sur peninsular. Durante o período de dominación romana o río facía de fronteira natural entre as provincias da Bética e da Lusitania e é citado polo cronista Plinio na súa obra Historia Natural. Actualmente , o seu curso baixo divide España e Portugal, desembocando entre Ayamonte (Huelva) e Vila Real de Santo Antonio (Portugal).

Índice

[editar] Situación xeográfica

Río Guadiana

Nace en Fuente del Ojuelo (Viveros, Albacete), no tramo do río Pinilla, ata as Lagoas de Ruidera (folla cartográfica: 788), que forman o chamado Guadiana Vello ou Guadiana Alto. A seguir, atravesa terreos moi permeables, polo que chega a desaparecer e reaparecer nuns pequenos mananciais chamados Ollos do Guadiana, en Villarubia de los Ojos (Ciudad Real), no tramo denominado Guadiana medio. En realidade, a causa da sobrexplotación do río e dos afluentes, podemos afirmar que volve nacer unha vez pasado os Ollos do Guadiana. Finalmente, percorre a provincia de Ciudad Real e as comunidades de Estremadura e Andalucía (Guadiana propiamente dito), para desembocar no Océano Atlántico por Ayamonte (Huelva) (folla catográfica: 998).

[editar] Afluentes

Ó longo dos seus 744 km de curso recibe auga dos seguintes afluentes:

[editar] Réxime

Canto ó seu réxime fluvial, o Guadiana é de caudal escaso, uns 70 m3/s en Ayamonte, cun máximo en inverno, coincidindo co periodo de máis choivas. Inmediatamente despois de entrar en Portugal, construíuse o embalse de Alqueva.

En novembro de 1997 produciuse unha grande inundación, con desbordamentos na provincia de Badaxoz e numerosas perdas humanas e materiais.


[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais