Barco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Embarcación (homónimos).
Un barco ou buque é toda embarcación de calquera especie, de propiedade pública ou privada, dedicado habitualmente á navegación marítima. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquímedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos.
Índice |
[editar] Introdución
O mar, sempre causou fascinación no ser humano dende o comezo dos tempos; sempre o forneceu de alimento. A costa sur central do Perú na provincia de Pisco, no distrito de Paracas cara ao 10.000 a.C., grazas ó alimento existente nas súas praias, acobillou os primeiros homes que se volveron sedentarios. Primeiro foi a recolección de mariscos e moluscos, logo a pesca e finalmente o home se aventurou a penetrar nese mar que xenerosamente o fornecía de alimento. A tecnoloxía foi progresando e o home construíu plataformas para aboiar na auga; probablemente usou troncos de árbores ou outros materiais abundantes na súa contorna que tiñan flotabilidade. Para impulsarse e non quedar á deriva, botou man do remo ata que descubriu que a forza eólica podía impulsalo con menor esforzo e maior efectividade; logo, achou o xeito de levar a embarcación cara a onde quería e inventou o temón. É a partir de entón cando o home, introducindo melloras na impulsión e goberno, abriu decididamente o proceso que o levaría a construír as modernas naves que sucan hoxe día os océanos do mundo.
[editar]
A nacionalidade dos barcos mercantes depende do pavillón que enarboren, se o fan de xeito lexítimo. Esa nacionalidade ten extraordinaria importancia, ata o punto de que ningunha nave ousaría navegar sen pavillón.
Ademais da nacionalidade, a nave ten que ostentar un nome debidamente rexistrado polas autoridades competentes de cada país. O nome consta na cara de popa e debe estar visible.
[editar]
Un Buque Sub-estándar é unha nave que non cumpre coas esixencias dos convenios internacionais e cuxos certificados de navegabilidade foron emitidos sen considerar o verdadeiro estado da nave.
Para que un buque se faga ó mar necesita que un estado soberano o recoñeza e lle permita enarborar o pavillón desa nación, por exemplo, Panamá, Chile, Arxentina, Bolivia, etc.
Logo que foi rexistrado, require que o estado de abandeiramento efectúe unha serie de recoñecementos estatutarios acordados previamente pola Organización Marítima Internacional, OMI; entre algúns destes convenios atópanse: SOAS (Convenio Internacional para a Protección da Vida Humana no Mar), MARPOL (Convenio Internacional para a prevención da contaminación da augas por derrames de hidrocarburos), LL (Convenio do as liñas de Carga de 1969), etc., dando orixe a certificados de cumprimento que permitirán verificar que o buque se atopa en condicións de facerse ao mar, tales como Certificado de Seguridade de Equipo, Certificado de Seguridade de Construción, Certificado de Seguridade de radio, Certificado para a Prevención de Derrames de Hidrocarburos, etc.
Do anterior despréndese que ningún barco debería navegar en condicións inseguras, especialmente se posúe certificados que garantan a súa seguridade.
Moitos dos estados de abandeiramento delegan en Sociedade Recoñecidas (ABS, Lloyd Register, Bureau Veritas, Iternational Register of Shipping, MCO, IBS, Det Norske Veritas, etc.) a responsabilidade de efectuar os recoñecementos e emitir as certificacións correspondentes, pero, moitas veces as certificacións son emitidas a buques que en xustiza deberían ser enviados a desmantelamento; presentando cadernas, completamente destruídas pola acción do oxido, cascos crebados e fatigados, buques sen o equipamento adecuado para operar, tripulacións mal preparadas, etc.
[editar] Tipos de Barcos
[editar] Tipos de propulsión
[editar] Títulos náuticos
- embarcacións de recreo (de maior a menor atribución):
- competencia de mariñeiro
[editar] Partes dun buque
- eslora
- manga
- puntal
- calado
- mastro
- proa e popa
- roda e codaste
- babor (nome tradicional couso) e estribor (nome tradicional arca ou asimán)
- amura de estribor e amura de babor
- aleta de estribor e aleta de babor
- carena
- cabina
- ponte
- cuberta
- quilla ou querena
[editar] Ligazóns externas
- Clasificación oficial dos barcos para o Goberno da República de Portugal segundo a normalización internacional ISSCFV
- ISSCFV (International Standard Statistical Classification of Fishing Vessels), a clasificación dos buques pesqueiros da FAO de 1984, modificada en 2005, dispoñible en varios formatos:
- Culturamaritima.org, web sobre barcos tradicionais
- Carpinteriaderibeira.org, web sobre carpintaría de ribeira e estaleiros tradicionais
- Nabeira, o proxecto conxunto da Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e a Consellería de Cultura e Deporte para a dinamización do sector das embarcacións tradicionais
- Clasificación das técnicas pesqueiras da FAO en clave trilingüe ilustrada
