OTAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Actuais membros da OTAN

A Organización do Tratado do Atlántico Norte (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO) é unha asociación militar creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.

Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.

O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 26 países anualmente.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas