Sufraxio universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escravos votando en Nova Orleans en 1867

O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independientemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comenzou a estares en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regula-lo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só hombres que cumplisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).

Limitacións ao sufraxio universal[editar | editar a fonte]

A pesares de ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou rexímenes políticos.

No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Sudáfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.

Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade extranxiera, cidadáns convitos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser presionados ou intencionados por terceiros. No caso dos convitos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos extranxieros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.

Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran extraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas sudamericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como perxudicial para a disciplina militar.

Cronoloxía do sufraxio universal por países[editar | editar a fonte]

A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.

Europa[editar | editar a fonte]

Asia e Oceanía[editar | editar a fonte]

América[editar | editar a fonte]

África[editar | editar a fonte]