Metro de Palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tren na Estación Intermodal de Plaça d'Espanya.

O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade de Palma, nas Illas Baleares. Actualmente consta dunha soa liña que circula entre a estación intermodal de Plaça Espanya e a Universidade. A empresa que opera o servizo é Serveis Ferroviaris de Mallorca.

Historia[editar | editar a fonte]

A rede de metro proxectouse a finais de 2004. A primeira liña empezou a funcionar o 25 de abril de 2007. Abríronse primeiro as estacións subterráneas de Plaça de Espanya (Intermodal), Jacint Verdaguer e Son Costa-Son Fortesa co único servizo do tren.

As obras do metro de Palma, que se realizaron en menos de dous anos presionadas polos prazos e as necesidades da cidade, deron lugar a certas deficiencias nas que destacaban fallas no sistema de ventilación dos túneles e na evacuación das precipitacións que son normais para a cidade.

O 23 de setembro do 2007, unha serie de choivas fortes provocaron a inundación de varias das estacións, tras o cal a liña foi clausurada indefinidamente para realizar as obras de reparación,[1] que se valoraron en 28 millóns de euros. Finalmente o metro de Palma volveu funcionar desde o 28 de xullo de 2008.[2]

Liña e estacións[editar | editar a fonte]

Estacións da liña 1


Actualmente a rede de metro está formada por unha única liña, que une as estacións de Plaça d'Espanya e UIB, a liña 1. Con dúas vías e unha lonxitude de 7,2 km, dos cales 4 son subterráneos e 3,2 en superficie, dispón de nove estacións, oito subterráneas e unha exterior.

Estación da UIB

A liña deseñouse para unha velocidade máxima de 100 km/h e enlaza a estación intermodal de Plaça d'Espanya coa UIB nun tempo de 13 minutos. O estudo sinala que este traxecto tería unha duración de 5 minutos no caso de que non houbese paradas. As previsións apuntaban a que o transporte colectivo do estudantado subiría do 31 ao 43%, captando o 12% dos actuais viaxeiros de coche ou outras modalidades e o 95% da demanda total actual do autobús.

Estación intermodal[editar | editar a fonte]

A estación intermodal ten 3 niveis, distribuídos do seguinte xeito:

Nivel 1: Distribuidor, despachos de billetes, control de accesos, instalacións de seguridade e zona de equipamentos e servizos.

Nivel 2: Estación ferroviaria coas seguintes características:

  • 10 vías de tren con 5 plataformas.
  • Control de Tráfico Centralizado (CTC).
  • Sistemas de información ao viaxeiro.
  • Posibilidade de trens cada 3 minutos (máis de 400 circulacións)

Nivel 2: Estación de autobuses:

  • 30 dársenas.
  • Posibilidade de 90 circulacións (en hora punta).

Nivel 3:

  • Zona de estacionamento de vehículos

Unidades de tren[editar | editar a fonte]

  • Empresa adxudicataria: Construcións e Auxiliar de Ferrocarril, S.A. CAF
  • Orzamento de adxudicación: 14.501.160 ?
  • Número de unidades: 6 unidades dobres (motor - motor)
  • Características e dimensións da estrutura: caixa de aceiro inoxidable de 33,082 metros de lonxitude e 2,55 metros de anchura
  • Capacidade máxima da unidade dobre: 380 acodes
  • Anchura da vía: 1000 mm
  • Tensión de electrificación: 1500 V

Prestacións da unidade[editar | editar a fonte]

  • Velocidade máxima: 100 km/h
  • Aceleración máxima: 1,1 m/s²
  • Desaceleración máxima: 2 m/s²

Equipamento[editar | editar a fonte]

Interior dun tren do Metro de Palma
  • Sistema ATP (Automatic Train Protection) tipo FAP (Freado Automático Puntual).
  • Sistema de radio dixital Tetra para comunicacións Tren-Terra.
  • Computador de bordo con comunicación de avarías e anomalías e rexistrador de acontecementos.
  • Portas eléctricas antiatrapamento.
  • Megafonía interior sensible ao nivel de ruído.
  • Megafonía exterior.
  • Corredor adaptado a PMR de intercirculación entre coches.
  • Intercomunicación pasaxe - maquinista.
  • Circuíto pechado de televisión (CPTV) con catro cámaras por unidade dobre.
  • Paneis interiores de indicación de próxima estación.
  • Panel luminoso frontal de indicación de destino.
  • Climatización frío - calor con temperatura regulable.
  • Faros de xenon de longo alcance.
  • 2 prazas adaptadas a persoas de mobilidade reducida con avisos ao maquinista.
  • Asentos con deseño antivandálico.
  • Sistema de insonorización de rodas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro de Palma