Lingua aranesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Aranés (Aranés) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | España | |
| Rexión: | Val de Arán | |
| Total de falantes: | 2.765 (censo 2001) | |
| Clasificación xenética: | Indoeuropea Linguas itálicas Linguas romances Linguas galorromances Aranés |
|
| Regulado por: | Consello Xeral de Arán (Conselh Generau d'Aran) |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | oc | |
| ISO 639-2: | oci (B), gsc (T) | |
O aranés é unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña, onde é unha das tres linguas oficiais alén do catalán e do castelán.
Considerada unha vez como "lingua en perigo", e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e disfrutando dun estatus de cooficialide na Comunidade Autónoma de Cataluña.
Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% pódena falar. Grazas ao seu estatus de cooficialidade, e a pesares de ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo Occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.
[editar] Principais características evolutivas do gasco-aranés
- aspiración do F latino, que pasa a H: focus > huec ("lume")
- desaparición do N intervocálico: luno > lua ("lúa").
- metátese do R : capra > craba ("cabra").
- o R inicial incorpora A: ridere > arrir ("rir").
- vocalización do L final, que pasa a U: mele > mèu ("mel").
- rotacismo do L dobre intervocálico: illa > era ("ela").
- o L dobre final pasa a TH: castellum > castel > castèth ("castelo").

