Asia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Para outros significados da palabra Asia, ver Asia (homónimos)
Asia é o maior dos cinco continentes do planeta Terra. Limita ó norte (Rusia) co Océano Glaciar Ártico, ó leste polo Océano Pacífico e ó sur polo Océano Índico, ó oeste co Mar Vermello, onde se xunta con África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co Mar Exeo (Asia Menor), Mar Negro, a cordilleira dos Urais, as Curiles, Saxalín, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Ceilán (Sri Lanka) e milleiros de illas menores. Cobre o 8.6% da superficie da Terra, o 29.4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.
| 30 degrees, 1800x1800 | ||||

