Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°6′56″N 1°14′0″E / 41.11556°N 1.23333°E / 41.11556; 1.23333

Tarragona
Bandera de Tarragona.svg Escut de Tarragona.svg
Panorámica
Anfiteatro Circo romano
Praias da cidade
Situación xeográfica
Tarragona, Spain location.png
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Tarragona
Comarca Tarragonès
Xeografía
Altitude 68 msnm
Superficie 62,35 km²
Poboación
Poboación 137.536 hab. (2008)
Densidade 2.205,87 hab./km²
Xentilicio Tarraconense
Información
Código postal 43001 - 43008
Alcalde Josep Fèlix Ballesteros (PSC)
Páxina web www.tarragona.cat

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está na costa do mar Mediterráneo, na beira esquerda da desembocadura do río Francolí. O término municipal, o máis extenso e poboado da comarca, limita ao norte con Constantí, els Pallaresos, el Catllar e la Riera de Gaià, polo leste con Altafulla, polo sur co Mediterráneo e polo oeste con Vila-seca e Reus. Tarragona está situada sobre un pequeno monte, e a catedral está situada a 69 metros de altitude respecto ao nivel do mar.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes de Tarragona remóntanse ao século III a.C., cando existiu unha poboación ibera co nome Kesse, que deu nome á tribo que habitaba na zona.

Anfiteatro

Logo da conquista romana, Kesse foi ampliada e fortificada por Publio e Publio Cornelio Escipión o Africano que converteron a cidade na base contra os cartaxineses. Recibiu o nome de Tarraco e converteuse máis adiante na capital da provincia Tarraconense. Augusto pasou o inverno en Tarraco durante a campaña de Cantabria (27 aC), momento no que a cidade creceu e recibiu o título de Colonia Urbs Triumphalis Tarraconensis.

Despois da caída do Imperio Romano, chegaron os pobos xermánicos. O rei visigodo Eurico saqueou e destruíu a cidade o 480. Así, a maxestosa capital romana quedaría practicamente despoboada ao sur da nova capital, Barcelona. A cidade foi recuperando poboación ata ser unha das metrópoles máis importantes de Hispania, pero non chegou aos niveis da época romana. Foi importante a comunidade cristiá, dirixida polo arcebispo de Tarraco.

Os árabes chegaron a Tarraco no 719 e os exércitos de Mussa ibn Nussayr arrasaron a cidade. Cando desapareceu o Califato de Córdoba, formou parte da taifa de Zaragoza e posteriormente da taifa de Tortosa. Durante moitos anos, a fronteira entre cristiáns e musulmáns estableceuse entre os ríos Gaià e Llobregat, convertendo a zona de Tarragona en terra de ninguén.

O 1116 prodúcese a reconquista cristiá de Tarragona por parte das tropas de Ramón Berenguer III. A cidade empezou a crecer con poboadores procedentes da Cataluña Norte. A principios do século XIII, urbanízase a gran praza do foro romano e a cidade convértese nun importante centro de poder en Cataluña. Comezan a xurdir os primeiros barrios extramuros. En maio de 1348 chegou a peste negra, o que fixo que os habitantes volveran ó interior das murallas. A principios do século XV, a cidade recuperouse da peste ata que as guerras catalás deixárona moi afectada.

Entre os séculos XVI a cidade representou un centro importante de poder ao sur de Cataluña. Foron importantes as batallas entre as tropas castelás e catalás durante a Guerra dels Segadors e, especialmente, a represión posterior á Guerra de Sucesión.

A cidade tolerou o paso das tropas de Napoleón pola zona, pero rebelouse cando quixeron instalarse. A mediados do século XIX, comezou un proceso de industrialización e desenvolveuse o comercio.

Demografía[editar | editar a fonte]

Tarragona ten un total de 134.933 habitantes, segundo o INE 2010. Tarragona é capital dunha área metropolitana de 456.042 habitantes. É a sexta cidade en poboación de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona, Terrassa e Sabadell, e xusto por diante de Lleida.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Torre do Pretorio
Vista lateral da Catedral de Tarragona

O conxunto arqueolóxico que forman as ruínas romanas de Tarraco foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2000, con catorce lugares distintos.

  • O Casco Antigo. Na parte alta da cidade, coincide co antigo Fórum Provincial de Tarraco. Está rodeado pola Muralla romana, cuxa lonxitude cara ao século III aC era duns 4 km. Con todo, na actualidade só se conserva ao redor de 1 km e unha porta adovelada orixinal. O Casco Antigo, coñecido popularmente como "Part Alta", é hoxe en día unha das zonas máis visitadas tanto por turistas como por autóctonos grazas á oferta gastronómica e de lecer que este ofrece.
  • O Balcón do Mediterráneo. Miradoiro situado sobre un cantil ao bordo do mar, ao final da Rambla Nova. Está bordeado por unha antiga varanda de ferro forxada por Joan Miquel Guinart, no inicio do século XX. Desde el pódese contemplar parte da cidade, o porto, a estación, o anfiteatro, a praia e A Punta do Milagre, ademais dunha magnífica panorámica do mar, sobre cuxo horizonte nos días claros, pódese apreciar a curvatura de a Terra. A Punta do Milagre é tamén o escenario onde se celebra cada ano no mes de xullo, durante seis noites, o famoso Concurso Internacional de Castelos de Fogos artificiais de Tarragona no que participan importantes empresas pirotécnicas españolas e estranxeiras, e que se converteu no certame de referencia do Mediterráneo[1].
  • O Circo romano de Tarraco. Dentro do casco antigo da cidade, achamos hoxe en día os restos arqueolóxicos do que foi o circo, que ofrecía carreiras de carros. Poden visitarse en diferentes establecementos da cidade; así como o que se coñece como "capçalera", a curva final do percorrido. As "carceres", onde había a saída, áchanse baixo os cimentos do actual concello de Tarragona, na Plaça de la Font.
  • A catedral é un expoñente magnífico de templo relixioso cristián iniciado cara ao século XII. O seu estilo arquitectónico está dacabalo entre o románico e o gótico, achando neste peculiar edificio da cidade unha harmonía soante de estilos artísticos diferenciados entre si, que fan do conxunto un gran edificio digno dunha sede episcopal primada.
  • O Portal de Sant Antoni é unha porta da muralla construída en 1737, en pedra e mármore.
  • A Casa da Festa de Tarragona é un equipamento cultural que permite durante todo o ano coñecer os elementos identitarios das Festas de Santa Tecla de Tarragona e a súa secuencia ritual, declaradas Festa Tradicional de Interese Nacional pola Generalitat de Catalunya e Festa de Interese Turístico Nacional polo Goberno de España. Situada na Vía Augusta número 4, abre as súas portas en 2007 e de xeito permanente en 2008.
  • Teatro Metropol, do arquitecto Josep Maria Jujol, discípulo de Gaudí.

Vistas da cidade[editar | editar a fonte]

Vista desde a parte alta.


Vista desde el Fortí de la Reina.


Vista da zona noroeste da cidade.


Rambla Nova.


Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Desde 1968, Tarragona mantén unha relación de irmanamento con varias cidades:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tarragona